1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Fin de semana convulso no que se refire ao deporte rei, o fútbol, no que o Camariñas caeu estrepitosamente na casa diante do colista, o que provocou a dimisión despois do partido do venres e non dimisión o sábado do adestrador Berto, que deixa ao Camariñas tocado. Por outra parte, o Camelle recibiu o atraco do siglo en Outes, onde un colexiado natural de Malpica, un tal Marcos Ordóñez, dou todo un recital de como non se debe arbitrar e demostrou que a imparcialidade tena donde remata a espalda deixando a un clube como o Camelle nunha situación complicada para xuntar once xogadores para a vindeira xornada despois das expulsións que sofriron en Outes. O Porteño é a cara positiva da fin de semana onde conseguíu gañar en Muros ao Volantes de Baño, acadando tres valiosos puntos. Destacar o comezo da tempada na categoría cadete, onde As Baleas de Vi, comezou con moi bo pé gañándolle ao Esteirana. No balonmán, os de Moncho golearon a domicilio ao Pontedeume e son colíderes da Primeira Autonómica, mentres que o plantel feminino caía ante o S.A.R. cortando así a excelente racha que levaban

FÚTBOL
PRIMEIRA AUTONÓMICA
CAMARIÑAS 2-5 AMIO
Visitaba o venres, o colista o Hermanas Patiño, e cabía presaxiar que o Camariñas de Berto iba acadar unha victoria que serviría para romper a negativa racha acadada nas derradeiras xornadas, pero a realidade foi outra, o colista, o Amio de Santiago de Compostela, goleaba a un Camariñas sen ideas que se veu sorprendido por un rival que domostrou que mereceu gañar o partido despois do que se veu no terreo de xogo,sobre todo nos últimos dez minutos de partido onde conseguiron tres goles. Adiantábanse os visitantes ao pouco de iniciarse o partido, pero un gol de Yuyo, daba o empate ao Camariñas antes de chegarse ao descanso.
Tralo tempo de lecer, os visitantes voltaban a poñerse por diante no marcador, pero un gol do capitán Moriño, daba novamente o empate aos Camariñáns que querían a victoria. Pero chegaron os últimos minutos de partido e chegou a debacle, pois o Amio nese tempo, acadaba tres goles en moi pouco tempo aproveitando as facilidades do conxunto locatario e deixando ao Camariñas tocado.
A noticia saltaba ao remate do partido, pois o adestrador local Berto, presentaba a súa dimisión e deixaba de ser adestrador do Camariñas, unha dimisión que duraba poucas horas, pois o director desta web, recibía na mañá do sábado unha chamada de Vicente Carril decindo que non había dimisión algunha, que todo continuaba igual... Ao final parece que todo segue igual, vostedes poden sacar as conclusións que queiran, pero o que si é certo, é que actualmente a situación do equipo non é a mellor e necesítase urxentemente unha victoria canto antes para que deportivamente o Camariñas comece a escalar postos na táboa clasificatoria e de paso calmar as augas que baixan un tanto revoltas.
O Camariñas é o decimocuarto clasificado, a tan só dous puntos do descenso. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Cordeiro.

LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
OUTES 1-0 CAMELLE
Atraco a man armada o que sufíu o Camelle de Pupus na súa visita ao líder, o Outes. Sabía o Camelle que o partido iba a ser complicado e que para traer algo positivo da casa do líder iba a ser complicado, máis despois das baixas que ten o equipo que conta cos efectivos xustos, pero o que non se esperaba o Camelle nin os alí presentes, era que un señor por chamalo de algunha maneira, un tal Marcos Ordóñez do colexio da Coruña, fixera dende o inicio do partido unha persecución de semellante calado que facía tempo non se acordaba no fútbol costeiro.
O trencilla encargouse de sacar de quicio a un Camelle que lle estaba plantando cara ao líder e na súa casa, a un Camelle que a pesar de ir perdendo, estaba poñendo en apretos ao conxunto local ata que de golpe e porrazo o colexiado comezou co festival de expulsións sen sentido e desquiciando a un Camelle que xogou con oito xogadores e que incluso así, pese a notoria inferioridade, tivo ocasións ata o último momento para empatar o partido demostrando que garra e gañas teñen de sobra, que son un equipo que se crece ante as adversidades como así o demostraron.
Dende a directiva do Camelle, queren deixar claro que nada malo teñen que falar do público do Outes (sempre hai algunha excepción pero iso pasa en tódoos  terreos de xogo) e do propio conxunto, pois teñen palabras de agradecemento polo trato recibido, non así dun colexiado que actuou de forma decarada, un colexiado que lle faltou o respeto a xogadores, clube e afición de Camelle que non se merece un trato semellante.
Agora toca esperar que os recursos que se van a presentar prosperen, pois de non ser así o Camelle vai ter que facer encaixe de bolillos para xuntar once futbolistas para a próxima xornada na que recibirá no Rodeiro ao Outes. Actualmente o Camelle é undécimo na táboa clasificatoria, tres puntos por enriba dos postos de descenso. Dende aquí, querémos mandarlle ánimos ao Camelle e mostrarlle o nosos apoio, esperando ademais, que o colexido anteriormente mencionado non volte a arbitrarlle nunca máis ao equipo Camellán.

