1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O FC Camariñas goleou ao Cacheiras a domicilio

Xornada na que cabe destacar a gran victoria do Camariñas en Cacheiras que lle sirven aos camariñáns para dar un paso de xigante para acadar a permanencia. O Porteño e o Camelle non queren perder comba na súa loita titánica por acadar o ascenso á Segunda Rexional e así conqueriron importantes victorias nos seus encontros,, mentras que o Balonmán Camariñas gañou a domicilio ao Rasoeiro nun gran partido e sigue apurando ata o final as suas opcións.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 1-0 NARÓN

Victoria apurada a que acadamos ante o Narón, un conxunto que está desauciado pero que nos puxo as cousas moi difíciles e tan só conseguimos acadar o gol da victoria nos derradeiros minutos. Foi un partido no que nos xogábamos moito, tíñamos que gañar para tratar de seguir na pelexa por entrar no grupo de privilexiados e así o sabíamos. Capelo foi o autor do gol da victoria, unha victoria que nos coloca a cinco puntos da fase de ascenso e quedan 8 xornadas. O Obxetivo xa está acadado, agora soñar é libre e temos un partido vital en Pontevedra ante os da terra do Lérez a vindeira xornada.

CACHEIRAS 1-5 CAMARIÑAS

Gran victoria e gran paso o dado polo Camariñas en Cacheiras nun partido vital e que lle da tres puntos de ouro aos da terra dos Bolillos para escapar un pouquiño máis deses postos de descenso. Sabían os Camariñáns que iba a ser un partido vital e foron a por todas dende o primeiro minuto, así o Camariñas puido diexar sentenciado o partido a media hora pero os erros na definición o impediron, e o Cacheiras empataba o partido a un tanto. Pero foi moito Camariñas para o Cacheiras e tras forzar a máquina, chegaron os outors catro goles para rematar cunha goleada.
Brais Mouzo, Brais Triñanes, Martín e Alex en duas ocasións, foron os autores dos goles do Camariñas. Ten que seguir o Camariñas nesta dinámica para tratar de lograr máis victorias que den maior tranquilidade nos partidos finais do campeonato. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Villestro tras o parón de Semana Santa.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 3-0 MUXIA

Victoria do Porteño ante un combativo Muxía que lle lle puxo as cousas difíciles aos de Gerpe. Tres puntos importantes para o Porteño que non quere deixar escapar ao Independiente nin Camelle neste treito final de tempada. Neste encontro, puídose ver un dos goles da tempada,  Ismael fixo de chilena un gol espectacular, ao máis puro estilo Rivaldo, que lle marcara co Barcelona ao Valencia. Os outros dous goles foron marcados por Pejo e Yuyo que deixaron sentenciado o partido antes do descanso.
Toca descansar este fin de semana, toca recargar pilas para un final de tempada que se antoxa interesantísimo e onde se vai a decidir todo nesta liga de terceira rexional. A vindeira xornada o Porteño descansará, xa que o Fisterra B abandouo a competición.

CASTRELO 1-3 CAMELLE
Victoria do Camelle de Pupus con remontada incluida ante un combativo Castrelo. Adiantáronse os locais, pero o Camelle cando forzou a máquina foi moi superior a un Castrelo que aguantou o que puido, que foi moito, pois faltaban 15 minutos e o resultado era de empate a un tanto, pero nese treito final, o Camelle demostrou que ten dinamita e consegui unha victoria crucial para seguir na pelexa polo título.
Baliña, Tajes e Barreiro foron os goleadores do Camelle. Segue na loita o Camelle có Porteño por alcanzar a un líder que non poderá fallar, pois tanto uns como outros, estarán preparados para arrebatarlle o liderato. A próxima xornada tralo descanso deste fin de semana, o Camelle recibe ao Baiñas.

LAXE 6-1 XAVIÑA
Derrota abultada do Xaviña de Pirucho ante un Laxe que demostrou ser superior de principio a fin. Non tivo moita historia o partido, o marcador xa o di todo e o Xaviña non foi ese conxunto aguerrido que amosou ser a pasada xornada e finalmente rematou sucumbindo ante un Laxe que vai a máis. Gatuso de panalti foi o aotor do gol do Xaviña. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao Alcaián.

