- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 16 Abril 2013 16 Abril 2013
Salvou un match ball o Camariñas e dou un paso máis para acadar a salvación vencendo ao Malpica a domicilio. O Porteño foi mellor que o líder en todo menos no marcador final, e tan só puido sumar un punto que o segue mantendo na loita polo título, unha pelexa na que o Camelle está nunha posición de privilexio, a tan só 2 puntos do líder e dous por encima do Porteño tras a súa victoria en Cee ante o Ameixenda. O final de liga promete ser apaixoante. En canto ao Balonmán, o Balonmán Camariñas Conservas Boya, dou a cara diante do líder pese a caer derrotado por dous goles, e xa prepara a festa de despedida da tempada no derradeiro partido de liga que xogará no Pavillón do Areal.
TERCEIRA DIVISIÓN
BARBADÁS 2-0 ORDES
Derrota dolorosa que non afasta de case toda posibilidade de poder optar a un posto por xogar a liguilla de ascenso. Matemáticamente ainda se pode pero sendo realistas parece imposible. Mal partido o que fixemos, pero no que tivemos ocasións para gañalo sobre todo na primeira metade, pero non estivemos acertados de cara a gol. Pola contra, o rival, sacou duas faltas, duas xogadas a balón parado e dous goles que nos deixaron sen ningún tipo de reacción.
Pese a esta derrota, a tempada do Ordes está sendo excelente, motivo polo cal, o Coruxo, club Galego de segunda B, fichou a semana pasada ao noso dianteiro Nacho, o goleador, ao que dende o corpo técnico e o propio club non lle puxeron impedimento ningún a pesar de que nos quedamos sen unha peza importante. A vindeira xornada recibimos ao Bergantiños.
PRIMEIRA REXIONAL
MALPICA 1-2 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas para dar un paso de xigante para manter a categoría ante o Malpica nun partido no que houbo emoción ata o derradeiro minuto. Non foi dos mellores partidos o que fixo o Camariñas pero sabía que a victoria era máis importante que xogar ben ou mal, os tres puntos eran vitais para os da terra do encaixe máis necesitados que o Malpica que xa ten a tempada resolta.
Como en todo partido vital, o Camariñas necesitaba da resposta no terreo de xogo dos seus mellores homes, eses que aparecen cando verdadeiramente fan falta. Así Juan o vello, Pombo e Moriño decidiron coller o toro polos cornos e decir eso de aquí estamos nós para sacar isto adiante e así foi. Eles, coa axuda dos seus compañeiros, traballaron e sufriron para traer tres puntos de ouro. Sufriron porque no minuto 92, o Malpica tiña un penalti ao seu favor para empatar, pero a sombra de Pombo é moi alargada, e o xogador do Malpica veu a porteria moi pequena ao ter a Pombo de frente e enviou o balón fora do marco defendido polo porteiro do Camariñas. Os goles do Camariñas foron obra de Alez e Juan o Vello. Agora toca recibir ao Puebla que adestra un gran amigo, Vecho, a próxima semana para tratar de dar o paso definitivo para manter a categoría.
TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 1-1 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Era un dos partidos da tempada, o Porteño de Gerpe recibía ao líder e tocaba dar a cara como así foi ante un dos galiños da categoría. Equipo e afición (que respondeu como sempre, de maravilla) foron da man durante os 90 minutos no que os da Ponte do Porto foron mellores en todo, en xogo, ocasións, actitude etc, menos no máis importante, no marcador. O fútbol ten estas cousas, non sempre gaña o mellor, e quedou demostrado, pois o Porteño se chega a ter unha pizca de sorte, por acasións, tería que haber goleado ao Independiente, Gabi, Cousillas, Yuyo e Brais entre outros, tiveron ocasións para marcar pero desafortunadamente non tiveron a sorte de cara.
Incluso no minuto 85 o Porteño tivo un penalti a favor para sentenciar o encontro, pero Mario Toja marrouno ao igual que lle pasan aos grandes cracks mundiais, sólo falla un penalti quen se atreve a tiralo nos momentos de verdade, e Mario atreveuse xa que él é un dos grandes. O gol do Porteño foi obra de Mario Toja. Puntiño que fai que o Porteño siga vivo, a catro puntos do líder o Independiente e a dous do segundo clasificado, o Camelle. A vindeira xornada o Porteño xoga en Lira.
AMEIXENDA 2-4 CAMELLE
Magnífica a victoria acadada polo Camelle de Pupus en Cee ante o Ameixenda que lle sirve aos de Camelle para colocarse a tan só dous puntos do líder, o Independiente e dous por encima do terceiro clasificado, o Porteño. Foi un partido marcado polo vento, no que o Camelle foi mellor que o Ameixenda e foi xusto merecedor da victoria.
Sabía que era un partido importante debido aos enfrontamentos directos que había esta xornada, e os Camelláns non deixaron escapar a ocasión para dar un pasiño máis no obxetivo por acadar o ascenso. Matias dende o seu propio campo axudado polo vento, marcaría un dos goles do ano para o Camelle. Felipe Barreiro en duas ocasión e Miguel Riveiro, foron os autores dos goles do Camelle. A próxima xornada o Camelle recibe ao Nantón.
COPA DA COSTA XUVENIL
CABANA 7-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Derrota abultada do Camariñas de andres que se despide a tempada caendo eliminado con contundencia no torneo copeiro ante un equipo como o Cabana chamado a estar aloitar polo título.
