1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comestibles Carmen de Cures, a patrocinadora do CF Porteño
Nova xornada, a última do mes de novembro, na que o Camariñas logrou unha importantísima victoria ante o pechacancelas da categoría, victoria que lle serve para saír dos postos de descenso e romper unha racha de seis derrotas consecutivas. O Camelle caía na casa, as numerosas baixas do equipo camellán fixeron mella e o equipo notounas moito, de ahí a derrota. O Porteño empataba na casa nun partido onde os da Ponte do Porto foron perxudicados claramente por un árbitro que non quixo ver ata tres penaltis como catedrais. No balonmán, o conxunto masculino camariñán caeu con honra na casa do líder e a pesar das baixas, moitas e importantes, dou a cara en todo momento. O conxunto femenino, as nosas Espartanas, lograron unha gran victoria cun gran partido, olvidando así a pasada derrota na casa do líder. Agora toca repoñer forzas co parón da ponte da Constitución, polo que este vindeiro fin de semana, non haberá ligas.

FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-1 PONTECESO
Victoria importantísima do Camariñas de Berto ante o colista o Ponteceso, nun partido no que ao Camariñas só lle valía a victoria para escapar ainda que sexa por un excaso marxe, dos postos de descenso nos que estaba metido. Era un partido vital, e ainda por encima, tocaba remontada, pois nos minutos iniciais o Ponteceso adiantábase no electrónico e facía a cousa máis difícil, pero os xogadores Camariñáns sacaron o xenio e Martín primeiro e Brais despois, facían posible a remontada antes do descanso, parecía que o máis difícil xa estaba feito, pero antes do tempo de descanso, o colexiado expulsaba inxustamente a Roi, e o Camariñas quedaba con 10 xogadores. Esto propiciou as protestas do adestrador Camariñán que tamán foi expulsado.
Na segunda metade, o Camariñas replegouse e aguantou ben as embestidas visitantes, incluso puido matar o encontro, pois en tres contras levadas a cabo, o Camariñas tivo a oportunidade de sentenciar pero errou nos metros finais, pero finalmente mantivo o resultado e logrou tres puntos moi necesarios. Agora mesmo o Camariñas está no posto número 16, con 12 puntos, dous por encima do descenso que o marca o seu próximo rival, o Puebla, ao que visitará a vindeira xornada.   

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
PORTEÑO 1-1 MAZARICOS
Empate do Porteño do Roski nun partido no que o árbitro da contenda, perxudicou ao Porteño e non quixo ver ata tres penaltis que de bo seguro, lle houberan dado a victoria ao Porteño.
Gran detalle do conxunto Porteño que saíu con camisetas de apoio ao seu xogador Felipe, quen sofre unha grave lesión de xeonllo. Ánimo Felipe!!!.
Adiantaríase o Porteño por mediación de Piti aos 15 minutos de xogo. parecía que o máis difícil xa estaba feito, pero o Mazaricos adiantou liñas e trataba de facer perigo con balóns en longo.
Na segunda metade máis do mesmo, un Porteño que buscaba as contras para sentenciar, mentres o Mazaricos iba cara diante, e así coma non quer a cousa, o colexiado birlaba tres penaltis provocando a indignación do respetable que non entendía tales decisións.
Cando parecía que o partido iba acabar coa victoria local, o Mazaricos a falta de cinco minutos marcaba o gol do empate. Un puntiño máis que colocan ao Porteño décimos con 17 puntos. A próxima xornada o Porteño xoga en Zas.

CAMELLE 1-3 CASTRIZ
Derrota do Camelle de Pupus que notou demasiado as baixas ante un Castriz que veu ao Rodeiro a por todas e que finalmente se levou os tres puntos. Como di o refrán, a can fraco todo son pulgas, e antes do descanso, o gardamallas Camellán Carlos Porrua, tivo que deixar o terreo de xogo lesionado e tivo que poñerse de porteiro Carlos de Dido canto iba media hora de xogo e o marcador era de empate a cero goles.
Tras o cambio, os visitantes marcaban o primeiro gol pero antes do descanso, Adrián de Barca, empataba o encontro chegando ao descanso co empate a 1 gol no marcador. Na reanudación, 10 minutos moi bos dos visitantes, serviron para que marcaran dous goles máis e deixaran sentenciado o encontro a pesar de que o Camelle intentara por todos medios acurtar distancias pero foi imposible.
Necesita recuperar efectivos o Camelle para afrontar os encontros con garantías e tamén necesita sorte, pois as lesións esatanse cebando co equipo de Pupus. O Camelle é undécimo clasificado con 15 puntos. A vindeira xornada o Camelle xoga en Mazaricos.

MÁIS FÚTBOL
LIGA XUVENIL
PORTEÑO 3-3 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas xoga en Castriz mentres que o Porteño recibe ao Cabana)

LIGA CADETE
AS BALEAS 1-4 MUROS (A próxima xornada As Baleas xoga en Corcubión).

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
BÉRTOA 2-0 CAMARIÑAS (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Muros).

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 4-1 BUÑO (A próxima xornada o Porteño visita ao Dep. Carballo)

MALPICA 1-1 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle descansa).

