O noso amigo Moncho na presentación do CB Camariñas Conservas Boya

Malísima a xornada futbolística dos nosos conxuntos onde por primeira vez dende que comezou o campeonato ligueiro, os tres clubes do Concello perderon os seus partidos. Camariñas, Porteño e Camelle, non foron quen de obter un resultado positivo. Tan só o Camelle de veteranos foi quen de gañar nesta xornada onde hai que contar como dato positivo o empate do Porteño de veteráns. Nas demais categorías, incluido a xuvenil, houbo derrotas. No balonmán, todo o contrario, tanto o cadro masculino coma o feminino, lograron sendas victorias, as mulleres cun marcador algado mentres que os homes gañaron pola mínima no primeiro partido de liga.
 

FÚTBOL
PRIMEIRA AUTONÓMICA
CAMARIÑAS 1-3 BERTAMIRÁNS B
Derrota do Camariñas de Berto no Hermanas Patiño nun partido onde os locais sempre foron a remolque no marcador e no que finalmente remataron perdendo.
Non sairon ben os Camariñas ao terreo de xogo, tardaron en entrar ao partido e cando se deron conta xa os visitantes estaban por diante no marcador. Có marcador en contra, o Camariñas tentou o empate pero marrou as poucas ocasións claras das que dispuxo.
Na segunda metade máis do mesmo, os Camariñáns recibían o segundo gol que caeu como un xerro de auga fria. A partir de ahí tentaron ir a por todas e Martín marcaba o gol da esperanza, unha esperanza que se truncou cando o Camariñas estaba volcado e nunha contra, os visitantes mataban o partido logrando o terceiro gol.
Primeira derrota no Hermanas Patiño que fai que o Camariñas baixe postos na táboa clasificatoria situándose a tan só 3 puntos do descenso. Queda moita liga por diante, pero o Camariñas debe espabilar e sobre todo mellorar fora da casa que está sendo a asignatura pendiente neste inicio de tempada. A vindeira xornada o Camariñas voltará a xogar no Hermanas Patiño onde recibirá ao colista, ao Amio.

LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
PORTEÑO 1-3 OUTES
Derrota do Porteño do Roski ante o líder, un Outes que tivo a sorte dos campeóns e quen se levou un partido onde os da Ponte do Porto non mereceron tal castigo.
Foi un partido xogado de poder a poder, onde o Porteño saleu sen complexos a demostrarlle ao líder que si quería gañar iba ter que suar moito, e pese a que os visitantes se poñían por diante no marcador na primeira metade, Varela que está nunha segunda xuventude, colocaba o empate aos  10 minutos da segunda metade. Estaba o partido moi disputado cun Porteño que incordiaba máis a meta visitante e que merecía máis ata que chegou a xogada desgraciado do segundo gol dos visitantes cando mellor estaba o Porteño, ese gol en propia mete pesou moito e pesa a intentar o empate o Porteño recibía un terceiro gol que deixaba o partido sentenciado.
Malia derrota os do Roski deron a talla e unha boa imaxe diante do líder da competición, agora o Porteño é oitavo na clasificación con 13 puntos. A próxima xornada o Porteño viaxará ata muros para enfrontarse ao Volantes de Baño.

CAMELLE 2-4 CARNOTA
Derrota do Camelle de Pupus que notou demasiado as numerosas baixas no seu plantel e no que unha mala primeira metade fixo que perderan o encontro diante do equipo carnotán. Chegaba con tan só 11 homes o Camelle a este encontro debido as baixas por distintos motivos, e iso unido a unha mala primeira metade, fixo que o Camelle chegase ao descanso cun marcador desfavorable de un gol a tres.
Tras a reanudación, o Camelle foi moito mellor que o Carnota pero a desventaxa no marcador era grande e ainda por riba o Carnota nunha das primeiras veces que chegaba a porta na segunda metade, acadabo o cuarto gol.  Finalmente, o Camelle marcaría no treito final o segundo gol que ao igual que o primeiro foi obra de Matías, un dos destacados do conxunto Camellán. Tócalle traballar a directiva do Camelle para tratar de reforzar o equipo que necesita efectivos para non acudir excasos de xogadores aos encontros.
O Camelle é undécimo da clasificación xeral con oito puntos. A vindeira xornada o Camelle visitará ao líder, o Outes.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA XUVENIL
Severas derrotas as recibidas por Porteño e Camariñas ante o Ponteceso e o Corme respectivamente. Ao igual que os maiores, a xornada na categoría xuvenil foi un desastre onde os nósos conxuntos viñeron dos seus desprazamentos con sendas goleadas.
PONTECESO 6-0 PORTEÑO (a próxima xornada o Porteño recibe ao Baio)
CORME 7-1 CAMARIÑAS (a vindeira xornada o Camariñas descansará)

LIGA DE VETERÁNS
Resultados de todo tipo os que obtiveron os nosos na liga de veteráns onde houbo unha derrota, a do Camariñas, un empate, o do Porteño e unha victoria do Camelle que está demostrando neste inicio ligueiro que si o mar non está en calma os domingos vai a dar moito que falar e loitará polo ascenso.

