1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camariñas tan só conseguíu un empate a dous contra o Fisterra

Xornada mala en liñas xerais para os conxuntos do noso Concello, onde salvo o Porteño en categoría senior, non houbo ningunha victoria dos nosos. Así o Camariñas acadaba un empate no Hermanas Patiño ante o Fisterra e fía gran parte da súa sorte no campeonato ao vindeiro encontro contra un rival directo na loita pola permanencia como o Amio. Peor lle foron as cousas ao Camelle en Carballo onde con polémica arbitral incluida caía ante o Independente. E para completar este cuadro tenebroso o Club Balonmán Camariñas caía en casa pola mínima ante o S.A.R. Redondela. Non comenzou demasiado ben o mes de marzo deportivo no Concello de Camariñas.

TERCEIRA DIVISIÓN
VILALBÉS 1-1 ORDES

Empate e un puntiño máis o que acadamos en Vilalba no tempo de desconto ante un conxunto, o Vilalbés que nos desquiciou a base de patadas. Ao remate do partido, máis parecía un vestiario que viña da guerra que de xogar un partido de fútbol, pois Juan acabou con fractura de tabique nasal, Capelo con un esguince de "cabalo" no seu nocello dereito, eu cunha lesión no ligamento lateral interno da rodilla......e todo debido as entradas dun equipo que roza a violencia e que logo se queixa que lle expulsan a xogadores.
Certo é que non fixemos un bo partido, o rival estaba pechado atrás para buscar as contras mentres que nós non éramos capaces de crear ocasións, eso, unido a que no minuto 5 de partido o ábitro sinalou como penalti un forcexeo entre un compañeiro noso e un rival (puido ser penalti, pero si se pitan ese tipo de penas máximas, hai que pitar 10 en cada partido) que significaba o 1-0 no electrónico, fixo que se nos compricase moito o encontro e só nos minutos finais fomos quen de empatar o partido. Nacho, o noso goleador, foi o autor do gol do empate.
Ao final, un punto que nos custou moi caro, pois o parte de lesionados é importante, eso unido a que a plantilla é moi curta, fai que o vindeiro encontro no que recibimos ao Negreira, vaia ser moi complicado sacalo adiante, si ben é certo que de acadar a victoria podemos dar un paso de xigante para tratar de meternos nos postos de arriba, xa que hai encontros entre rivais directos que se enfrontan entre si.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-2 FISTERRA

Empate do conxunto de Berto que suma un punto maís para loitar por sair dos postos de perigo. Derbi xogado con moita intensidade no que ámbolos conxuntos se xogaban moito, e que finalmente rematou en táboas. Adiantouse o conxunto Fisterrán que marcou a balón parado o cero a un, pero a ledicia do gol do Fisterra, convertíase en tristeza e preocupación cando nunha xogada fortuita o porteiro Fisterrán tivo que abandoar o terreo de xogo e un xogador de campo ocupou a porteria, xa que os visitantes non tiñan meta suplente.
Esa situación aproveitouna o Camariñas para marcar dous goles, un de Brais Triñanes a saída dun córner e o segundo de de la Sierra que disparou dende moi lonxe e maraba cando o meta visitante pensaba que o balón iba fora. Todo estaba de cara, pero o Fisterra veuse arriba e novamente a saída dun córner conseguía empatar o partido e nos minutos finais tivo ocasións claras para gañar pero afortunadamente para o Camariñas, non conseguiron acertar a marcar. Ten un partido trascendental o Camariñas o próximo fin de semana ante o Amio, conxunto que está dous puntos por enriba dos nosos e unha victoria sería crucial para sair dos últimos postos e adiantar a un rival directo.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 3-5 PORTEÑO