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
A CAÑIZA 30-21 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota dos pupilos de Moncho ante o líder, nunpartido onde os Camariñáns aguantaron o ritmo dos locais durante 40 minutos, pero no que nos  minutos finais remataron por sucumbir debido as baixas, moitas e importantes coas que se presentaba o conxunto conserveiro.
Tivo que tirar da canteria Moncho para completar a convocatoria, deste xeito, catro xuvenís estiveron presentes no encontro axudando no que puideron e dando a cara ao igual que os seus compañeiros que pese a todo, defenderon con garra o escudo que representan.
Catalán con 11 goles foi o máximo anotador do Camariñas e do partido. Toca recuperar homes e este parón ligueiro vai vir de maravilla para q os lesionados poidan recuperarse. O Camariñas é quinto clasificado con 3 victorias e 3 derrotas. A próxima xornada o Bolanmán Camariñas recibirá ao At. Novás.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 19-16 CARBALLAL
Victoria das Espartanas  como se conoce ao conxunto Camariñán polas nosas terras) por tres goles de diferencia nun partido xogado de poder a poder e no que a maior efectividade en ataque das nosas, xunto a gran primeira metade de Karen na portería, fixo que as Camariñanas, gañaran un partido ante un duro rival, motivo polo cal a victoria sabe mellor ainda.
Son quintas clasificadas as nosas, con 7 victorias e 4 derrotas. A vindeira xornada as Camariñanas xogan en Ourense ante o Pabellón Ourense.

Isto foi todo canto dou a xornada. Agora toca parón para recargar forzas e que os nosos equipos volten con máis forza para este treito final de ano. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!!!

Comentarios   

O PORTEÑO
+6 # RE: A Xornada de Juanillo - 1 de Decembro de 2013O PORTEÑO 04/12/2013 17:53
Este si que e un equipo e o demais son contos pra dormir ,miradelle que percha ,que fijuras ,que estilo ,bueno carallo ,os millores o futuro e noso si non fora por que o campo e pequeno xa estavamos xojando na primeira division iban a cajar polos pantalons o barxelona e o Madrid ,eche moito conto este porteño .moi boa foto Diego ,xa nos tiñan que dar na clasificasion tres puntos mais
Responder | Denunciar ante o administrador
Diejiño,Diejiño
+1 # a nos non nos dan nadaDiejiño,Diejiño 04/12/2013 19:15
Esta é a listaxe completa:

La Voz de Galicia, S.A. 583.974,81 €
Faro de Vigo, S.A. 234.904,90 €
Editorial Compostela, S.A. 92.871,09 €
Editorial La Capital, S.L. 78.040,07 €
El Progreso de Lugo, S.L. 108.790,14 €
La Opinión de La Coruña, S.L. 28.219,03 €
La Región, S.A. 60.954,67 €
Rías Baixas de Comunicación, S.A. 22.494,00 €
Lérez Ediciones, S.L. 59.500,19 €
Radio Coruña, S.L. 32.049,86 €
Radio Orense, S.A. 20.063,32 €
Radio Pontevedra, S.A. 20.739,75 €
Sociedad Española de Radiodifusión, S.L. 13.859,72 €
Radio Vigo, S.A.U. 31.081,44 €
Radio Lugo, S.A. 17.200,07 €
Radio Popular, S.A. 50.466,88 €
Voz de Galicia Radio, S.L.U. 20.380,27 €
Uniprex, S.A. 49.720,23 €
Europa Press Delegaciones, S.A. 4.246,64 €
Faro de Vigo Media, S.L. 16.534,11 €
Agencia Efe, S.A. 3.908,81 €
Case tres millóns

Estas axudas chegan xusto uns días despois de que a Xunta convocara outros concursos publicitarios. Así, destinará 640.000 euros en animar a ter fillos, case 500.000 a aumentar a confianza na economía galega e 793.000 para difundir o consumo do mexillón galego durante a campaña de Nadal. En total, nos últimos días a Xunta ten destinado aos medios de comunicacion máis de 2,90 millóns de euros.
Responder | Denunciar ante o administrador
Vendense  acions
+1 # do meuVendense acions 04/12/2013 19:20
Einda non entende a miña cachola como danlle axudas aos diarios ou non poden adejuantar do conto eles pois en moitas veces o unico que muda son as esquelas dos mortos ,e einda tiñao eu que mirar ,pois parecenme moitos difuntos,as demais empresas nonlle dan ,esto e che o que eu non me entra na cabeza,que aljen mo conte
Responder | Denunciar ante o administrador
NATALIDAD
+2 # RE: A Xornada de Juanillo - 1 de Decembro de 2013NATALIDAD 05/12/2013 11:10
Lendo unha noticia hoxe na Voz quédeme un pouco perplexa,en Galicia morren mais persoas das que nacen,iso lévanos a un problema enorme ,seguramente moitas mulleres desexosas de ter fillas e que non poden tela estarian dispostas a quedar cos nenos da gran mayoria das mozas que abortan ,con isto non quero dicir que este contra o aborto,nin tampouco a favor ,ese é un tema individual no cal eu como muller tiven a sorte de non ter que enfrontarme a ese caso,pero facendo unha especie de regulacion ,moitos fillos podrian alcanzar un bo lugar con eses pais e alcanzar en Galicia un nivel de natalidade mais grande para superar á mortalidade
Responder | Denunciar ante o administrador