LIGA XUVENIL
BAIO 3-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Derrota do Camariñas de Andrés ante o Baio nun partido no que o Camariñas presentouse a xogar con tan só 10 homes e pagouno coa derrota. Pouco puideron facer os Camariñans xogando en inferioridade ante un Baio que foi mellor. Agora comeza o torneo do k.o, no que o Camariñas verase as caras có Cabana.

LIGA CADETE
FISTERRA 2-3 PORTEÑO

Gran victoria do Porteño de Ordóñez en Fisterra nun partido moi disputado e moi emocionante. Sairon sen medos os da Ponte do porto que foron a por todas dende o pitido inicial e finalmente acadaron tres valiosísimos puntos que o sitúan na metade da táboa clasificatoria. A vindeira xornada tralo parón, o Porteño recibirá ao Carnota.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 3-1 BAIO

Partidazo dos pupilos de Vi que gañaron ao Baio dándolle un baño de fútbol e logrando un marcador curto para os méritos que fixeron os Camariñáns, pois de haber tido máis acerto de cara gol, o marcador houbera sido máis amplio. Adrián en duas ocasións e Brais Alonso en outra, foron os autores dos goles das Baleas. Tralo parón, as Baleas verase as caras có líder, o Xallas de Santa Comba que será o próximo rival dos de Vi.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CORCUBIÓN 6-1 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas que acaba así coas esperanzas de poder acadar a permanencia xa que o Nantón logrou a victoria e xa lle saca seis puntos ao Camariñas. Foi moi superior o Corcubión que dominou a placer o partido tal e como demostra o marcador final. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Cabana.

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 1-2 LAXE

Derrota do Porteño ante o Laxe nun partido xogado de poder a poder onde finalmente a maior puntería de cara gol decantou o partido a fovor dos Laxenses. Prantáronlle cara os da Ponte do Porto ao terceiro clasificado e incluso puideron dar a sorpresa se non fallaran tanto pero finalmente non puido ser. A vindeira xornada o Porteño xoga en Muros.

CAMELLE 2-2 MUROS
Partidazo o xogado no Hermanas Patiño onde o Camelle tuteou ao líder, o Muros nun partidazo que rematou en táboas. Foi mellor o Camelle que o líder, pero os Muradáns foron mais efectivos ante o marco rival demostrando que teñen moito gol e por iso van primeiros. O Camelle mereceu mellor sorte pero finalmente tralos 90 minutos houbo reparto de puntos. A próxima xornada o Camelle xoga en Corme.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL
RASOEIRO 20-26 BALONMÁN CAMARIÑAS

Gran partido e victoria dos de Fran Puga a domicilio ante o Rasoeiro nun  gran partido dos camariñans que estiveron moi firmes en defensa e cun gran ataque que lles serviu para gañar o partido con claridade ante un rival que veu como o Camariñas era superior. Segue o  Balonmán Camariñas dando guerra a espera de que fallen os seus rivais para poder achegarse a cabeza, e mentras hai vida hai esperanza. Destacar a actuación de todo o plantel Camariñán, dende o primeiro ao último que o deron todo na cancha.Tralo parón ligueiro, os Camariñáns recibirán ao Seis do Nadal- Coia.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
CARBALLAL 28-16 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota das mulleres de Moncho ante o Carballal nun mal partido das Camariñanas que viron como as locais lles pasaban por encima. Partido no que non estiveron finas nin denfensiva nin ofensivamente e o resultado dio todo. Non está sendo un ano fácil para as Camariñanas que están perdendo máis partidos dos esperados. Toca recargar pilas neste parón ligueiro para recibir próximamente ao Rasoeiro.

Tanto os conxuntos xuvenil masculino como o cadete femenino, descansaron e despois do parón xogarán os seus partido de copa ante o Chapela e o Narón respectivamente.