Derbi por todo o alto entre o Xaviña de Pirucho e o Porteño de Gerpe que se decantou polo lado dos da Ponte do Porto. Saiu o Porteño a por todas e dominou a un Xaviña que cando se quixo enterar do partido xa tiña tres goles no lombo. Yuyo por duas veces e Iago, adiantaban ao cadro visitante que parecía que deixaba o partido sentenciado. Antes do descanso, Dani acadaba o 1-3.
Na reanudación, David Toja anotaba o cuarto para os da Ponte do Porto, pero o Xaviña veuse arriba e cos goles de Lalá e Borja parecía que a remontada podería ser `posible, pero finalmente Asier, marcaba o quinto para os de Gerpe e deixar sentenciado o partido e sumar tres puntos que acercan ao Porteño a tan só tres puntos dos líderes Camelle e Independiente de Carballo. Chega o tramo final da tempada no que o Porteño xa pasou o seu bache e vai a por todas, mentras que o Xaviña ten que conseguir unha victoria para romper unha mala racha de resultados que leva arrastrando últimamente. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Vimianzo ante o Soneira B e o Porteño recibe ao perigoso Cerqueda.

INDEPENDIENTE DE CARBALLO 3-0 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus en Carballo ante o Independiente nun partido onde os Camelláns non estiveron ben e non foron o equipo que acostuman a ser. Era un partido no que o Camelle podía deixar a un rival directo polo ascenso tocado, pero finalmente non puido ser así, e agora están empatados no primeiro posto da clasificación. Están en Camelle indignados pola actuación dos afecionados locais, xa que durante todo o partido, a afición local, situouse detrás da portería defendida por Porrua insultando e encendendo bengalas que afumaron constantemente ao porteiro Camellán. Non queren excusas en Camelle pola derrota, pero si que dende aquí digo que a federación debería tomar cartas no asunto das bengalas, xa que están prohibidas nos recintos deportivos e máis cando se usan para molestar ao porteiro rival. Dito esto, o Camelle ten que olvidar esta derrota e centrarse na próxima xornada na que recibe ao Lira ao que ten que gañar para seguir arriba na táboa clasificatoria.

COPA DA COSTA XUVENIL
MUXÍA 3-3 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Empate do Camariñas de Andrés que deixou escapar unha victoria que tiña prácticamente amarrada xa que iba gañando por cero goles a tres e finalmente o cadro Muxián, logrou remontar e empatar o partido. Non estivo o Camariñas moi fino en canto a xogo, entre outras cousas porque o campo era unha auténtica leira de patacas, pero mereceu máis que o rival. Sergi con dous goles e Javi con un, foron os autores dos goles do Camariñas que incluso marrou unha pena máxima. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Outes.

LIGA CADETE
PORTEÑO 5-6 CABANA

Derrota do Porteño de Ordóñez nun partido tolo no que houbo 11 goles!!!. Foi un partido de ataque total, onde as dianteiras  impuxéronse as defensas e donde os da Ponte do Porto tiveron ocasións para acadar un mellor resultado ante un rival que é dos galiños da competición. Unha pena que o esforzo dos rapaces do Porteño non obtiveran recompensa xa que a merecían. A próxima xornada o Porteño xoga en Ponteceso.

LIGA INFANTIL
MUXÍA 2-8 AS BALEAS

Gran victoria dos rapaces de Vi en Muxía onde acadaron unha clara victoria arrasando ao conxunto Muxián ao que lle endosaron nin máis nin menos que oito goles. Non estaba o terreo de xogo en condicións para a práctica do fútbol, pero os de Vi posuen unha calidade esquisita e adaptáronse perfectamente ao mal estado do terreo de xogo facendo xogadas de moito mérito onde moitas delas remataron en gol. A vindeira xornada As Baleas recibe ao Corme.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-1 ZAS

Empate do Camariñas ante o Zas nun partido onde o Camariñas mereceu algo máis que ese empate. Non quere dar o brazo a torcer e cando moitos dábamos por descendido ao Camariñas dende fai moitas xornadas, estes xogadores están dando todo para evitalo e están a tan só tres puntos do Nantón. Querer é poder, e así o vai demostrando o Camariñas cada xornada que pasa. Ogallá sigan sumando e poidan finalmente lograr esa ansiada salvación. A próxima xornada o Camariñas xoga como cisitante ante o San Román.

