- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 19 Febreiro 2013 19 Febreiro 2013
Xornada na que cabe destacar a gran victoria do Balonmán Camariñas que loitou contra o rival que era o líder e contra unha arbitraxe calamitosa, feita adrede, pero que non puido ante o orgullo e tesón dos nosos. Falando xa de fúbol, o FC Camariñas non é capaz de gañar para sair dos postos perigosos, o Camelle é líder en solitario mentras que o Porteño e o Xaviña perderon os seus encontros. Pero con todo, novamente a machada da xornada provén dun conxunto humilde, o Ordes, que pensado para loitar pola permanencia na Terceira División, a base de boas fichaxes e unha gran planificación, asombra a todo o universo futbolístico galego e xa marcha cuarto da competición. Directo a toda unha señora fase de ascenso a Segunda División B. Que siga a racha.
TERCEIRA DIVISIÓN
ALONDRAS 0-1 ORDES
Pois si, estamos en postos de fase de ascenso!. Nova victoria nun campo difícil como é o do Alondras ante un bó rival que nos puxo as cousas moi difíciles. Tres puntos de ouro que nos colocan cuartos a tan só un punto do Compostela que é terceiro.
Foi un partido duro dende o inicio, cunhas condicións climatolóxicas adversas que impediron ver un bó fútbol, motivo polo cal a loita física foi clave, sobre todo na segunda metade, onde defensivamente estivemos moi ordenados e fortes para aguantar o gol de ventaxa que acadáramos na primeira metade, cando Álex Castro marcou o gol que a postre nos daría a victoria.
Queda moita liga, e sabemos que cada vez vai custar máis o gañar partidos, somos moitos os equipos que estamos na pelexa polo terceiro e cuarto posto, equipos que teñen o dobre de presuposto que nós como o Pontevedra, Deportivo B, Cerceda, Somozas..., pero a ilusión témola e intentaremos estar ahí arriba o máximo de xornadas posibles, por intentalo non vai quedar. A vindeira semana teremos partido de rivalidade, recibimos ao Cerceda.
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-2 LAMELA
Empate do Camariñas que lle serve para sumar un puntiño máis ante un rival que tamén está a loitar por sair dos postos de perigo. Tiveron que remontar un gol en contra os Camariñáns xa que os visitantes adiantaríanse no marcador nos inicios do mesmo. Foi Álex que acadou os dous goles que servían para remontar pero finalmente o conxunto visitante, marcaría o segundo gol que lle daría o empate. Tivo ocasións o Camariñas pero non acertou a marcar.
Segue o Camariñas tan só un punto por enriba dos postos descenso, un descenso que o marca o Ponteceso, e pese a non perder nas últimas tres xornadas, o cadro da terra das palilleiras está nunha situación perigosa. A próxima xornada o Camariñas xoga en Bertamiráns ante o Bertamiráns B.
TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 1-3 AMEIXENDA
Derrota do Xaviña de Pirucho que lle sobraron os derradeiros 10 minutos de partido. Está sendo un suplicio para o Xaviña, os últimos minutos dos encontros que xoga xa que é donde está a perder os partidos, e contra o Ameixenda voltoulle a pasar. Tras unha primeira metade boa, na que se adiantou no marcador o conxunto Xaviñán por mediación de "Gatuso", o conxunto de Pirucho caeu a plomo nos minutos finais e veu como o Ameixenda lle remontaba o partido. Teñen que aprender destas derrotas os Xaviñáns e para que non volte a pasar máis veces. A vindeira semana o Xaviña xoga en Nantón.
MUXÍA 1-2 CAMELLE
Victoria do Camelle de Pupus que lle da o liderato en solitario a un Camelle que está demostrando que vai moi en serio e que xa é un aspirante non só ao ascenso, se non a ser campión de liga. Victoria moi traballada nun campo enlamado e ante un bó rival como é o equipo de Papi, o Muxía, que se poñería por diante no marcador para facer o máis difícil todavía, ter que remontar, e así o fixo o conxunto de Camelle que estaba apoiado na grada polos seus incondicionais que viron como os goles de Tedín primeiro e de mario despois, lles daban a victoria e o liderato en solitario.
Está o Camelle nun gran momento de forma e vai ser moi difícil desbancalo dese primeiro posto que sostenta con tres puntos de ventaxa sobre o Independiente de Carballo e 6 sobre o Porteño. A próxima xornada, o Camelle descansará.
