Convócase unha nova edición da Marcha BTT da Caramiña

Xa é oficial, unha nova edición da BTT da Caramiña xa está en marcha. Organizada polos membros da Peña Ciclista Baikers do Vilán coa colaboración do Concello de Camariñas a proba contará con dúas rutas: unha corta de 45 kilómetros de lonxitude e outra longa que terá nada máis e nada menos que 20 kilómetros máis. A carreira (marcha social federada non competitiva) está prevista para o 20 de outubro de 2013 onde a partir das 8:30 da mañá terá lugar a entrega dos dorsais a tódolos participantes no Pavillón Municipal de Camariñas. Para inscribirse na 2ª Edición desta carreira tan só hai que seguir os pasos que indica o cartel que nos proporcinan nosos amigos da peña PC Baikers do Vilán sendo o límite de participantes de 250. Unha carreira que discorrerá por gran parte dos paraxes máis fermosos do noso concello e que ben seguro encherá a vila das palilleiras de gran número de afeccioados a este deporte da Costa da Morte que crece día tras día.

Engadir un comentario