SEGUNDA DIVISIÓN
MALPICA 1-0 PORTEÑO

Derrota pola mínima do Porteño en Malpica nun partido onde os da Ponte do Porto lle prantaron cara ao Malpica e no que de estar un pouco máis atinados de cara a porta contraria, o resultado houbera sido distinto. O Porteño ten que ir a por todas nestes últimos partidos que quedan para tratar de quedar no mellor posto posible da táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Porteño descansará.

CAMELLE
Descansou o Camelle que a próxima xornada recibe ao Poniente.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA NACIONAL.
BALONMÁN CAMARIÑAS 24-25 S.A.R. REDONDELA

Derrota dos pupilos de Fran Puga nun partido que tiñan controlado e no que finalmente acabaron sucumbindo ante os de Redondela por un gol. Comezaron ben os Camariñáns, dominando o  xogo e o marcador, facendo bos balances ataque -defensa onde superaban a un rival que via como os Camariñáns eran mellores. Cambiaria a tónica do partido na segunda metade, os visitantes aproveitaron os contínuos trocos no conxunto local para acercarse no marcador e o que é peor, para gañar finalmente o partido por un solitario gol. Derrota que afasta aos Conserveiros dese soño por loitar novamente por ese ascenso xa que o líder escápaselle a 3 victorias. A vindeira xornada o Balonmán Camariñas visitará ao colista, o Viña Costeira.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 26-30 BUEU AT.

Derrota das mulleres de Moncho que desta vez caeron diante das de Bueu por 4 goles de diferencia. Foi un partido onde as Camariñanas estiveron ben en determinadas fases do choque, pero no que erraron nos momentos cruciais do mesmo no que as visitantes estiveron máis atinadas en ataque e donde conseguiron marcharse no marcador para non pasar apuros no treito final do partido. Non están colleitando bós resultados as de Moncho, pero con traballo e gañas, seguro que esta mala dinámica de resultados pola que están a pasar, cambiará. A próxima xornada as Camariñas xogarán en Redondela ante o S.A.R.

LIGA XUVENIL MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 12-34 CHAPELA

Derrota clara e contundente dos xuvenís Camariñáns que perderon por goleada ante un rival que foi moi superior de principio a fin. Deste tipo de encontros os rapaces Camariñáns teñen que aprender, xa que o rival e moi superior e pouco se pode facer. Rematou a liga onde os nosos xuvenís foron de menos a máis e hai que felicitalos polo traballo dispensado e a ilusión coa que afrontaron cada partido pese a perder moitos deles.

Esto foi todo canto dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU contoulles todo canto sucedeu cós nosos conxuntos. Un saúdo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!.

