1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Xaviña de Pirucho logrou unha nova victoria no Hermanas Patiño

Nova xornada competitiva no deporte da Costa da Morte despois do parón da competición por mor da Semana Santa no que a derrota do Camariñas volta a metelo na liorta do descenso onde a cousa está máis apretada que nunca, con moitos equipos metidos na pelexa por evitar o descenso. Pleno na terceira rexional onde todos os nosos gañaron os seus partidos apretadamente, mentras que no balonmán, o Balonmán Camariñas dixo adeus a calquera opción de poder ascender a primeira nacional.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 1-1 CELTA B

Empate o que acadamos ante un dos galiños da categoría, o segundo clasificado que é o Celta B que pese a que algún compoñente do filial estivo convocado co primeiro equipo, o feito de que o Celta xogara ante o Raio Vallecano as 12 da mañán e ningún do filial tivo minutos, colleron un taxi e chegaron a tempo para xogar ante nós. A cousa xa era difícil e máis dende o minuto 15 do primeiro tempo cando nos expulsan inxustamente a un xogador e temos que xogar 75 minutos que restaban cun home menos.
Pero o equipo demostrou porqué vai arriba, e pelexou e loitou como nunca merecendo a victoria xa que tivemos ocasións para facelo, e a piques estivemos de lograr a victoria cando nos adiantamos na primeira metade cun gol de Ángel. Na reanudación empatounos o Celta B, feito que en vez de derrumbarnos fixo que nos crecéramos e Padín, Ángel e Capelo poideron marcar para darnos a victoria. Un punto máis a espera de viaxar a vindeira xornada a Ourense para enfrontarnos ao Barbadás.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-3 VILLESTRO

Derrota do Camariñas de Berto ante o Villestro nun partido onde o rival aproveitou que se adiantou no marcador para xogar a contra e maniatar ao conxunto Camariñán. Non estivo fino o Camariñas dende o principio e pese a empatar o partido, non foi capaz de dominar o mesmo e finalmente rematou sucumbindo ante un rival que fixo moito dano a balón parado, un talón de aquiles para os camariñáns. Caamaño foi o autor do gol do Camariñas que lamentablemente non serviu para sacar algo positivo.
Está o Camariñas nunha situación de perigo, pois os rivais do Camariñas que estaban por debaixo agás o Fisterra gañaron os seus partidos e agora aprétase a clasificación e pese a estar nunha situación mellor que a de algún conxunto, non se pode despistar, pois a loita por salvar a categoría vai ser fraticida ata o remate da liga e esperamos que finalmente o Camariñas consiga o obxetivo de manter a categoría. A próxima xornada o Camariñas xoga un derbi en Malpica.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 2-1 BAIÑAS

Victoria sufrida do Camelle de Pupus ante o Baiñas que lle sirven para sumar tres puntos de ouro e recortar distancias co Independiente de carballo que empatou o seu partido e agora son só 4 puntiños os que ten de ventaxa o líder. Sufriu o Camelle e tivo que remontar un gol en contra ante un rival duro, pero este Camelle está demostrando que está arriba por méritos propios e primeiro Carlos de Dido cun golazo de cabeza e no último minuto de partido Felipe Barreiro, marcaron os goles que supuxeron a remontada e a victoria do Camelle. Quedan poucos partidos e van a ser cada un deles auténticas finais para saber quen ascende directamente á liga da costa. A primeira delas será a vindeira xornada onde visitará ao Ameixenda.

XAVIÑA 4-3 ALCAIÁN
Victoria do Xaviña de Pirucho nun partido xogado de ida e volta no que o Xaviña tivo que remontar un resultado adverso. Non comezou ben o Xaviña, e iso aproveitouno o cadro visitante para adiantarse no marcador. Pero reaccionaron os de Pirucho e con goles de Dani, Carlos, Rodri e Gatuso, conseguiron remontar e gañar un encontro no que as dianteiras superaron as defensas. Tres puntos máis para o Xaviña que está tendo un gran final de liga. A vindeira xornada o Xaviña descansará.

PORTEÑO
Tocáballe xogar ante o filial fisterrán que abandonou a competición, motivo polo cal descansou e pese a non xogar, recortou dous puntos ao líder, o Independiente de Carballo, conxunto ao que recibirá a próxima xornada. Partidazo!!!.

COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 1-5 CABANA

Mal partido e derrota contundente do Camariñas de Andrés que salvo miragre está fora da copa. Andando non se lle pode gañar a ninguén e para mostra un botón, non estivo a altura das circunstancias o Camariñas e o Cabana pasou por encima. O gol do Camariñas marcouno Javi. A vindeira xornada tocará partido de volta en Cabana.

LIGA INFANTIL
PORTEÑO 1-2 CARNOTA

Derrota do Porteño de Ordóñez pola mínima ante o Carnota nun partido no que o Porteño pagou caro os seus erros defensivos. Non tivo sorte de cara gol o Porteño e iso foi a diferencia entre uns e outros, pois o partido foi moi competido de principio a fin e finalmente rematou da peor forma posible para o Porteño. A próxima xornada o Porteño recibe ao Outes.

