1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Arsernio Iglesias entregou os trofeos do Torneo de Fútbol Mostra do Encaixe 2013

Baixo unha forte chuvia celebrábase na tarde deste xoves 28 de marzo o que foi o Torneo Mostra do Encaixe 2013 que enfrontou a tres conxuntos pertencentes ao Concello de Camariñas. FC Camariñas, Porteño FC e SD Camelle disputaron os encontros respectivos que os enfrontaban entre sí saindo vencedor destos o FC Camariñas de Berto. Xa rematados os encontros as plantillas dos tres equipos desprazáronse ata as instalacións da Mostra do Encaixe onde se celebrou a entrega de trofeos na que actuou de mestre de ceremonias, xunto á concelleira Sandra Ínsua, unha lenda viva do fútbol español como Arsenio Iglesias. O mítico adestrador galego, referente do Deportivismo con maiúsculas e que chegou incluso a adestrar a todo un grande do fútbol mundia como o Real Madrid. Arsenio, que foi convidado a este evento a petición de Sandra Ínsua por outra lenda do fútbol que é Vicente Carril, non dubidou en desprazarse ata a súa querida Camariñas con parte da súa familia e asistir aos encontros que se desputaron neste torneo así como aos diferentes desfiles de moda que se celebraban na Mostra. Noraboa pola iniciativa.

Comentarios   

DOS VIEJAS GLORIAS
+2 # RE: Torneo Mostra do Encaixe 2013DOS VIEJAS GLORIAS 29/03/2013 15:13
Mi homenaje particular a estas dos viejas glorias que merecen una gran consideracion por nuestra parte,Vicente Carril en Camariñas es el futbol que seria de nuestra vila sin esta gran persona y de ARSENIO QUE SE PUEDE DECIR QUE YA NO ESTE ESCRITO,felicid ades a estas dos personas y que la naturaleza nos siga enviando personas tan ilustres.
Denunciar ante o administrador
baleas
+2 # RE: Torneo Mostra do Encaixe 2013baleas 30/03/2013 08:50
E OS rapaces de ftb base tenen k desplazarse ata fisterre para pder disfrutar dun torneo.eché o k eché........
Denunciar ante o administrador
Dos viejas glorias
+1 # RE: Torneo Mostra do Encaixe 2013Dos viejas glorias 31/03/2013 16:23
Que seria del futbol en Camariñas sin Vicente Carril,ya casi creo si no seria el el inventor del futbol y luegocon su maestria Arsenio Iglesia hizo aquel famoso SUPERDEPOR,un abrazo a los dos
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.