1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Borja no momento de rematar o que sería o gol que deu a victoria ao Xaviña

Despedíose o inverno cun  mal fin de semana de resultados para os nosos conxuntos onde tan só o Balonmán Camariñas na fase de ascenso a Primeira Nacional e o Xaviña en fútbol, obtiveron victorias. Especialmente impactante foi o triunfo dos pupilos comandados por Isaac Caamaño, o home ao que lle cabía un club de fútbol enteiro nos miolos, que acadaba un resultado desacostumado de 6-5 a enmarcar para os anales do balompé da Costa. E así mentras na volcánica Illa de Arousa o Ordes de Juanillo empataba ante o Céltiga, o FC Camariñas daba un perigoso traspés nas súas opcións de manterse na categoría e o Porteño recibía un duro e inesperado correctivo en Corcoesto. Polo que respecta ao noso deporte femenino, destacar o empate do equipo senior femenino de balonmán que rompe deste xeito unha racha negativa.

TERCEIRA DIVISIÓN
CÉLTIGA 1-1 ORDES

Novo empate o que acadamos na Illa de Arousa e xa van 4 consecutivos, nun partido onde fomos mellores que o rival e no que tivemos máis ocasións, pero non estivemos acertados no remate final. Partido no que o gran protagonista foi o vento reinante durante todo encontro que provocou que se vira un bonito espectáculo, eso, unido ao lamentable estado do terreo de xogo, dificultou moito o labor de uns e outros.
Adiantámonos no marcador nos minutos iniciais cun gol de Capelo, pero pronto nos empataron nun erro defensivo en cadea. A partir de ahí, fomos dominando o rival e creando algunha ocasión, duas moi claras que puideron significar a victoria si chegáramos a marcar pero desafortunadamente non foi así. Seguimos nos postos de cabeza, a cuarta praza témola a catro puntos e trataremos de loitar por acadala, sabendo que o obxetivo de inicio de tempada está acadado. A vindeira xornada recibimos ao Narón.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 0-1 PILOÑO

Derrota dolorosa do Camariñas ante un rival directo por evitar o descenso como é o Piloño. Foi un partido raro, no que os rivais adiantáronse no marcador nada máis comezar o partido e a partir de ahí adicáronse a defender e a tratar de manter o marcador e conseguírono. Tivo o Camariñas ocasións para empatar, pero non conseguío materializar ningunha delas, unhas veces a mala fortuna e outras a imprecisión nos momentos finais, impediron que o marcador fose outro.
Está o Camariñas nunha situación perigosa, ven é certo que as derrotas do Ponteceso e Fisterra beneficiaron ao conxunto de Berto que ainda non conseguío estrearse cunha victoria na casa feito que fai que o Camariñas teña un partido que pode ser vital ante o colista, o Cacheiras a próxima xornada, na que si gaña pode dar un paso de xigante para acadar a ansiada permanencia.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 6-5 CORISTANCO

Victoria do Xaviña de Pirucho nun partido de tolos, onde o Xaviña desperdiciou unha ventaxa de catro goles e conseguiu a victoria nos minutos finais. Borja foi o auténtico protagonista do partido conseguindo un hat-trick, o sexto e definitivo gol foi seu, gol que lle daba a victoria e tres puntos para un Xaviña que rompe deste xeito unha mala racha de resultados, sete derrotas consecutivas que quedaron atrás. Bieito, Gatuso e o Moro, foron os autores dos outros tres goles do Xaviña. A próxima xornada o Xaviña xoga en Laxe.

CORCOESTO 4-1 PORTEÑO
Derrota inesperada a priori do Porteño de Gerpe ante un rival que parecía asequible pero que finalmente gañoulle aos da Ponte do Porto aproveitando a xogada clave do partido, a expulsión do gardamallas do Porteño Pablo que deixaba aos seus con 10 e na portería un xogador de campo. A partir de ahí chegaron os dous primeiros goles dos locales, pero Marío acurtou distancias marcando o dous a un e tivo o empate, pero un defensa local sacou baixo os paus o balón cando se cantaba gol. A partir de ahí, chegarían outros dous goles dos locais.
Está agora o Porteño a seis puntos do líder, o Independiente de Carballo  e empatados a puntos có Camelle na segunda posición da táboa clasificatoria, tendo que recibir o Porteño tanto aos Carballeses como aos Camelláns no seu campo da Grixa. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Muxía.

CAMELLE
Descansou o Camelle que xogará en Vimianzo ante o Castrelo a próxima xornada.

COPA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 1-5 LAXE

Derrota do Camariñas de Andrés ante o Laxe nun partido no que os Camariñáns non estiveron ao nivel esperado e finalmente foron superados por un Laxe que foi merecedor da victoria. Carlos González marcou o gol do Camariñas. A vindeira xornada o Camariñas xogará en Baio, será a derradeira xornada de competición desta tempada para os camariñáns.

LIGA CADETE
PORTEÑO 5-2 BAIO

Victoria do Porteño de Ordóñez ante o Baio nun partido no que os locais foron mellores e dominaron aos visitantes durante os 90 minutos de xogo. Fixeron un gran traballo os da Ponte do Porto, traballo que tivo os seus froitos en forma de goles e dunha victoria moi merecida que rompe unha racha de derrotas que viñan arrastrando. A próxima xornada o Porteño xoga en Fisterra.