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-5 CABANA ( a próxima xornada o Camariñas xoga en Coristanco)

SEGUNDA DIVISIÓN
LEILOIO 2-2 PORTEÑO ( a vindeira xornada o Porteño recibe ao Corme)
DEP. CARBALLO 1-2 CAMELLE ( a próxima xornada o Camelle recibe ao Poniente)

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÇOMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 30-23 BALONMÁN CASELAS
Victoria das Camariñanas que están atravesando unha magnífica racha de resultados e xogo, que venceron na tarde do sábado ao Balonmán Caselas nun partido moi completo das da terra do encaixe.
Sairon dende o inicio a polo encontro as nosas, e foron a por unhas rivais que se viron superadas polo poderío ofensivo Camariñán que unha e outra vez conseguían marcar en cada xogada ofensiva, mentras que o labor defensivo xunto coa boa actuación das porteiras, fixo que as locais gañaran o encontro con claridade.
Están situadas as nosas nos postos privilexiados da táboa clasificatoria e queren alargar o máximo posible esta racha positiva. A vindeira xornada as Camariñanas visitarán ao S.A.R.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 32-31 RASOEIRO
Primeira xornada e primeira victoria do conxunto camariñán que dirixe Moncho nun partido non apta para cardíacos. Saleu o Camariñas a tope dende o pitido inicial e motivo diso, os Camariñáns abriron brecha  e lograban unhas ventaxas no marcador de cinco e seis goles, pero antes do descanso, os locais sufren unha "pájara" monumental e chégase ao descanso cunha ventaxa de tres goles para os visitantes.
No descanso Moncho espabilou aos seus e o partido converteuse nun intercambio de golpes de un e outro conxunto facendo que cada posesión fose de ouro, estaba o encontro moi disputado ata que o Camariñas a falta de tres minutos, colocábase con tres goles de ventaxa que parecían sentenciar o partido, pero houbo que sufrir, pois na última xogado os visitantes tiveron posesión para empatar, pero o gardamallas Bruno atallou o balón no disparo dun xogador do Rasoeiro evitando deste xeito o empate.
Comezou con bon pé o Balonmán Camariñas esta liga, na que o equipo sufriu unha gran transformación a nivel de plantel e de adestrador. A próxima xornada os de Moncho xogarán en Pontedeume ante o conxunto local.

Isto foi todo canto dou a xornada deportiva dos equipos do noso Concello. Coma sempre, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cós nosos conxuntos.

Comentarios   

pajan impuestos
+1 # o sr camariñanpajan impuestos 31/10/2013 16:41
Mire sr camariñan el pode soñar o malo e que vai a tolear e despos quen temos que pajar impostos somos nos ,este home o que queren e que falen del e a formula que ten pa pasalo tempo,leer as suas tolerias sa casi me fai pensar que nos tamen tamos aljo tolos
Responder | Denunciar ante o administrador
que pena de home
+1 # RE: A Xornada de Juanillo - 27 de Outubro de 2013que pena de home 31/10/2013 17:38
Mira o teu para a cara de cu ,fundador dos partido cachalotes Unidos ,que resumido é partido do CU ,que matraculas esta formando ,o só fai de goberno e de oposicion e segun óuvese debaixo dunha higuera onde aniñaba un paxariño,que anda comentando por ahi(non se lle ve)que vai gañar de rúa ,home por un dia se un home ,non ves que estas convertendo o teu esterqueira niso nunha esterqueira ,ao que soamente de pascuas en venres pásase para escojonarnos da risa ,hombrecillo de papel
Responder | Denunciar ante o administrador
el superdotado
0 # RE: A Xornada de Juanillo - 27 de Outubro de 2013el superdotado 31/10/2013 18:54
Que pedo traia,era tal la trompa,que ni Alejandro Pacheco,estaba friki,tenia una mierda impresionante,a ndaba doblao,colocao, ya habia horas que perdiera el "puntillo·ya no veia estaba ciego,aunque yo creo que tenia un problema con el alcohol mal disimulado,se queria pegar a mi como una lapa,se marcho para junto los zombies,al final se tiro un pedo depresivo
Responder | Denunciar ante o administrador