Ata aquí todo canto dou a xornada. Como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. Agora toca parón polo festexo da Semana Santa e voltaremos de novo en quince dias.

Comentarios   

gol por a escuadra
0 # a nosa historiagol por a escuadra 26/03/2013 19:01
A nosa historia,gol por toda a escuadra,vaia gol mais bonito,agora veremos que pasa,segurament e Pichurri deu un bo pase e Daniel Calvo remato a gol,magnifico gol si non fóra por que un xoga nun equipo e o outro noutro,o que non sabemos foi en que portería entrou o gol,xusto cortou a comunicación da radio eiquí estamos esperando,mentr es outros lanzan campás e bandeiras ao voo,viva a independencia xornalística ,viva a verdade,pero quen di a verdade
non seria mellor que esperasen un pouco para saber a que se lle esta facendo dano,eles veno todo ben,pero non e asi,un fariao mal pero o outro peor
Responder | Denunciar ante o administrador
outro gol
0 # a nosa historiaoutro gol 26/03/2013 19:59
Fue desde ese anuncio -explica el PSOE- cuando a la cooperativa «entráronlle as presas», planteando su alternativa, porque «só se move con ánimo político», y la obra municipal fue «torpedeada» desde el principio, también por el PP. El PSOE ve un nexo entre ambos en la edila del PP Ana Méndez Blanco, que también es la secretaria de la cooperativa, a la que acusan de denunciar el proyecto ante la Diputación, aunque el presidente, Diego Calvo, «nun xesto que lle honra, non cedeu ás presións e mantivo a subvención».
Responder | Denunciar ante o administrador
mais goles
0 # a nosa historiamais goles 26/03/2013 20:14
PORDiego Calvo, «nun xesto que lle honra, non cedeu ás presións e mantivo a subvención».
El PSOE asegura que no está en contra de que la entidad funeraria construya su tanatorio, pero añade que «non pode consentir» que «intente tirar abaixo a súa construción do municipal, que tanto traballo custou conseguir, e que é tan necesario».
La ejecutiva local del PSOE de Camariñas acusó ayer a la cooperativa funeraria de torpedear el tanatorio municipal, cuyas obras están en marcha en un terreno de la calle Muíño do Vento, y que decidieron denunciar en el juzgado, como acordó inicialmente la junta directiva y hace unos días ratificó la asamblea de socios.
Los socialistas recuerdan que en el 2007 llevaron en su programa que, si la iniciativa privada no lo lograba, el Concello construiría uno, algo que ocurrió al ver que la cooperativa «non era quen» de sacarlo adelante. Logró, dice, una ayuda de la Diputación, además de los terrenos, sin coste para los vecinos, donado por una fundación.
Fue desde ese anuncio -explica el PSOE- cuando a la cooperativa «entráronlle as presas», planteando su alternativa, porque «só se move con ánimo político», y la obra municipal fue «torpedeada» desde el principio, también por el PP. El PSOE ve un nexo entre ambos en la edila del PP Ana Méndez Blanco, que también es la secretaria de la cooperativa, a la que acusan de denunciar el proyecto ante la Diputación, aunque el presidente, Diego Calvo, «nun xesto que lle honra, non cedeu ás presións e mantivo a subvención».
Responder | Denunciar ante o administrador
busca a verdade
0 # a nosa historiabusca a verdade 26/03/2013 20:18
hai que dicilo todo,non se pode mentir,o diñeiro é de todos nós e hai que mirar onde se pon,estamos de acordo ou miramos para as nubes como certo señor que esta mentindo sempre sen dicir a verdaera verdade
Responder | Denunciar ante o administrador
e atoparala
0 # RE: A Xornada de Juanillo 24-03-2013e atoparala 26/03/2013 20:22
hai que dicilo todo,non se pode mentir,o diñeiro é de todos nós e hai que mirar onde se pon,estamos de acordo ou miramos para as nubes como certo señor que esta mentindo sempre sen dicir a verdaera verdade
Responder | Denunciar ante o administrador