5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Corren días de gloria para a Galicia celtista. Á salvación in extremis da categoría na derradeira xornada do campeonato acaba de sumar outro fito que, ao pasar de non moitos anos, podería converterse noutra das epopeias da prolífica e fértil canteira celeste. Segundo puido coñecer en exclusiva Camarinas.eu o xove porteiro camariñán Jorge Vázquez acaba de confirmar a súa fichaxe polas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Formado inicialmente na Asociación As baleas baixo a sabia batuta de Vi e Faus, despois pasou ao esixente Luis Calvo de Carballo, equipo no que as súas grandes intervencións baixo os paus o levaron de forma meteórica á Selección Coruñesa Alevín de fútbol 7. Todo elo como paso previo á fichaxe polo único equipo galego da Primeira División da Liga española.

Precisamente que os olleadores do equipo olívico se fixaran no fillo do noso querido amigo Rique dos Catro Ventos é algo que non debe desbotarse xa que estamos a falar dos profesionais que co seu ollo experto para a portería foron responsables da fichaxe entre outros  do xoven adolescente de 17 anos natural de Mos, Rubén Blanco, que nos dous partidos máis importantes de todo o ano salvaba ao seu club nos momentos cruciais con antolóxicas paradas. Estamos a falar ademáis dun club que dende o seu descenso de categoría do ano 2005 refundouse dende a nada máis absoluta cun proxecto baseado na canteira, que levaba a que no encontro no que se impoñía ao Español por un gol a cero e salvaba a categoría, ata sete canteiráns luciran na seu once inicial, feito histórico sen precedentes de compromiso dun club ca súa canteira e a súa terra. E por elo, que dadas as cualidades innatas de Jorge para a portería, con moito traballo, tesón, ilusión e esa pizca de sorte que sempre debe acompañar a un gardamallas (ahí está o caso de Casillas), un día non moi lonxano poidamos ver ao noso xove cancerbeiro camariñán gardando as mallas do glorioso conxunto celeste. Tal vez son chegadas as datas de que a aficción ao histórico Celta de Vigo arraiguen en Camariñas cunha forza inusitada.

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # a Ruben BlancoMoncho de Dios 05/06/2013 13:48
Desearte mucha suerte en esta nueva etapa de tu vida ,me recuerdas a mi hijo Ruben que también fue portero,tal como están las cosas en estos momentos ,en eso si lo haces bien tienes un buen porvenir,aplica re,cuídate y no te salgas de la vida sana ,hoy en día es duro y requiere mucho sacrificio,te deseo toda la suerte del mundo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.