LIGA INFANTIL
OS MIUDOS 3-3 AS BALEAS

Empate das Baleas de Vi nun partido no que o adestrador Camariñán non está moi contento có partido realizado polos seus, xa que foron superiores ao rival en todo menos no máis importante, no marcador final. Tiveron máis ocasións os nosos mentras que o rival estivo máis atinado de cara a portería, pois con menos ocasións de gol, acadou os mesmos tantos que os de Vi. A vindeira xornada As Baleas reciben ao Baio.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-1 XUV. BERGANTIÑOS

Derrota do Camariñas ante o Xuv. Bergantiños nun partido no que o Camariñas deuno todo no campo pero finalmente non puido sacar nada positivo. Sabía o Camariñas que era un partido importante, unha oportunidade para acurtar distancias co Nantón e saleu a por todas, pero lamentablemente para eles, non tiveron a fortuna de cara e ramataron o partido de valeiro. A próxima xornada o Camariñas xoga en Corcubión.

SEGUNDA DIVISIÓN
PONIENTE 1-1 PORTEÑO

Empate do porteño a domicilio ante o poniente nun partido moi igualado e debido a tal igualdade rematou como era de esperar, en táboas. Un puntiño para os da Ponte do porto que a vindeira xornada reciben ao Laxe.

LAXE 2-0 CAMELLE
Derrota do camelle en Laxe ante o conxunto local por dous goles a cero nun regular partido do Camelle onde non estiveron ao nivel que soen estar. A próxima xornada o Camelle recibe ao líder, o Muros.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-26 ARTAI-POIO

Victoria do Balonmán Camariñas de Fran Puga nun partido no que os Camariñáns tiveron dominado a pesar de rematar o partido cun marcador axustado. Victoria para seguir apurando as opcións de ascenso que sendo realistas son poucas pero non está a cousa imposible, e máis con este equipo que nos ten acostumado a alcanzar grandes logros. Non se vai deixar ir o Camariñas neste treito final de fase e vai loitar ata o final. A vindeira xornada os camariñáns visitarán ao Rasoeiro.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 21-21 PABELLÓN INDOMOGAL OURENSE

Empate das mulleres de Moncho que lles deixa un sabor agri-doce xa que era un partido no que parecía que ían acadar a victoria, pero finalmente as visitantes lograron levarse para Ourense un puntiño. Foi un partido no que a incertidume do resultado durou ata o derradeiro segundo do mesmo, onde a emoción final foi moi grande pola incertidume do marcador electrónico. A próxima xornada as camariñanas xogan como visitantes ante o Carballal.

COPA XUVENIL MASCULINA
Aprazouse o partido que tiñan que disputar os xuvenís Camariñáns ante o rasoeiro e a vindeira xornada xogarán en Ourense ante o Pabellón Ourense.

COPA CADETE FEMENINA

Aprazouse o partido das Camariñanas que descansarán a próxima xornada.

Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!!!

Comentarios   

un xaviñan
+5 # poñede unha televisionun xaviñan 20/03/2013 16:34
poñede unha tele para ver os partidos repetidos,mal o Camariñas e o Porteño,tuvo que ser un partido de moitos nervios o de Xaviña 11 goles
Responder | Denunciar ante o administrador
OS CORREMUNDOS
+3 # ESCRIBES E PASA ISTOOS CORREMUNDOS 20/03/2013 18:17
Hoxe nos gustaria preguntarlle quen e o personaxe bastante devaluado ,segun a sua libre opinion ou non ten libre opinion,veña home,sexa home un so dia,non sabe vostede a satisfacion coa que se atopa un cando di EU SON UN HOME,un home non un mequetrefe que por un caramelo poñome a chorarcomo os nenos ou as nenas,non queremos que nos chamen nin machistas nin feministas,temo s que coidar o lenguaxe.A pregunta repitolla.....Q UEN É O PERSONAXE BASTANTE DEVALUADO
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Ramon Alvarez
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 17-03-2013Juan Ramon Alvarez 21/03/2013 15:12
Estamos todos esperando que se acabe lo del Nautico para hablar de otras noticias y decirle a OS CORREMUNDOS que no creo que le conteste,el esta a su bola y a sus tonterias,pero ya vemos a quien defiende cada lista,suerte a todos,
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Rodriguez
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 17-03-2013Manuel Rodriguez 21/03/2013 15:15
Ya se notan los días en los partidos de fútbol ya son mas grandes y aun da para un poquito mas el invierno muy feo es ,por lo menos para mi y este fue duro mira que no paro de llover,tenemos agua para todo el año,ahora que nos venga un buen verano para ir a la playa que ya estoy perdiendo todo el moreno,al final en tu puerta no te hicieron mucho estropicio no es asi Diego
Responder | Denunciar ante o administrador
229.000 euros
0 # RE: A Xornada de Juanillo 17-03-2013229.000 euros 21/03/2013 15:52
Para el Sepulveda ,el ex de Ana Mato,pero a donde vais,a donde nos llevais,pobre camionero,se rien de nosotros en nuestras narices,si los jueces investigan a fondo se encuentran mierda por todos los lugares,fijaros el sindicalista con lso 84.000 en casa y aun va a decir que los tenia porque le tiene miedo al corralito,el Alemania dimiten por copiar en un examen en Inglaterra por una mentira en una multa y aqui tenemos que oir cosas raras de personas jovenes que no quieren ver el mundo
Responder | Denunciar ante o administrador