1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os afeccioados do SD Camelle levan en volandas ao seu equipo en cada xornada Foto: sdcamelle.blogspot.com

Nova xornada deportiva dos nósos equipos que obtiveron resultados diversos. Destacar a derrota do Balonmán Camariñas pola mínima, o empate do Camariñas, a victoria do Porteño que rompe a mala racha que levaba, derrota do Xaviña e a suma de tres novos puntos do Camelle que non xogou polo abandono do Fisterra B. Tamén é noticia o comezo da Copa para o balonmán femenino en categorías inferiores o vindeiro fin de semana.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 0-0 CERCEDA

Empate o que acadamos no derbi ante o Cerceda nun partido duro, moi intenso, no que se notaba que había algo máis que tres puntos en xogo. Foi un encontro no que os dous conxuntos sabíamos que había en xogo algo máis, estaba o orgullo, o facer algo polas aficións de cada un. Ao final reparto de puntos e o Cerceda contento, non así nós, pois na segunda metade fomos moi superiores e tivemos ocasións de sobra para gañar o partido, pero Chrístopher o porteiro do Cerceda unhas veces e o longueiro en outras, impediron que marcásemos algún gol.
Continuamos coa boa dinámica de resultados, xa son 11 xornadas sin perder, caemos da cuarta praza que da dereito a xogar a promoción pero estamos a tan só 2 puntos do terceiro e cuarto clasificado. A vindeira xornada xogamos en Vilalba ante o Vilalbés.

PRIMEIRA REXIONAL
BERTAMIRÁNS B 0-0 CAMARIÑAS

Empate do Camariñas nunha campo difícil como é o do Bertamiráns B. Foi un partido intenso ante un rival que está arriba e o punto pode darse por bó se ben é certo que a estas alturas de tempada non hai que fiarse e o Camariñas ten que sumar de tres en tres  para sair da zona de abaixo. Quéixanse os Camariñáns do aárbitro e das expulsións recibidas, Álex e o adestrador Camariñán foron expulsados e o conxunto da terra do encaixe xogou a última media hora cun home menos, pero logrou manter a porta a cero e incluso puido marcar a contra.
Leva o Camariñas 4 xornadas sen perder, xornadas nas que suma os mesmos puntos nos mesmos partidos que conseguira Pepucho na primeira volta, por iso non se hai que fiar, xa que o Camariñas está en zona de moito perigo, e necesita unha victoria para que os rivais non se lle escapen e ao mesmo tempo escapar do Ponteceso que é o equipo que marca o descenso sen contar cós arrastres, que semella que pode haber. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Fisterra.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 6-1 ALCAIÁN

Pagou o Alcaián os pratos rotos e o conxunto de Gerpe rompeu a mala racha de resultados que levaba endosándolle un set ao Alcaián. Sairon a por todas e a calar bocas o Porteño e da man dos irmáns Toja, foron a polo rival dende o primeiro minuto( a pesar de que o marcador non se movera na primeira metade), un rival que se veu avasallado por un Porteño que tiña gañas de dar un golpe na mesa e decir aquí estamos de novo, e así foi.
Houbo que esperar a segunda metade para ver os sete goles do partido onde apareceron Mario e David Toja, entre os dous cinco goles, 3 de Mario e dous de David que xunto con un gol de Yuyo, foron os outores da goleada ao Alcaián. Victoria e tres puntos para seguir a estela do Independiente e Camelle xa que se enfrontarán esta xornada mentras que o Porteño terá derbi ante o Xaviña.

NANTÓN 2-0 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pirucho que unha xornada máis perde o seu partido nos minutos finais. Parece que o Xaviña desfóndase nas segundas metades e non aproveito o vo que facer das primeiras, onde ten ocasións pero non as materializa. Presentouse o Xaviña en Nantón cunha morea de baixas, con tres porteiros dos cales dous xogaron de dianteiros, xa que eran 12 na convocatoria e ao final as baixas importantes notáronse.
A ver se o Xaviña recupera efectivos para este treito final de liga que lle axuden a acadar puntos nestas derradeiras xornadas de liga. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao Porteño. Derbi por todo o alto no Hermanas Patiño.