VOLANTES 1-3 PORTEÑO
Victoria a domicilio do Porteño do Roski que ven a demostrar que as terras Muradáns dánselle moi ben ao conxunto da Ponte do Porto. Foi unha victoria moi traballada e merecida, onde o Porteño aproveitou moi ben as ocasións das que dispuxo e voltou a demostrar que traballa moi ben as xogadas a balón parado, un aspecto moi importante e que ao longo da tempada da moitos puntos.
Cousillas adiantaría antes do descanso ao Porteño que chegaría ao descanso có marcador de cero goles a un. Na reanudación empatarían os locais, pero apareceu Varela, un xogador que vai sobrado de calidade e dos mellores da categoría que ademais está en racha e conseguiría marcar dous goles que a postre lle deron aos do Roski tres puntiños de ouro que curtan deste xeito unha racha negativa de resultados. Actualmente o Porteño e séptimo na clasificación, a seis puntos do ascenso. A vindeira xornada o Porteño rebirá ao Buño.

CATEGORÍAS INFERIORES:
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS (descansou o Camariñas que se enfrontará a próxima xornada no Hermanas Patiño ao líder, o Cabana)
PORTEÑO 2-3 BAIO (derrota pola mínima do Porteño que a vindeira xornada xogará en Coristanco)

LIGA CADETE
AS BALEAS 2-0 ESTEIRANA (victoria na estrea do campeonato cadete dos de Vi que xogarán o derbi en Muxía a próxima xornada)

LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN
CORISTANCO 9-0 CAMARIÑAS (O Camariñas xa é colista con tan só 3 puntos. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Dumbria)

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-2 PORTEÑO (Empate no derbi que estaba aprazado)
CAMELLE 1-1 PONIENTE (empate do Camelle, cuarto na clasificación  a tres puntos do líder. A próxima xornada visitan ao Vimianzo)
PORTEÑO 4-1 CORME (victoria do Porteño que se sitúa décimo a sete puntos do Camelle e dez do líder. A vindeira xornada xogan en Augalada)

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
S.A.R. 28-21 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das Camariñanas por sete goles de diferencia nun partido onde as nosos non estiveron a un bó nivel defensivo, facilitando moitos lanzamentos claros as locais que non desaproveitaron para marcar goles. Pese a derrota, as Camariñanas como é costume, deron a cara en todo momento a pesar da derrota final, unha derrota que curta unha racha positiva. Actualmente son sextas na clasificación xeral a seis puntos das líderes. A próxima xornada, as nosas "guerrilleiras" recibirán ao Balonmán Ferrolterra no Pavillón do Areal.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN PONTEDEUME 32-38 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria a domicilio dos homes de Moncho que venceron a domicilio a un duro rival como é o Pontedeume nun partido que sempre foi moi apretado en canto ao marcador se refire que se rompeu nos dez minutos finais cando o Camariñas abreu brecha marcando goles ao contraataque deixando o resultado final no 32-38 despois de que se chegara ao descanso con empate a 17 tantos.
Como se pode ver polo abultado do marcador, foi un partido onde os ataques estiveron por encima das defensas e así o demostran os 70 goles que houbo no partido. Borja con 7 goles e Catalán con 6, foron os máximos goleadores do encontro. Son líderes os Camariñáns despois de duas xornadas de competición, e para seguir no máis alto da táboa clasificatoria deberán gañar a vindeira xornada ao Poio-Artai no Pavillón do Areal.

Isto foi todo canto dou a xornada, coma sempre, CAMARINAS.EU narrouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.
CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!