LAXE 1-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Gerpe que está nunha racha moi mala de resultados dende que comezou o ano 2013. Cando a dinámica é derrotista, a sorte nunca axuda, así o Porteño ante o Laxe tivo moitas ocasións e mereceu un resultado mellor, pero o balón non quixo entrar, e cando é así, é imposible gañar partidos. Agora mesmo o Porteño é terceiro a tres puntos do Independiente que é segundo e a seis do líder, o Camelle.
Non teñen que caer no pesismismo as da Ponte do Porto, pois son rachas malas das que se sae con traballo e só se necesita un resultado positivo que estamos seguros o van acadar a vindeira xornada na que recibirán ao Alcaián.
COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 3-2 BAIO
Victoria moi traballada e merecida do Camariñas de Andrés, que derrotaron ao Baio nun partido moi disputado e emocionante. Hai unha cousa que é certa, cando estes rapaces queren, poden, e para mostra un botón. Sairon a xogar sen complexos con gañas e ilusión e o Camariñas gañoulle a un Baio que si lle plantou cara, pero que tivo que rendirse a maior calidade Camariñana. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Muros.
LIGA CADETE
PORTEÑO 0-3 MUXÍA
Derrota do Porteño de Ordóñez que caeu ante un Muxía que foi superior como así o demostra o marcador final. Está o Porteño nunha dinámica derrotista, onde os resultados son negativos pero a ilusión dos rapaces é clave para voltar a gañar de novo. A vindeira xornada o Porteño xoga en Santa Comba ante o Xallas de Santa Comba.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 2-5 CORISTANCO
Derrota sorprendente dos rapaces de VI ante un rival teóricamente inferior pero que debido ao mal partido dos de Camariñas, conseguiron gañar por un resultado claro. Adrián e Pablo foron os autores dos goles das Baleas. Non foi un bó día para os rapaces de Vi, que viron como deste xeito se freaba a magnífica racha que estaban a atravesar. Toca olvidar esta derrota e a próxima xornada As Baleas descansará.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
BERGANTIÑOS 5-3 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que intentou por tódolos xeitos sacar algo positivo deste partido pero todo esforzo non serviu de moito. Pese a derrota, gran traballo do Camariñas que vendeu cara a súa pel para tratar de evitar unha derrota que conducirá salvo miragre á segunda división. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Baio.
SEGUNDA DIVISIÓN
AUGALADA 1-2 PORTEÑO
Victoria do Porteño en Augalada nun partido no que por fin unha victoria a domicilio. Tardou, pero o Porteño rompeu esa racha negativa que estaba a atravesar nun partido onde foi mellor que o rival ao longo dos 90 minutos. Toca continuar esta racha e para elo ten que ganarlle ao Sofán, conxunto que recibirá a próxima xornada.
SOFÁN 0-1 CAMELLE
Nova victoria do Camelle, esta vez a súa víctima foi o Sofán. Partidazo xogado nun campo enlamado que non impedio que o Camelle fora mellor que o rival e que se levara os tres puntos. Está o Camelle a seis puntiños do ascenso cando quedan 7 xornadas, serán capaces de conseguilo?.A vindeira xornada o Camelle recibe ao Malpica.
BALONMÁN
FASE DE ASCENSO MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-25 VITALDENT BALONMÁN PONTEVEDRA
Que grandes sodes!!!.
Partidazo do Camariñas de Fran Puga, que tivo que loitar ante o rival que era o líder e ante unha dupla arbitral que veu a tratar por tódolos medios de que os Camariñáns perderan, pero non foi así, o Pavillón do Areal cheo, ateigado de afecionados que levaron no aire ao conxunto local que xogou unha das mellores primeiras metades que se recordan dende a súa existencia.
Tras ese dominio e cun marcador de dez goles arriba, apereceron os árbitros para meter no partido aos Pontevedreses cunhas decisións que clamaron ao ceo, pero Camariñas e os seus demostraron que nin con esas iban a gañar os visitantes e cun parcial de 4-0 nos momentos finais, sentenciaron o encontro.
Basta xa!, destas actuacións arbitrais, non queremos que nos deen nada, pero tampouco que nos quiten. Impresionante todo o plantel do Camariñas pero Perón con 7 goles e Catalán con 6 foron os destacados do mesmo. Toca seguir remando, e pensar no seguinte rival, que será o Granitos Ibéricos Carballal.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 21-22 BALONMÁN TUI
Derrota pola mínima das mulleres de moncho nun partido que puideron gañar as nosas pero que finalmente quenes se levaron o gato a auga foron as da terra do deza. Partido moi igualado que se vía que iba a gañar o conxunto que menos erros cometese nos minutos finais, e por desgracia, foron as de Lalín. Toca seguir remando e ir a por todas na seguinte xornada que visitarán ao Porriño.