CAMELLE
Acadou tres puntos o Camelle de Pupus sin xogar xa que o Fisterra B abandonou a competición. Teñen unha auténtica final os Camelláns que visitan ai Independiente de Carballo. Unha victoria para o Camelle podería significar medio ascenso.

COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 3-0 MUROS

Victoria do Camariñas de Andrés  que no torneo de copa están demostrando o auténtico potencial que teñen e que non demostraron na liga. Victoria clara e contundente con goles de Javi en duas ocasións e de Carlos. A próxima xornada o Camariñas xoga en Muxía.

LIGA CADETE
XALLAS DE SANTA COMBA 1-3 PORTEÑO

Victoria do Porteño de Ordóñez que rompe así unha mala racha de resultados que viña arrastrando. Victoria do Porteño nun campo moi difícil como é o do Xallas de Santa Comba demostrando que teñen potencial para estar máis arriba na clasificación. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Cabana.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS

Descansaron esta semana os rapaces de Vi que xogarán en Muxía a próxima xornada.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-1 BAIO

Victoria do Camariñas que quere seguir vivo na loita por evitar o descenso. Fixeron un gran partido os Camariñáns que mereceron a victoria. Tres puntiños para soñar cunha permanencia que está moi complicada, están a 4 puntos do Nantón, pero todo é posible. A vindeira xornada o camariñas recibe ao Zas.

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 0-3 SOFÁN

Derrota do Porteño ante un  Sofán que foi superior como o demostra o marcador final. Non foi un bo dia para o Porteño que non estivo fino ao longo dos 90 minutos. A próxima xornada o Porteño xoga en Malpica.

CAMELLE 1-1 MALPICA

Empate do Camelle ante o Malpica que alonxa aos deo Socho dos postos de ascenso. Mereceu máis o Camelle que tivo máis ocasións que o rival pero a falta de punteria impedio que os locais lograran a victoria. O gol do Camelle foi obra de manolo. A vindeira xornada o Camelle descansará.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL
CARBALLAL 21-20 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota dolorosa dos de Fran Puga pola mínima ante o Carballal nun partido no que novamente os árbitros sobre todo na primeira metade, non mediron igual as accións de exclusión para uns e outros, xa que o Camariñas lavaba o dobre de excluidos que o seu rival na primeira metade a que se chegou con vantaxa dos Camariñáns por un gol.
Na segunda metade, os erros en ataque, nos que se fallaron moitas accións de contraataque e erros nos lanzamentos de penalti, impediron que os conserveiros trouxeran algo positivo dende terras Pontevedresas. Destacar a actuación de Víctor e Catalán. Toca remar todos xuntos para tratar de acurtar as distancias có líder e para elo, o Camariñas debe gañar ao S.A.R. Redondela esta vindeira xornada no Pavillon do Areal.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
PORRIÑO - BALONMÁN CAMARIÑAS

No se xogou o partido correspondente a esta xornada xa que houbo parón pola disputa da Copa da Raiña de balonmán. Queda a espera de propoñer unha nova data. Recibirán as nosas ao Bueu a próxima xornada.

LIGA XUVENIL MASCULINA
VIVEIRO 26-30 BALONMÁN CAMARIÑAS

Partidazo dos xuvenís Camariñáns en Viveiro onde gañaron facendo un gran partido ao conxunto da Mariña Lucense por catro goles de ventaxa. Foi un gran partido tanto en defensa como en ataque o que fixeron os nosos que lles serviu para traer a victoria. Están indo a máis a menudo que avanza a tempada e a progresión destes rapaces é fenomenal. A vindeira xornada reciben ao Chapela.

CATEGORÍAS INFERIORES FEMENINAS comezarán o torneo da copa a vindeira xornada. As Camariñanas quedan encadradas nun grupo onde estarán ademais das nósas o Narón, Ártabro, Lugo e Xiria.

Esto foi todo canto dou  a xornada. Como sempre CAMARINAS.EU  contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!!.


Engadir un comentario