Comentarios   

o fubol
+10 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013o fubol 05/11/2013 18:29
temos que animar mais o Camariñas pra que salga deste vache e poñerse no seu sitio na tabla de clasificacion,t odo se resume en que che metan un menos dos que ti vaias a poñer e asi gañas sempre ,facedeme caso que de esto sei moito,sorte
Responder | Denunciar ante o administrador
O TEMPO
+9 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013O TEMPO 05/11/2013 19:29
O tempo é distinto en duración duns instantes a outros ,cando estas gañando un partido pola diferenza dun gol ,non che dan pasado os minutos para que o arbitro pite o final,con todo cando estas perdendo por un gol ,córrenche os minutos mais rápido,entón que pasa co tempo,creo que un dos traballos mais duros nalgúns momentos sexa o de adestrador ,por iso deséxolle sorte e Berto
Responder | Denunciar ante o administrador
Wert-e-calando
+9 # ERASMUS SIWert-e-calando 06/11/2013 11:07
Non e por nada ,mais pode ser que teña toda razon na sua cachola o ministro este ,e dira el bo ,total todos que estudian estan no paro ,e subvencions para estar no paro pois non .todo ten aquel intrincule,e este ministro vai pa ministro,record ame a un do pobo que sabe de todo.Non se pode ser mais inepto no tema do ERASMUS
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+11 # Hablando de politicaMoncho de Dios 06/11/2013 13:16
Los periodistas ,locutores y todo el tinglado que se mueve en este pobre circo,están venga a dar noticias de Camariñas ,cuando solamente cuatro personas que tienen un poco de fiebre y deliran,donde verdaderamente salto la noticia fue en Cee,nuestra querida Zaira amiga de sus amigos la que respeta siempre los acuerdos ,se le marchan los tres del bloque ,quedando ella en minoría ,al ser cuatro concejales nada mas los del pp ,para algún comentarista de nuestra villa ,ella era la heroína del mundo,no haciendo mas que adorarla ,(amistades peligrosas)y despotricando contra los concejales de nuestro concello,sobre todo lanzando flechas envenenadas ,pero no diciendo nada coherente,como que el PP tenemos en Camariñas 6 concejales ,mucho mas preparado cualquiera de ellos que el y los cuatro que deliran,
Responder | Denunciar ante o administrador
Manolo Caracol
+7 # A WertManolo Caracol 06/11/2013 15:33
Este ni sacado su nombre de una maquina de escribir ,van todas sus letras seguidas ,vaya ministro de la cultura tenemos ,sabia mas el manolo Caracol cantando Carcelero Carcelero en prision ,menos mal que tambien sabe recular,hay muchas formas de hacer el payaso,tenemos un nivel a base de buen ,venga wert adelante
Responder | Denunciar ante o administrador
Pardiñas
+11 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013Pardiñas 06/11/2013 16:19
Que vai pasar en Cee agora ,lle salio un pouco mal a xogada ao calvo e ao negreiro,son cousas da vida nada mais ,a gran tsarina das rusias de Cee quédallenos como deus tróuxoa ao mundo,onde vas con este exercito Feijoo,vaiche a pasar como no chiste de Gila ,ensinan unha metrelladora para que a vexa o inimigo e outro coa boca fai tatatatatatatat at,os amigos son para facer festas,pero para gobernar ponse aos mellores ,asi é como nos pasa en toda a pel de touro,
Responder | Denunciar ante o administrador
Y PARIO LA ABUELA
+8 # ERASMUS POCOSY PARIO LA ABUELA 06/11/2013 16:24
Xa debe de ser de tolos o inventarse unha lei con caracter retroactivo e pensar en prexudicar a todos os universitarios que por Europa temos estudando,menos mal que o que varre onde se celebran os consellos de ministros díxolles que a estaban cagando ,que sorte temos ao ter barrenderos tan preparados ,pois estes descafeinados señores ministros non as teñen todas consigo ,isto non é para reirse é para chorar e moito ,onde lévannos quen son os que dirixen a miña barca
Responder | Denunciar ante o administrador
MALA PERSOA
+8 # POBRE CHANTAJISTAMALA PERSOA 06/11/2013 17:57
Hai que ser moi mala persoa para comentar que a ANA non a coñece ninguén en Camariñas ,cando é mais coñecida que todos vós xuntos,primeiro é quen mais loteria vende,segunda é secretaria da cooperativa da funeraria onde mais de 2000 persoas son socias,terceira traballa en Cerdeiras ,a empresa mais grande do concello ,sendo coñecida por todo o persoal e terceira é concelleira polo PP,es unha mala persoa Olveira e me gustaria que che presentes con ese partido ,pero non o haras por que es un traidor e un chantajista ,espero que a provincial non viva de traidores ,aínda que non me atrevo a dicir nada,sorte ANA.
