1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Porteño é o novo co-lider da Liga da Costa
Pleno de victorias futbolísticas municipais na que foi a derradeira xornada do mes de setembro: triunfos inapelables de Camariñas, Porteño e Camelle que gañaron os seus partidos demostrando que esta fin de semana pasada foi propicia para os nosos conxuntos de balompé. Pero si mentras no fútbol houbo pleno, no Balonmán foi o contrario e así os equipos senior masculino e feminino do Balonmán Camariñas perderon ámbolos encontros. Unha xornada máis o repaso máis exhaustivo ao mundo do deporte federado no Concello de Camariñas en Camarinas.eu.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-0 BAIO
Tocaba derbi no Hermanas Patiño e o Camariñas acadaba tres valiosos puntos despois de derrotar a un correoso Baio e acadar así tres puntos moi importantes neste inicio de tempada. Foi un partido onde os visitantes estiveron mellor que os locais durante os primeiros 45 minutos, tiveron máis posesión de balón e dominaron terriotorialmente pero nas ocasións que tiveron non estiveron atinados a marcar.
Tralo descanso o Camariñas tomou o mando do partido e foi mellor que un rival que veu como froito dese dominio camariñán, Pepe Wii primeiro e Brais despois, marcaban dous goles que a postre deixarían o marcador no definitivo dous a cero. Era importante gañar o partido despois de deixar escapar a victoria en Sigüeiro e así coller ánimos de novo. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Agolada

LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
PORTEÑO 2-1 CABANA
Segue o Porteño do Roski contando as xornadas disputados por victorias que fan que o Porteño sexa líder desta liga da costa. Foi un partido igualado no que o Porteño aproveitou antes do descanso as ocasións que tivo e por medio de Óscar que acadaba un doblete, dáballe unha ventaxa de dous goles para un Porteño que está sendo a sensación neste inicio ligueiro.
Na segunda metade os do Roski adicáronse a xogar replegados e buscar as contras para "matar" o partido e non pasar apuros, pero os visitantes nos arreóns finais marraron unha pena máxima que puido darlle outro pulo ao encontro e no derradeiro minuto acortaron distancias pero xa non había tempo para máis. Catro de catro leva o Porteño que a próxima xornada xoga en Fisterra.

CAMELLE 6-2 CORCUBIÓN
Un set lle endosou o Camelle de Pupus a un pobre Corcubión que non sabía como controlar o ciclón camellán. Foi un partido dominado de principio a fin polos locais que se gustaron nun encontro no que acadaban a primeira victoria da tempada despois de tres empates nas xornadas anteriores, que colocan ao Camelle nunha boa posición na táboa clasificatoria e sin coñecer a derrota.
Sergiño en duas ocasións, Barreiro noutras duas, Matias e Iván, foron os autores dos goles do Camelle. Está demostrando este Camelle que vai ser un conxunto rocoso e aquel que o queira gañar vai ter que pelexar e moito. A vindeira semana Camelle xoga en Cabana.

LIGA XUVENIL
PORTEÑO 2-7 MUXÍA
Derrota do Porteño ante o Muxía nun partido no que os visitantes foron mellores e dominaron por completo ao Porteño que segue pagando a novatada de estrearse na categoría con rapaces moi novos que non se teñen que vir abaixo polos malos resultados que están atesourando. A próxima xornada o Porteño xoga en Malpica.

PONTECESO 5-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas en Ponteceso nun partido onde os xogadores Camariñas deron a de area, e o que é máis preocupante, algúns xogadores borrándose do partido porque as cousas iban mal. Hai que estar as duras e as maduras e se os rapaces do Camariñas se deixan de egos, poden dar moito que falar nesta liga. O gol do Camariñas marcouno Brais Alonso.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Baio.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-0 XUVENTUDE BERGANTIÑOS (a vindeira xornada o Camariñas visita ao San Román)
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 2-0 MALPICA (a próxima xornada o Porteño descansa)
AUGALADA 1-3 CAMELLE (a próxima xornada o Camelle recibe ao Corcoesto)

BALONMÁN
COPA FEDERACIÓN

BALONMÁN CAMARIÑAS 22-30 BALONMÁN A CAÑIZA
Segunda derrota dos homes de Monche que están nestes inicios de tempada acoplándose a un cambio radical tanta no plantel como no banquillo e no que hai que ter paciencia para que cheguen os resultados. O partido foi dominado polos visitantes que foron superiores a un Camariñas no que a xuventude é a nota dominante e no que esta tempada debutan numeros rapaces xuvenís que seguro van a dar moito de si e no que Catalán foi o mellor home dos de Moncho. A próxima xornada o Balonmán Camariñas xoga en Santiago de Compostela ante o Conxo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 17-22 BALONMÁN TUI
Derrota das Camariñanas ante unhas rivais que xogaron mellor e leváronse finalmente a victoria. Ao igual que o plantel masculino, o noso conxunto femenino destaca pola xuventude, onde rapazas en idade xuvenil están no primeiro plantel demostrando que Camariñas ten unha gran canteira, As Karen, Fany, Sara e compañía unidas axogadoras veteráns como Laura, Karina......forman un conxunto que vai a dar moito que falar. A vindeira xornada as Camariñanas visitarán ao Rasoeiro.

Isto foi todo canto dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.