1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Unha lenda do ciclismo mundial coma Perico Delgado xunto a un dos redactores de Camarinas.eu

"Cuando éramos Reyes ("When we were Kings") era un documental de 1996 que, a través de imaxes de arquivo, películas daquel entón, entrevistas a xornalistas deportivos (o célebre Howard Cosell), escritores (o gran Normal Mailer), músicos motown (o lexendario James Brown) e en xeral a todos os que participaron naquel circo,  rememoraba o que rodeou ao combate de boxeo (o así chamado "Rumble in the Jungle", o Ruxido da Xungla) que enfrontou o 30 de outubro de 1974 no Zaire do dictador Mobutu Sese Seko a George Foreman e a Mohammed Alí. Dúas deidades atléticas negras, dous Superhomes, zumbándose sen piedade a uns escasos metros da selva baixo 50 tórridos grados. A época na que o boxeo foi o rei. Tal vez alguén debería facer algo semellante e rememorar aqueles dous anos, 1987 e 1988, nos que Pedro Delgado levou a toda unha nación ata o límite extremo do sufrimento nun horario tan intempestivo e tan pouco dado á gloria como as copiosas sobremesas dun mes de xullo. Dous sinxelos tours de Francia que serviron para que o ciclismo chegase ás cotas máis altas xamáis alcanzadas en España e se convertise durante uns cálidos días de verán no deporte rei.

Agora o ciclismo corre por outros derroteros. Conta unha lenda apócrifa que ao día seguinte de que a Volta a España do 2012 recorrese todos os concellos do Salnés sen que rozase nin medio metro de cuneta de Vilanova de Arousa, que xa é fatalidade, o seu alcalde (irmán do noso querido JJ Durán, Presidente de Portos de Galicia, vese que en esta familia ninguén perde un segundo) plantouse na Deputación Provincial. Baixo un cabreo monumental, máis queimado ca moto dun hippie, comenzou a esixir a grandes voces unha etapa para o seu concello na volta do ano vindeiro ou ameazaba en caso contrario con abandoar o PP e formar un partido independente. A resposta non se fixo esperar: ¿Unha etapa? ¿Queres en verdade unha etapa? ¡Pos vas ter a etapa inicial... e a final... xa veremos!

Os desexos da Familia Durán fixéronse realidade (alomenos en parte) e a Volta 2013 saío dunha batea do porto de Vilanova nunha imaxe que certamente non deixou de ser impactante. O día anterior, presentación oficial dos equipos na Illa de A Toxa, Concello de O Grove, co Gran Hotel Balneario detrás e terceira etapa con chegada en Fisterra. Esto viría a supoñer, seguindo unha polémica interpretación que supoñe excluir ao Monte Pindo do seu ámbito, a primeira etapa en toda a historia da Volta a España que remata nunha vila da Costa da Morte, pero elo sería despois da segunda das etapas, aquela que tras saír de Vigo pasou entre outras vilas polo Grove, onde algúns dos ciclistas plantexáronxe a seria dúbida de parar uns intres no Mesón Araúxo e degustar unhas sardiñas en escabeche, e que tivo o seu final no Monte Lobeira, non lonxe de Vilagarcía de Arousa, emblemático lugar xa descuberto en tempos pretéritos por esta redacción (aquel da placa do Serpent). Alí gañou un tal Chris Horner, do Equipo RadioShack, pero en verdade esto non importa moito. En verdade tratábase doutra cousa.

E nesas foi como Perico, o gran Pedro Delgado, acabou vindo ás páxinas de Camarinas.eu. Tal vez houbo outros mellores e gañaron tours como churros, e ademáis voltas e giros e mundiais e medallas olímpicas e batiron o récord da hora, pero un non deixa de ter a sensación de que por algún extrano designio, tal vez pola súa persoalidade fascinante e magnética, pola fatalidade impredecible que sempre o acompañou, por ese deixe tan español de ser capaz do mellor e do peor, pero do peor de verdade, protagonista de xestas insuperables e de hecatombes insensatas, de que Perico sempre foi o Rei. Por elo, por encima do Tour gañado do 1988, o segundo posto de 1987, por encima das dúas voltas conquistadas, se un lembra a Perico é por unha sinxela escapada: aquela que xunto ao ciclista do Kelme José Recio o levou a gañar contra pronóstico a Volta a España de 1985. Atopábase un pequeno rapaz de pouco menos de dez anos aquel sábado, 11 de maio, embotellando viño xunto aos seus pais e varios tíos nunha aldeíña non lonxe de Padrón ou a Escravitude, cuestión nunca aclarada, e a imaxe que o acompañará o resto da súa vida será a de varios varóns ansiosos, esperanzados, co corazón nun puño, agolpados á porta dun coche a través da cal fluía a voz atropelada e aflautada dun locutor anaraxando. Só nunha etapa chamada a pasar sin pena nin gloria, penúltima da volta, só a través dunha escapada épica, con chegada na súa propia Segovia natal, remontando seis minutos e sobrándolle 36 segundos, eso só o podía facer Perico. Antes das épocas de ciclistas de laboratorio, de carreiras profesionais planificadas ao milímetro, antes do doping masivo, antes da hecatombe. Cando o Ciclismo (Perico) era o Rei.

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: A Volta Ciclista a España na Costa da MorteMoncho de Dios 27/08/2013 20:39
Nunca me olvidare de aquel desdichado Tour de Francia en la cual Pedro Delgado,llego con tres minutos de atraso a la salida de una contrarreloj,no llegue a conocerlo,pero si recuerdo que por aquel entonces yo le compraba aluminio a la fabrica Reynolds,situad a en Irurzum ,Pamplona,me regalaron una bicicleta de las que usaban los ciclistas,era una maravilla,tambi en probé bicicletas que tenían allí de bajo peso y casi ibas en el aire ,claro que estoy hablando de una edad en la cual yo era joven ,salieron grandes ciclistas de aquel equipo que luego creo fue vendido a Banesto
Responder | Denunciar ante o administrador