1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O redactor de deportes de Camarinas.eu Juanillo desgrana todo o acontecido na xornada

Segunda xornada ligueira de fútbol moi positiva para os nosos conxuntos onde case hai pleno de victorias. O Camariñas consegue os tres primeiros puntas da tempada ante un floxo Piloño, o Porteño acadaba unha nova victoria diante dun dos galiños da categoría como é o Corme, mentras que o Camelle empatou ante o Muros nun partido onde mereceron mellor sorte. O fútbol está en marcha mentres o Balonmán Camariñas engrasa tódalas máquinas ante un comezo de campeonato que está a volta da esquina.

PRIMEIRA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-1 PILOÑO
Se hai un nome a destacar neste partido, ese é Brais, quen cun hat-trick, tumbou a un Piloño que demostrou en Camariñas que ou moito cambian as cousas ou é un claro aspirante ao descenso. Era un partido importante para o Camariñas de Berto, pois era o estreo na casa ante un rival dos teóricamente asequibles e o Camariñas non podía fallar como así foi.
O partido non foi moi vistoso, o importante era sumar tres puntos e daba igual como. O certo é que o Camariñas foi mellor a pesar de non facer un fútbol moi vistoso, e cando o rival deu facilidades, ahí estivo Brais para aproveitar a ocasión e facer tres goles. O primeiro deles tras unha xogada individual, o segundo e terceiro foron calcados, aproveitando dous saques de esquina botados maxistralmente por Mario e que Brais remataría no primeiro pau ao fondo das mallas.
Tenlle que servir de moral este partido aos Camariñáns, para tratar de puntuar a domicilio. A vindeira xornada o Camariñas visitará ao Sigüeiro.

SEGUNDA REXIONAL

PORTEÑO 2-1 CORME
Victoria do Porteño do Roski ante un rival dos chamados a estar nos postos de privilexio como é o Corme. O partido xogouse venres, nun horario máis de Champions que de partido da liga da costa, pero eso ao Porteño doulle igual, e Roski e os seus pupilos sairon ao terreo de xogo en busca dunha victoria que chegou nos minutos finais.
Adiantaríase o Porteño por mediación de Ismael ao transformar un claro penalti nos primeiros instantes de partido. A partir de ahí, Roski replegou ao equipo e tratou de buscar algunha contra para "matar" ao rival, un rival que tiña o dominio do esférico pero sen crear ocasións de perigo, un rival que só se dedicaba a protestar unha e outra vez ao colexiado accións que non viñan ao caso.
Na segunda metade continuou a mesma tónica do partido, e faltando algo máis de dez minutos, empataba o Corme. A xogada do partido e un dos goles da tempada, aconteceu no derradeiro minuto de encontro, Marcos que levaba poucos minutos no terreo de xogo, enganchou unha bolea ao máis propio estilo Zidane na final da Champions, e marcaba un golazo que xa o quixeran para si os auténticos cracks mundiais, dándolle ao Porteño tres puntos que lle serven para continuar no primeiro posto da táboa clasificatoria.
A próxima xornada o Porteño xoga en Corcubión.

CAMELLE 2-2 MUROS
Empate do Camelle de Pupus ante un Muros que se levou do campo do Rodeiro un premio demasiado alto despois do visto no terreo de xogo durante os 90 minutos de encontro. Foi un partido que en algún momento do mesmo, tivo accións de certa dureza, motivo polo cal se impediu ver un bo xogo sobre todo nos primeiros corenta e cinco minutos de encontro.
Na segunda metade, o Camelle demostrou que cando se pon a xogar pode facelo e moi ben, e pronto tería ocasións para sentenciar un encontro, pero xa se sabe que quen perdoa sole rematar pagándoo, e así, o Camelle tiña ocasión tras ocasión pero có pitido final, o resultado foi de empate a dous goles que por méritos de uns e de outros tivo que ser distinto, de estar un pouco acertado nos metros finais, o Camelle tivo que levarse a victoria e os tres puntos.
Os goles do Camelle foron obra de Sergio e un xogador Muradán en propia porta. Van duas xornadas e dous empates para un Camelle que pese a ser un recén ascendido vai a dar moito que falar nesta Liga da Costa. A vindeira xornada o Camelle visitará ao Corme, un partido a priori difícil pero no que se fai ben as cousas como ata o de agora, vai traer un resultado positivo.

LIGA XUVENIL

PORTEÑO 0-4 CAMARIÑAS
Derbi xuvenil o disputado na tarde do venres no Hermanas Patiño onde o Camariñas foi moi superior ao Porteño e así o demostra o resultado final.
O Camariñas foi claro dominador do encontro e cos goles de Javi en duas ocasións, Santi e Ángel, lograron a victoria neste derbi. O Porteño tivo unha clara ocasión para facer o gol da honra pero o Camariñán David marrou unha pena máxima. A próxima xornada o Porteño visitará ao Cabana mentras que o Camariñas recibirá ao Castriz.

Esto foi todo canto dou a xornada futbolística ligueira. A medida que comecen os campeonatos das categorías inferiores dos nosos pequechos, iremos informando do que aconteza, ao igual que no balonmán, onde o BM Camariñas está a preparar o comezo do campeonato en cada unha das categorías que compoñen o clube, un clube no que Moncho será o adestrador do primeiro equipo, e que ao igual que o cadro femenino, tivo que tirar da canteira para formar a plantilla, demostrando que en Camariñas hai mimbres balonmannísticos de sobra para facer equipos de garantía. Un saúdo a tódolos usuari@s de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., a web que vive o noso deporte!!!.

Comentarios   

Tronchome ca risa
+2 # jajajajajaja chocoTronchome ca risa 18/09/2013 21:45
escrito por cansado 16/sep/13 13:53 h.
escrito por non vir pola miña casa 16/sep/13 13:55 h.
escrito por cansado también de que me chuleen 16/sep/13 15:38 h.escrito por aguiucho 16/sep/13 16:13 h.
escrito por el bombero 16/sep/13 17:51 h.
escrito por Afiliado cabreado 16/sep/13 18:24 h.
escrito por J.A.C. 16/sep/13 18:26 h.
escrito por Camariñan 16/sep/13 19:23 h.
escrito por rebelion a bordo 16/sep/13 19:40 h.
escrito por estou cabreado 16/sep/13 19:54 h.
escrito por politicaoscura 16/sep/13 21:43 h.
escrito por transitario 16/sep/13 21:57 h.
escrito por rebelion a bordo 17/sep/13 21:47 h.
escrito por Así nos vai 18/sep/13 14:28 h.
Estes son os comentaristas que usa o ingeniero naval para meterse coa xente,faite capitan de unha jamela
Responder | Denunciar ante o administrador