LIGA CADETE
PORTEÑO 2-1 OUTES
Victoria pola mínima do Porteño de Ordóñez ante o Outes nun partido vibrante e emocionante no que finalmente a victoria caeu de lado do Porteño que tras sumar tres puntiños máis, xa está empatado a 26 puntos có que foi o seu rival, o Outes, na zona morna da táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Porteño xoga en Esteiro ante a Esteirana.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-1 CEE
Derrota pola mínima das Baleas de Vi ante o segundo clasificado, o Cee nun partido no que os Camariñáns plantaron cara a uns dos galos da categoría demostrándolles que a diferencia existente na clasificación non é tan grando como no terreo de xogo. Foi un partido moi disputado, no que finalmente o que acertou a materializar a unha das ocasións de gol, foi quen se levou o encontro. A próxima xornada As Baleas xogan en Sofán.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
VIMIANZO 2-2 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas en Vimianzo ante o conxunto local nun partido que enfrontaba aos dous colistas, aos dous conxuntos que están descendidos e que rematou en táboas, empate a dous goles nun choque no que non había nada en xogo e que estivo moi reñido de principio a final. A próxima xornada o Camariñas despedirase da categoría de ouro ante o San Lorenzo.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 2-0 CORME
Victoria merecida do Porteño ante o Corme na penúltima xornada ligueira nun partido no que os da Ponte do porto foron mellores e merecedores dunha victoria que se quedou curta. A última xornada o Porteño xoga en Carballo ante o At. Milagrosa.
CAMELLE 0-1 AT. MILAGROSA
Derrota do Camelle pola mínima ante At. Milagrosa nun partido no que o Camelle acusou demasiado as baixas que leva arrastrando neste treito final de liga que están facendo que o Camelle non acade os resultados que se esperaban. A última xornada ligueira, o Camelle xoga en Buño.
BALONMÁN
FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL
VITALDENT BALONMÁN PONTEVEDRA 27-25 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Fran Puga nun partido no que os Camariñáns acudiron con numerosas baixas a cancha do líder, pero no que as mesmas non se notaron, xa que o Balonmán Camariñas plantoulle cara a todo un líder demostrando que os nosos son un gran equipo.
José Ramón foi o máximo goleador dos Camariñáns con 5 goles nun partido moi disputado.
Agora toca pechar a tempada no Pavillón do Areal onde o conxunto Camarñán e a súa directiva queren que esta derradeira xornada sexa unha festa na que participe moito público e fan un chamamento a todos afecionados para que acudan este vindeiro sábado ao partido do Balonmán Camariñas que terá como rival ao Carballal.
Isto foi todo canto dou a xornada. CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. CAMARINAS.EU a web que vive o deporte!!!!
Comentarios
El niño pijo este que quiere un puesto, sea como sea, a base de XXXXXXXX y desde una pizzeria menudo futuro tiene al lado de tejero. Pero los puestos se ganan con XXXXXXX y no con XXXXXXX, los puestos se ganan con esfuerzo y lucha y no papando moscas. y lo de la sede-pizzeria del pp en Ponte do Porto lo has bordado diego, sigue asi que pronto daniel te nombra jefe de prensa. ¿Cuando dieron las clases en el PP de ideales, donde estarian estos concejales?, Olveira, sin rendirse, y los niños pijos ya saben donde tienen su destino, en el programa de la cuatro, hijos de papa. tal cual como lo oyen. (un pijo anda suelto) 24/12/2012 12:35:07 Rf: 59885
Pues claro que queria defender a Daniel un amigo ¿y tu? tu a quien defendiste mientras Daniel las pasaba putas en el Nautico ,donde estaba tu artilleria
Carmen Suárez, actuando como portavoz do grupo de 4 membros do Comité Local, quere deixar claro que ''sempre dixemos NON ao Plan xeral e agora seguimos decindo NON'' sobre todo porque ''nunca foi consensuado coas forzas políticas e sociais e porque descoñecemos o que se esconde detrás deste Plan Xeral do Alcalde
COMO SIEMPRE FALTANDO A LOS ESTATUTOS Y A LA DEMOCRACIA PUES LOS CONCEJALES YA SON SEIS Y CUATRO EN DEMOCRACIA NUNCA LE GANAN A SEIS ,AHORA BIEN QUE NO NOMBREN LA PALABRA COMITE Y CUIDADITO
pERO ESTA XENTIÑA ESTA NO PP DE CAMARIÑAS OU ESTA PERDIDA,POIS OJALA SEPA VOLVER O REDIL,AGORA XA TEÑEN PORTAVOCES,PARE CEME QUE ESTAMOS NO PARTIDO SOCIALISTA DE CATALUÑA,CALQUE R DIA PIDEN A INDEPENDENZA,E ISTO E UNHA LABOURA DE INVESTIGACION,E ESTAMOS AESPERA QUE POÑAN OS COMENTARIOS QUE FORAN POSTOS POR CALQUIERA DE AQUI QUE FORAN COMO AS QUE EL LLE DEDICA O ALCALDE E O FILLO DO ALCALDE,E DECIR QUE O ALCALDE FOI MUY EDUCADO NAS SUAS RESPOSTAS EU MANDARIAO A MERDA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.