1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Xaviña apura a súa terceira temporada na implacable competición federadaNova xornada deportiva e xa van quedando poucas para o remate das competicións, onde cabe destacar a gran victoria do Camariñas a domicilio ante un rival directo para evitar o descenso, o Amio. Na terceira rexional o Porteño acadou unha importantísima e traballada victoria mentres que o Camelle voltou a perder ao igual que o Xaviña. No balonmán destacou a victoria dos camariñáns a domicilio na fase de ascenso mentras que o plantel femenino caia con contundencia.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 0-0 NEGREIRA

Partido durísimo e moi disputado onde acadamos un empate sen goles ante o Negreira que nos serve para sumar un novo punto. Foi un partido sen moitas ocasións de gol, cun primeiro tempo no que estivemos moi imprecisos e sen estar ao noso nivel actual. Na segunda metade fomos mellores, tivemos algunha ocasión para marcar pero desafortunadamente non acertamos a materializalas.
Seguimos na parte alta da táboa clasificatoria pero o terceiro e cuarto clasificado agora xa nos levan cinco e catro puntiños respectivamente, pero seguiremos intentando dalo todo nos próximos partidos para tratar de estar  o máis preto posible dos postos de privilexio, pero sabendo que somos un equipo humilde e que o obxetivo marcado a principios de tempada está cumplido, e que estar onde estamos é debido ao gran traballo que estamos a facer entre todos. A vindeira xornada xogamos na Illa de Arousa ante o Céltiga.

PRIMEIRA REXIONAL
AMIO 0-1 CAMARIÑAS

Gran victoria do Camariñas en Santiago ante o Amio, un rival directo, que lle sirven aos Camariñáns para sumar tres puntos vitales para sacar un pouco o pescozo e poder respirar con máis tranquilidade nesa loita por evitar o descenso. Mereceu un mellor resultado o Camariñas xa que fallou moitas ocasións de gol, ocasións clarísimas, que puideron deixar sentenciado o partido  no descanso, pero a falta de punteria foi clave, motivo polo cal a pesar de que os locais non tiveron ocasións claras, si acabaron meténdolle o medo no corpo aos da terra do Encaixe debido a curta ventaxa que tiñan no marcador.
Brais Triñanes foi o autor do gol do Camariñas que lle dou tres puntos e o situan con 29 na clasificación, 5 por enriba do descenso pero coidado que pode haber arrastres e o Ponteceso é o cuarto pola cola situado a dous puntos dos Camariñáns que a súa vez está a tan só un puntiño do seu próximo rival, o Piloño, que visitará a Hermanas Patiño a próxima xornada e unha victoria sería clave para deixar outro rival atrás e poder pasar a outros rivais que están tan só un e dous puntos por enriba na clasificación.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 1-0 CERQUEDA

Victoria importantísima do Porteño de Gerpe ante un duro rival que veu ao campo da Grixa a defender e a tratar de levarse un puntiño, pero pese ao entramado defensivo que preparou o Cerqueda, ao final non lle serviu para nada. Estivo asediando a portería contraria todo o partido o Porteño, pero unha e outra vez non acertaba a marcar. Yuyo, Mené e David Toja, tiveron ocasións para facelo, pero a fortuna non estivo de cara.
Tivo que ser a falta de cinco minutos, cando tras tres córners consecutivos, David Toja marcaba o gol da victoria e daba os tres puntos para os de Gerpe. Chegaba así o premio merecido, facíase xusticia deste xeito despois de ver o acontecido no choque. Segundo é o Porteño empatado a puntos có Camelle a tan só 3 puntos do líder, o Independiente de Carballo. A vindeira xornada o Porteño visita ao Corcoesto.

CAMELLE 0-2 LIRA
Derrota do Camelle de Pupus nun partido no que todo lle saiu mal ao Camelle e perdeu o seu partido para sorpresa de moitos. Dominou o Camelle que mesmo dispuxo de ocasións clarísimas que non atinou a convertir en gol, non era o día. Normalmente no mundo do fútbol hai unha máxima, o que perdoa, acábao pagando, e así foi, o Camelle non acertou a marcar e pola contra o Lira, nas duas veces que chegou a porta conseguíu marcar e levarse finalmente os tres puntos.
Non ten que empañar esta derrota a gran tempada que están a facer os de Camelle que seguen segundos na táboa clasificatoria , empatados có Porteño a puntos e a tan só unha victoria do líder, o Independiente. A próxima xornada o Camelle descansará.

SONEIRA B 2-0 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pirucho nun partido xogado nunhas condicións climatolóxicas extremas e na que o árbitro perxudicou ao Xaviña. Foi un partido con dominio alterno, no que o Xaviña controlou ao rival e así se chegaba ao remate da primeira metade con empate sen goles.
Todo cambiou cá xogada polémica do partido, có primeiro gol do Soneira B que chegaba en posición de fora de xogo que caeu como unha lousa no conxunto Xaviñán que intentou o empate a base de xogadas a balón parado, pero non conseguíu perforar a meta contraria. A puntilla chegoulle nos minutos finais, cando o vento axudou a que un xogador local marcase o segundo gol ao final do choque. A vindeira xornada o Xaviña recibirá ao Coristanco.

COPA DA COSTA XUVENIL
OUTES 8-1 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Derrota dos xuvenís Camariñáns que dirixe Andrés ante o favorito de grupo, o Outes nun partido no que o Camariñas comezou gañando cun gol de penalti marcado por Sergi, e dando a sensación de que podían dar a sorpresa diante do favorito, pero non foi así. O Outes veuse arriba e pasou por encima dun Camariñas que tralo segundo gol local, afundíuse e deixouse ir encanxando unha goleada. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Laxe.