Responder | Denunciar ante o administrador
COSTA ARRIBA
+8 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013COSTA ARRIBA 06/11/2013 19:08
Dificil a situacion politica nun concello non moi afastado,parece ser segun os datos que a coorporacion municipal esta composta por varios grupos,o PP 4 concelleiros ,3 ANC os que eran do Bloque,independ entes 4,socialistas 1 e escindido do Psoe 1,quen goberna esa telaraña humana?,vai pasar igual que en Vimianzo e como di o refran "ao final a casa sen varrer"se aqui é como decia creo foi Fraga ,aqui non acertan nin cando retifican
Responder | Denunciar ante o administrador
Javier Taboada
+7 # A Erasmus pocosJavier Taboada 06/11/2013 19:38
En total acuerdo con su comentario,lo que pretendían hacer con esta ley era un atraco a la inteligencia y eso no se puede permitir sea cual sea el gobierno,no se ni como se les pudo pasar por la cabeza,a mi particularmente al ver semejantes torpezas es que la liebre esta por otro lado ,pues tan inocentes yo no los creo ,
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+10 # a JuanilloMoncho de Dios 07/11/2013 17:45
La verdad es que alguno de nosotros ,entre ellos yo te debemos pedir perdón ,pues siempre estamos usando tu reportaje para picotearlo y tirar el balón en otras porterías ,hoy te digo lo siento,no creo que lo hagamos a propósito es que somos así de brutos ,de todas formas te diré que leo siempre tus comentarios y compréndelo en el que mas me paro es cuando se habla del Porteño,pero quiero que ganen todos
Responder | Denunciar ante o administrador
o Solitario
+5 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013o Solitario 07/11/2013 22:19
É moi importante a cultura na nosa vida,ás veces as boas maneiras descóbrense en comentarios cheos de doblez e sen ningun sentido aparente ,non creo sexa leste o lugar adecuado para entrar en polemicas baratas,o mais claro é a discusion sobre temas diarios como pode ser as bolsas aos estudantes bolseiros polo Erasmus ou sobre o peche dunha cadea de television publica,dando noso parecer sen mais voltas,é ben certo a calidade de moitas persoas onde non se lles aprecia a cultura necesaria para tales mesteres e logo é cando salta a malicia,agora nestes momentos se esta notando moito nun señor ao escribir,nada mais
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+8 # mi noticia de hoy,PrestigeMoncho de Dios 08/11/2013 10:25
Cuantos años lleva el capitán del Prestige con un juicio que no da acabado ,sera que las autoridades competentes no pagan y tienen a toda la humanidad viendo lo lento que es la justicia española,que pasa con el caso de Operación Orquesta ,ahí tenemos a varios alcaldes imputados desde hace tiempo y la justicia no determina su culpabilidad o su inocencia ,a otros les culpan de cosas sin tener datos.Si eres afiliado a un partido y crees que alguien de el robo ,denunciarlo,pe ro no andes calumniando,com o siempre triunfa el mal,la mentira ,suposiciones falsas,premedit adas,si tienes alguna duda lo que tienes que hacer es preguntar,no hacer caminar la duda ,para mi pobre mortal tienen mas culpa otros que el capitán del ^Prestige,pero no entiendo de leyes maritimas
Responder | Denunciar ante o administrador
A JUSTICIA
+3 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013A JUSTICIA 08/11/2013 17:07
A lei vai demasiado amodo en moitos sentidos ,o mais lamentable é cando toca á honra das persoas,é moito o tempo de sufrimento para unha persoa ,o ver como pasan os dias e non ver nada,debe de ser unha gran cruz
Responder | Denunciar ante o administrador
Desde logo
+2 # RE: A Xornada de Juanillo - 3 de Novembro de 2013Desde logo 08/11/2013 20:43
o poñerse en pleitos e como o rascar ,todo e o empezar e canto mas rascas mas te pica ,eu non sei ,pero os poucos pleitos que tiven paseinno ven mal,e sempre estas pensando no que vai a dicir aquel homiño
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # mi noticia de hoy IUMoncho de Dios 09/11/2013 13:44
En Madrid se quiere llevar a cabo que todas las decisiones del partido Izquierda unida que no puedan ser criticadas por cualquiera de sus militantes,las consecuencias pueden acarrear la suspensión de militancia hasta dos años.Esto es la leche que debió quedar enlatada del sistema de la antigua República Soviética ,al final el lobo tira al monte ,lo siento por los militantes ,pero en esta España nuestra se puede estar de acuerdo en algo ,yo desde luego no,decia un comentarista en un diario ,TE PONEN FUERA DE TU CASA Y LUEGO TE MULTAN POR DORMIR FUERA
Responder | Denunciar ante o administrador