Comentarios   

Manuel Romero
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 03-03-2013Manuel Romero 06/03/2013 16:42
Parece ser que el personal esta cansado del dia de ayer,el partido de futbol fue un poco raro,tuvo dos partes,la primera hasta la expusion y la segunda despues,unos dicen que esta bien la roja ,otros que llegaba con la amarilla lo unico bueno fue que paso un equipo español y asi podremos seguir viendo mas partidos del campeonato
Responder | Denunciar ante o administrador
Mundo Insolito
+1 # Estados UnidosMundo Insolito 06/03/2013 17:45
En Estados Unidos,el presidente Barack Obama tuvo que pelear uno a uno los votos de su propio partido para aprobar la polémica reforma sanitaria.Y en su momento Tony Blair tuvo que ganarse el voto de los laboristas para lograr el apoyo para la guerra en Irak.En estos países no hay disciplina de voto y cada parlamentario responde directamente ante sus ELECTORES.En España,en cambio esta decidido de antemano el resultado de las votaciones.para conocerlos basta con contar el numero de escaños de cada grupo.Mi apoyo a Moncho por su lucha desinteresada
Responder | Denunciar ante o administrador
Mundo Insolito
+2 # votos a huevoMundo Insolito 06/03/2013 17:59
lo peor es cuando en España un diputado tiene que votar contrario a lo que figuraba en las promesas electorales,tal como en estos momentos se encuentra la situación podrían votar los portavoces y decir tengo tantos diputados señor presidente de la cámara. Insólito verdad que un hombre considerado preparado y elegido para representarnos sea un lameculos del partido,pero en España es así y si no esta usted de acuerdo ya se encargan los presidentes de turno provinciales(de todos los partidos)para decirle NO.DISCIPLINA DE VOTO O A LA CALLE Y LOS VOTANTES NO SOMOS NADIE.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mundo Insolito
+1 # que opinan los juristasMundo Insolito 06/03/2013 18:10
Diversos juristas coinciden en que la disciplina de voto no es otra cosa que una consecuencia del sistema electoral de LISTAS CERRADAS.La legitimidad del partido para dar directrices al militante-repre sentante quedaría reducida si hubiera sido elegido en un sistema de LISTAS ABIERTAS o incluso de pequeñas circunscripcion es con elección de un único representante.D ice Jose Antonio Montilla catedrático de derecho constitucional de la universidad de Granada.Se trataria,en definitiva,de reforzar la vinculacion directa del diputado con el electorado,para que no solo sea una FICCION JURIDICA
Responder | Denunciar ante o administrador
NOITE PECHADA
+2 # A MUNDO INSOLITONOITE PECHADA 06/03/2013 18:44
E tan pobre o sistema democratico en España que calquera de nos ten mais libertade de expresion que un diputado,solo falan os que o partido lles permite,solo aos intereses dos poderosos aos que defende o seu partido,son uns pobres mortos de fame que non representan ao pobo,pois non senten nin as suas voces nin se senten os seus representantes, que ninguen entenda que non defendo a democracia o que defendemos e precisamente iso A DEMOCRACIA e o que poño fora e a DEDOCRACIA,FORA CASTAS MAFIAS CHUPONS
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Ramon Alvarez
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 03-03-2013Juan Ramon Alvarez 06/03/2013 19:11
Me gustaria dirigirme a vosotros para que os creeis que pasaria si juntaramos en una habitacion a diez señores de un comite de un partido y estuviesen aislados y a todos ellos les hiciesemos salir de uno en uno haciendole una pregunta y les dijesemos comentanos sobre este tema asi hasta acabar con todos y luego ver que pasaria despues cuando les diesemos la oportunidad de juntarse para hablar sobre el tema ¿quien ganaria a la salida?¿que conclusion saldria ganadora? y al final le pusieramos lo que dijeron cada uno,os digo que quedariais sorprendidos pero ganaria la opinion del jefe,el que elige la lista el que manda
Responder | Denunciar ante o administrador
???
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 03-03-2013??? 07/03/2013 21:07
Atraco o que lle fixeron o porteño de ordoñez no que o arbitro mereceu unha carretillads de paus por cada fallo catastral que tuvo,se fose aplicada a lei dos paus q dijo eu o arbitro estaria ahora mismo rogando para non volver arbitrar. VERGONZOSO!
Responder | Denunciar ante o administrador
o PORTEÑO
0 # un equipo con solerao PORTEÑO 08/03/2013 20:46
E un dos equipos mais antiguos da costa da morte o unico problema que ten o Porteño e que se empezan a contar os anos desde que naceu o neno JESUS e non sae na historia ata que fan a liga da costa, pero cando iso foi xa no Porteño tiña mais historia que o cabalo branco de Santiago Apostol,¿OU NON?non digo mais nada,POOOORTEEE EEÑOOOOOOOOOO CONTIGO EMPEZOU A HISTORIA
Responder | Denunciar ante o administrador