LIGA CADETE
PONTECESO 4-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño de Ordóñez en Ponteceso nun partido no que parecía que os da Ponte do Porto podían traer algo positivo pero non foi así. Foi un partido dominado polos locais, quenes saíron ao terreo de xogo máis metidos no partido e no que puxeron máis gañas para levarse o encontro como así foi. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Baio, un rival que está situado na táboa clasificatoria or deibaixo do Porteño e ao que lle poden gañar.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 7-3 CORME

Gran partido e victoria merecidísima das Baleas de Vi que gañaron con comodidade e claridade ao Corme. Sairon ao terreo de xogo os rapaces de Vi coas ideas moi claras, combinando moito e facendo un gran fútbol como lle gusta ao seu adestrador e así as ocasións non tardaron en chegar e con elas os goles. Están pasando por un gran momento de forma e de xogo os rapaces das Baleas e así se pode comprovar nos últimos resultados que están acadando, onde lle están a gañar con contundencia aos seus rivais. A próxima xornada As Baleas xogarán como visitantes ante Os Miudos.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
SAN ROMÁN 4-3 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas nun partido que xogaron a un gran nivel e no que non tiveron a pizca de fortuna necesaria para lograr un resultado máis positivo. Está o Camariñas mellorando a pasos axigantados neste treito final de liga, tratándose de aferrarse a categoría con uñas e dentes como así o están a demostrar. Este é o Camiño a seguir e a salvación pódena conseguir mantendo este nivel nas últimas cinco xornadas que quedan. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Xuv. Bergantiños.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-2 PONIENTE

Empate do Camelle nun partido no que parecía que o tiña gañado pero no que finalmente debido a estar demasiado confiados, acabaron empatando ante un rival que era inferior. Pepe conseguiu os dous goles para o Camelle, o segundo deles un auténtico golazo que xa quixeran para si, os xogadores profesionais. Empate e un puntiño para seguir sumando neste final de liga no que o Camelle quere rematar no máis alto posible da clasificación. A próxima xornada o Camelle xoga en Laxe.

PORTEÑO
Descansou o Porteño que terá como rival a domicilio ao Poniente a próxima xornada.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL
VIÑA COSTEIRA 27-29 BALONMÁN CAMARIÑAS

Victoria a domicilio dos homes de Fran Puga que lograron unha gran victoria ante un rival que quixo apretar aos nosos ata o final. Partido completo dos nosos tanto en ataque como en defensa no que demostraron todo o nivel que atesouran. Tres puntiños máis para os conserveiros que están a espera de que os seus rivais fallen para ter algunha opción nesta fase de ascenso, opcións que son excasas  sendo realistas pero mentras as matemáticas non digan o contrario, teñen que intentar loitar por telas. A vindeira xornada os Camariñáns recibirán ao Poio-Artai.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
S.A.R. 37-13 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota das mulleres de Moncho nun partido no que o marcador xa o di todo. Moita foi a superioridade das locais que impuxeron o seu ritmo de xogo de principio a fin e no que as camariñanas pouco puideron facer. Necesitan un resultado positivo as nosas para cambiar esta dinámica negativísima e pódeno facer a próxima xornada na que reciben ao Pabellón Indomogal Ourense.

COPA XUVENIL MASCULINA
Comeza a copa xuvenil este próximo fin de semana no que o Balonmán Camariñas recibe ao Rasoeiro.

COPA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-7 ACALUBA

Partidazo das cadetes Camariñanas que derrotaron fácilmente as Luguesas da Caluba nesta segunda xornada da copa cadete femenina. Decir que na primeira xornada, as nosas xa derrotaran ao Ártabro por 33 goles a 26. Están nun gran momento as nosas cadetes e demostrárono na pista onde barreron dende o pitido inicial a unhas Luguesas que non sabían como parar os ataques Camariñáns. Están as Sara , Karen, María e compañía nun momento doce de forma que unido a calidade de levan dentro,
fanas ser un rival temible. A vindeira xornada as nosas xogarán en Santa Comba ante o Balonmán Xallas.

Esto foi todo canto dou a xornada na que coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. Un saúdo especial para o xogador xuvenil do Camariñas, Martín, ao que lle desexamos unha pronta recuperación e que pronto volte a facer o que máis lle gusta, XOGAR AO FÚTBOL.

Comentarios   

Moncho de Dios
+4 # RE: A Xornada de Juanillo 10-03-2013Moncho de Dios 13/03/2013 22:04
Siempre tienen que existir iluminados y también personas dormidas que nunca despertaran y es una pena,yo soy del PP y lo digo para que a nadie se le olvide,pero luego como es lógico alguien tiene que ganar y por sentido común gobernar, ahí es donde empieza el gran problema,¿que es mas importante? ¿el partido? o las circunstancias que a todos nos atañen,¿quien es el iluminado?el que ve que existe Barcenas o el que no,el que ve al PSC o el que no,algunas veces tenemos que iluminar las aceras para ver por donde vamos y no vivir con los ojos completamente cerrados que es como nos quieren,es muy importante y lo repito hasta la saciedad, elegir personas preparadas y que sean muy honestas,con buenos políticos España saldrá de la crisis,con malos nos hundiremos y eso a todos los niveles ,empezando por una sencilla asociación de vecinos hasta el presidente de gobierno
Responder | Denunciar ante o administrador