LIGA INFANTIL
XALLAS DE SANTA COMBA 5-0 AS BALEAS

Derrota do equipo de Vi ante o líder, nun partido no que os camariñáns non puideron facer moita oposición ante o líder que demostrou ser mellor que os nosos. Derrota para aprender e para mellorar na que seguro Vi tomou nota dos erros que se cometeron. A vindeira xornada As Baleas recibe ao Cee, o segundo clasificado.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 3-9 CABANA

Derrota contundente do Camariñas ante o Cabana na que o marcador final xa o di todo e pouco hai que comentar. Toca rematar a liga o máis dignamente posible e a próxima xornada o Camariñas verase as caras có Vimianzo, os dous conxuntos descendidos.

SEGUNDA DIVISIÓN
MUROS 4-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño na casa do líder, o Muros nun partido no que os da Ponte do Porto pouco puideron facer ante un rival superior. Quedan duas xornadas de liga e o Porteño tratará de rematalas con victoria. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Corme.

CORME 5-1 CAMELLE

Derrota contundente do Camelle que pagou caro o bo estado do mar no dia do domingo e notou moito en falta as ausencias de moitos xogadores. O partido tivo pouca historia e a contundencia do marcador xa o di todo. A próxima xornada o Camelle recibe ao At. Milagrosa.

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 20-25 SEIS DO NADAL

Derrota dos pupilos de Fran Puga que significa que non ten opción algunha de loitar por ascender tras este encontro. Derrota ante un conxunto ao que os Camariñáns derrotaron na primeira fase de liga no Pavillón do Areal por goleada, e tras uns meses, cambiaron as tornas , os Camariñáns có obxetivo cumprido, viñeron a menos e o rival polo contrario está nunha liña ascendente, motico polo cal a derrota está xustificada. Catalán con 6 goles foi o máximo goleador do Balonmán Camariñas. A vindeira xornada  os Camariñáns visitarán ao líder, ao Vitaldent Pontevedra.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 26-34 RASOEIRO

Derrota das Camariñanas de Moncho na última xornada de liga, na que sucumbiron ante un rival superior e poñen fin así a unha tempada na que as de Camariñas non estiveron a altura que se esperaba e non raiaron a un gran nivel. Toca pensar no futuro e pensar en mellorar posto que as camariñanas poden facelo.

COPA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 30-8 BALONMÁN NARÓN

Como un ciclón pasaron as Camariñanas por enriba das de Narón que viron como unha e outra vez as Sara, Karem, María e compañía, marcaban unha e outra vez. Moita diferencia entre unhas e outras que se veu plasmada no marcador. A vindeira xornada as Camariñanas reciben ao Artabro.

Isto foi todo canto dou a xornada, como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!

Comentarios   

Moncho de Dios
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 07-04-2013Moncho de Dios 09/04/2013 17:37
Decir desde mi humilde trono,sin condes ni marqueses pero si lleno de pequeños bufones que yo me prometí a mi mismo no ponerme con ninguna de las noticias que apareciesen en el diario camariñan,creo que seguire cumpliendo mi palabra si digo que estoy totalmente de acuerdo con el nombre que le puso ese ilustre señor a su mensaje IMPENSABLE desde luego señor mio estoy totalmente de acuerdo con el nombre ,que Dios lo bendiga por los siglos de los siglos .amen
P.D .no respondere a nadie ni a nada fue una libertad que me tome
Denunciar ante o administrador
Cataluña e de España
0 # RE: A Xornada de Juanillo 07-04-2013Cataluña e de España 10/04/2013 10:45
Non para de chover,unha das consecuencias é que estarán as terras molladas,isto é de perogullo,Pujol desde fai anos montou unha fabrica ou varias de facer diñeiro e non para de chover,pero agora xa quere a Cataluña enteira asi apropiásense ata dos xuíces,ao fillo pillárono en temas de ITV fraudelentas e os millóns de euros que move polo mundo e segue e segue e non para,o matrimonio Pujol esta ben e os catro fillos varóns tamén,que si que estes non teñen que emigrar o mais ir ao estranxeiro para descansar ou para mover diñeiro dun lado para outro
Denunciar ante o administrador
Os cartos de España
0 # RE: A Xornada de Juanillo 07-04-2013Os cartos de España 10/04/2013 10:54
Estes viaxan a Suiza,pero non o fan igual que os nosos emigrantes,este s levan traxes ben forrados,a democracia como dicía o noso amigo Churchil é o menos malo dos sistemas,o mellor aínda non se atopou ou non queren atopalo,recorda r que outro coñecido da historia Hitler chegou democráticament e ao poder,con isto digo que os electores non sempre vemos ben o que pasa,tápannola, non nos din a autentica verdade e estamos desorientados
Denunciar ante o administrador
Agora Urkullu
0 # RE: A Xornada de Juanillo 07-04-2013Agora Urkullu 10/04/2013 11:06
País Vasco,outro amigo o Urkullu,quere o mesmo que Cataluña,queren democracia cando trescentos mil vascos tiveron que marchar da súa terra acolloados e eses non poderán votar,e pide un referendun,de quen dos que pensan igual que o teu,lévano no sangue como o fundador do PNV,Sabino Arana que tiña unha opinión moi especial sobre os galegos
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.