1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camelle logrou esta fin de semana o tan ansiado ascenso á 2ª Rexional

Dous anos despois de resurxir dende a nada, o Camelle foi quen realizar unha xesta de desproporcións descoñecidas e ascender á Segunda Rexional. Éxito absoluto do club camellán que queimou etapas a velocidades insondables e completou a heroicidade en tempo record. Facíao este sábado nun Campo do Rodeiro cheo ata os topes que vibraba cun equipo ao que levaba en volandas cara á victoria sobre o Cerqueda. Despois o delirio inundou este histórico campo da Costa e unha hinchada enfervorecida emulaba o acontecido en Balaídos hai unha semana e invadía o céspede para festexar xunto aos seus héroes unha data que quedará grabada en letras de ouro en todo bo corazón camellán. Felicitacións máximas aos xogadores, corpo técnico e directiva que redondeaban un ano perfecto para o fútbol do noso concello cun Camariñas que mantiña o seu posto na 1ª Rexional e un Porteño e un Camelle que ascendían á 2ª Rexional. Todo elo nunha tempada na que gracias ao xefe dos deportes de Camarinas.eu estivemos semana tras semana seguindo as evolucións victoriosas dos nosos equipos. ¡¡FELICIDADES A TODOS!!

Os equipos de fútbol do Concello de Camariñas acadaron un éxito total esta tempada na que o Porteño e o Camelle acadaron o ascenso á segunda rexional, a mítica Liga da Costa.

O Porteño rematou na segunda posición da táboa clasificatoria, un posto que lle daba o ascenso directo a un dos conxuntos máis míticos da Liga da Costa. Retorna así á Segunda Rexional, un equipo de toda a vida, cunha gran afición, que xa dende tempos lonxanos acompañaba ao seu equipo polos distintos campos de toda a Costa da Morte.

NORABOA PORTEÑO!!!!.

Por outra banda, o Camelle que rematou na terceira posición da liga, veuse na obriga de xogar unha promoción de ascenso, promoción na que nunha primeira eliminatoria tocoulle verse as caras có Laxe, conxunto ao que deixou na cuneta con un resultado claro. Na eliminatoria final, o Camelle tocoulle verse as caras có Cerqueda. No partido de ida o Camelle perdeu por un gol a cero, polo que o partido de volta no Rodeiro, tocaba ver unha remontada. A remontada comezou co apoio da grada, Camelle enteiro acudiu a chamada dos seus e levou en volandas a un equipo que veu como a eliminatoria se lle poñía costa arriba cando os visitantes lograban empatar a un tanto, pero o Camelle é moito Camelle e foi a por todas. A alegría chegou có terceiro e definitivo tanto marcado por Matías ao transformar unha pena máxima a falta de dez minutos para o remate do partido. Có pitido final, a ledicia foi inmensa e houbo invasión do terreo de xogo por parte da afeción local que festexou por todo o alto un ascenso histórico para o Camelle.

NORABOA CAMELLE!!!.

Xa na competición costeira por excelencia, a Copa da Costa, o Camariñas sellou o pase ás semifinais derrotando a un dos favoritos para gañar o torneo como era o Soneira.

Tras o empate a cero goles no Hermanas Patiño, tocaba dar a machada en Vimianzo, e así foi, con remontada incluida, pois o Soneira adiantábase no marcador ao comezar a segunda metade, pero os Pombo (que parou un penalti na primeira metade e foi unha das claves da victoria Camariñana coas súas paradas), Juan o Vello( que non só aportou en ataque se non que en defensa traballou arreo) e compañía, lograron remontar o partido e cós goles de De la Sierra e Brais, dábanlle a victoria e o pase a semifinais  onde lle espera o Malpica, un conxunto que tirou da chequeira para este torneo.

NORABOA CAMARIÑAS!!!.