- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 06 Mai 2013 06 Mai 2013
Xornada triunfal para o FC Camariñas que gañaba con moitas dificultades a un rival directo como era o Laro e certificaba a permanencia na categoría, unha permanencia que custou suor acadar pero que finalmente foi posible e sabe a gloria. Por outra banda, o outro gran acontecemento do fin de semana deportivo para os equipos do noso concello tiña lugar no histórico e mítico Estadio da Grixa, onde o Porteño festexaba cos seus o tan ansiado ascenso á Segunda Rexional. Deste xeito, a Liga da Costa volta a ter un dos seus equipos emblemáticos como é o Porteño, un dos seus clubs fundadores. Noraboa a ámbolos dous conxuntos, Camariñas e Porteño, por acadar os obxetivos que tiñan ao principio da tempada.
TERCEIRA DIVISIÓN
AS PONTES 2-1 ORDES
Derrota a que sufrimos nas Pontes nun partido no que ningún dos equipos nos xogábamos nada e iso notouse no terreo de xogo. Derrota pola mínima ante un conxunto que aproveitou as duas ocasións que tivo para conseguir dous goles e gañarnos así o partido.
O gol do Ordes foi obra de Álex Castro. A vindeira xornada, a penúltima do campeonato ligueiro, recibimos ao Compostela.
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 3-1 LARO
Victoria e permanencia do Camariñas que gañou con moitos apuros a un Laro que se xogaba tamén a vida. Non foi un gran partido o que fixeron os camariñáns, pero o que importaba máis que nunca era acadar a victoria para lograr unha permanencia que foi difícil conseguila e moi traballada, máis do que algún pensaba, e así foi. Tivo que remontar o Camariñas un gol nos primeiros minutos dos visitantes. Primeiro De la Sierra, despois Brais Triñanes e finalmente Martín, marcaron os goles para que o Camariñas lograra a victoria e certificara deste xeito a súa continuidade na categoría de primeira rexional.
Houbo que sufrir, traballar moito para lograr un obxetivo que finalmente sabe a gloria. Agora toca pensar na copa da costa onde o Camariñas pasou ronda ante o Coristanco e enfrontarase ao Laxe. Na liga, na última xornada, o Camariñas visitará ao Arzúa.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 2-0 CASTRELO
Victoria do Porteño de Gerpe que serviu para celebrar o ascenso que acadaran o dia antes có empate do Camelle. Foi un partido sen historia, no que o Porteño mostrouse moi superior a un rival que lle puxera as cousas moi difíciles no partido da primeira volta. Sestayo e Ismael, foron os autores dos goles do Porteño que nada máis pitar final o colexiado, celebrou o ascenso por todo o aldo xunto aos seus aficionados, uns aficionados que estiveron de lado do equipo toda a tempada.
Ascenso acadado e merecido dun Porteño que tiña como meta e obxetivo ascender a liga da costa e así foi, dende a primeira xornada demostrou ser un dos mellores conxuntos da categoría.
A liga da Costa, a segunda rexional xa ten de volta a un dos seus conxuntos clásicos de sempre, o Porteño retorna para quedarse!. O porteño psaou de ronda na copa da costa e tras eliminar ao Corcoesto, enfrontarase ao Soneira. Na última xornada ligueira, o Porteño recibirá ao Baiñas.
CAMELLE 2-2 SONEIRA B
Empate do Camelle de Pupus ante o Soneira B nun partidoentretido entre dous conxuntos que xogarán a promoción de ascenso á segunda rexional. Adiantouse no marcador por duas veces o Camelle con goles de Matías ao transformar duas penas máximas, pero no último minuto, os visitantes acaban o tanto do empate nun partido no que o Camelle tivo que xogar con 10 dende a primeira metade pola expulsión de Miguel Riveiro.
Pese a non estar rematando nun bó momento de resultados, o Camelle disputará a promoción despois dunha tempada na que foi a sensación do campeonato e loitou ata os intres finais por ese ascenso. O Camelle quedou fora da copa da costa ao caer có Laxe. A derradeira xornada de liga, o Camelle xogará en Coristanco.
MUXÍA 2-0 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pirucho nun partido onde o Xaviña tan só acudiu a terras muxianas con 11 xogadores e tres deles eran porteiros. Notou moito as baixas e os de Pirucho apenas tiveron oportunidades para traer algo positivo de Muxía. Con este partido remata a tempada do Xaviña xa que a vindeira xornada, a derradeira, o Xaviña debía enfrentarse ao Fisterra B pero como o conxunto fisterrán retirouse da competción, non haberá partido. Participou o Xaviña na copa da costa na que foi eliminado polo Ponteceso. Fin de tempada para o conxunto que preside Isaac e agora tocará plantexarse que futuro terá o conxunto Xaviñán.
LIGA CADETE
CEE 3-5 PORTEÑO
Magnífica a victoria acadada polo Porteño de Ordóñez que gañou a domicilio e facendo un gran partido a un rival que é un dos galiños da categoría, o Cee, actual subcampeón de liga. Están os da Ponte do Porto pasando por un gran momento de forma neste treito final da tempada ende están conseguindo moitas e importantes victorias. A próxima xornada, a última de liga, o Porteño recibe ao Muros.
LIGA INFANTIL
ESTEIRANA 5-2 AS BALEAS
Derrota dos rapaces de Vi ante o terceiro clasificado, a Esteirana por cinco goles a dous. Foi un resultado engañoso, pois os de Vi fixeron un bó partido e non mereceron caer por tantas goles de diferencia ante un rival que foi mellor na definición das xogadas, motivo polo cal se levou o encontro. A última xornada de partido, As Baleas reciben ao Outes.
COPA DA COSTA DE VETERÁNS
CAMELLE 0-2 CORISTANCO
Derrota e eliminación do Camelle que non puido remontar o resultado que traía da ida e voltou a perder ante un rival que demostrou ser superior. Remata a tempada para o Camelle que en determinados momentos da mesma paracía que iba a loitar por ascender, pero as lesións notáronse moito.
PORTEÑO 1-1 LAXE
Empate do Porteño que lle serve para pasar de ronda despois da victoria pola mínima que traía de Laxe no partido de ida. Partido moi disputado e emocionante entre dous equipos que o deron todo para pasar e no que finalmente foi o Porteño que se levou o gato a auga ao longo dos 180 minutos da eliminatoria. Na seguinte rolda o Porteño enfrontarase ao Muros, sendo o primeiro partido en terras muradanas.
ZAS 2-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que intentou a remontada pero non puido lograla ante un rival que aproveitou mellor as súas ocasións ao igual que o fixera na partido de volta. Fin de tempada para un Camariñas que descendeu e agora toca mirar se continuará nun futuro a súa existencia.
BALONMÁN
COPA CADETE FEMENINA
Descansaron as Camariñanas que se enfrontarán ao Narón a domicilio a vindeira xornada.
Isto foi todo canto dou a xornada. Coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo aconteceu cós nosos conxuntos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.