1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O secreto dos campións de atletismo: Centolo da Ría de Camariñas

Nunca se vío tal nunha competición deportiva en Camariñas: campeóns nacionais participando en probas atléticas. Entre eles tres pesos pesados do atletismo patrio: Lolo Penas, actual campeón de España de 5.000 e 10.000 metros/pista e de 10 km en ruta, Alejandro Fernández Rivera, subcampeón de España de 5.000 metros, campeón de Galicia de 10 km en ruta e Pedro Nimo, actual campeón galego de Cross. E como non podía ser doutra maneira os mesmos e na orde indicada coparon os postos do podio atlético camariñán. Todo elo nunha proba, a categoría adulta, que poñía o broche de ouro á VII edición da Carreira Pedestre da Costa da Morte, a cal organizada exitosamente polo xornal El Correo Gallego e o Concello de Camariñas levou ata a Vila das Palilleiras a máis de 600 participantes que percorreron unha ruta que quedará grabada nas súas memorias como unha das máis fermosas e paradisíacas polas que correron nunca, cun ambientazo de público polas rúas que sumou colorido e animación ás distintas carreiras e que fixo que o noso concello se vaia convertindo pouco a pouco nun referente de organización de eventos deportivos. O legado, histórico e insuperable, de Juan Manuel Cabrejo Pasantes parace non caer no olvido e constitúe a base inmellorable dende a que progresar para un radiante futuro.

Engadir un comentario