LIGA XUVENIL MASCULINA
Descansou o Balonmán Camariñas que xogarán en Viveiro a próxima xornada.
LIGA CADETE FEMENINA
CORETI LALÍN B 26-19 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das Camariñanas na última xornada de liga nun partido nas que as nosas non tiveron opción a victoria xa que estiveron erráticas en ataque e defensa en moitos momentos decisivos do encontro. Foi unha tempada regular con altibaixos nas que as de camariñas dérono todo na cancha a pesar de que os resultados non fosen todo o bos que quixeran.
LIGA INFANTIL FEMENINA
Descansaron as Camariñanas nesta derradeira xornada de liga.
Isto foi todo cando dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos. CAMARINAS.EU a web que vive o deporte!!!!!
Comentarios
(ISO E O QUE DEBERIA PEROCUPARLLES A ALGUNS)
Ya empiezas insultando,falt ando al respeto,eres el maleducado de siempre y lo malo es que no te enteras,no tienes porque tenerle miedo a nadie,ni tampoco pensar en si preocupas a alguno,tu di lo que sepas,que es en parte tu misión,no arruines tu diario,como dicen ahí comentaristas de que te quieren ver arruinado algunos DEUSES GRIEGOS tu eres el dueño ,escribe lo que te apetezca y no seas cobarde
Nunca es tarde si la dicha es buena,pero sinceramente a mi esta noticia me manda al mundo insolito,en politica suben quienes ustedes quieren sr Rajoy,el pueblo no pinta nada,espero que se entere aunque creo que esta de sobra enterado,nos comprendemos porque los dos somos gallegos y esto me suena a RETRANCA
Todo imputado podra hacer valer,hasta le terminacion del proceso,los derechos y garantias que le confieren las leyes
Sei de boa tinta que vostede e unha disas persoas,e iso e un ademan que o honra.Tamen da mesma forma podo asegurarlle que o comentarista "madrileño"albe rga isos valores,e os seus comentarios nunca foron dirixidos hacia sua persoa.Reciba un cordial saudo
A sus pies.
Quedese vostede tranquilo que a miña persoa non soe soliviantarse por pequenas brisas,e mais cando isoa halitos son dificiles de identificar.
reciba vostede un reciproco saudos.
Por otra parte le recuerdo que el plagio es UN DELITO. El Código Penal español penaliza el plagio en su artículo 270, castigándolo con prisión de 6 meses a 2 años y con 1 a 2 años de multa, con atenuantes en casos de reducido beneficio económico y características personales del culpable.
Esto último es muy interesante pues si el plagiador resultó ser un político por medio de su blog estaríamos hablando ya de un tema aún más grave.
Espero ser o bastante nitido na miña suxerencia pra que vostede poida dar boa utilidade aos seus coñecementos otorgando credibilidade e firmeza as suas acusacions de plaxio,xa que un xuiz debe ser a figura competente que dictamine e corrabore sobre os posibles delitos de plaxio no que vostede fai referencia.
Quizas non demasiado culto,pero tonto, o xusto!!
E polo do plaxio,dicir,qu e non me parece tab ben feito,estou dacordo,,pero tampouco vexo semexante delito como nos queren facer ver,e moitos menos pra ser perseguidos pola "santa inquisicion" cando hai quenes abandeiran posibles delitos de mais embergadura como certos cargos publicos,,sempr e sen olvidarde da presuncion de inocencia tan a deriva por moitos contertulios.Un saudo xente de ben!!
http://ecodiario.eleconomista.es/espana/noticias/654471/07/08/Sucesos-Dos-detenidos-en-Torremolinos-Malaga-por-plagiar-en-una-pagina-web-los-contenidos-de-un-diario-de-CLM.html
Obviamente cada un temos opinions diferentes en variados temas,e por consecuencia o "insulto" non debe ser argumento aplicable nos debates.Un cordial saudo pra vostede e tamen pra todos aquiles que o desexen recibir
ademais,pra ofender e necesario que un se deixe e outro que o saiba facer,e ata o momento presente considerome unha persoa impermeable aos comentarios que rezuman de ponzoña!!pois cada un calificase polo seu propio aplomo!!!!
Saudos
Polo que vexo non sou o unico "estudiado"
:)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.