1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Novo líder de 3ª Rexional: O Camelle

Nova xornada na que o Balonmán Camariñas gaña como visitante o seu primeiro partido da fase de ascenso e mostra as súas credenciais. No fútbol da costa, dous empates, o do Camariñas e o do Porteño, unha derrota, a do Xaviña e a victoria do Camelle que vai moi en serio e sitúase como colíder da categoría igualado en puntos co todopoderoso Independente de Carballo. Con todo os resultados deste domingo veñen marcados polo impresionante triunfo acadado polo Ordes de Juanillo ante todo un histórico da Terceira Galega como o Rápido de Bouzas. Pouco a pouco consolídase o proxecto posto en marcha polo ex compostelanista Nacho e de ter como o obxectivo a permanencia agora xa non constitúe unha quimera sonar con maiores metas. Todo elo gracias, entre outras cousas, a un Mago de Corea que parece vivir en perpetuo estado de gracia.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 4-0 RÁPIDO DE BOUZAS

Partidazo e outros tres puntos de ouro que nos serven para colocarnos quintos na clasificación a tan só un punto do cuarto clasificado e a dous do terceiro. Foi un encontro máis doado do que nun principio nos temíamos. Arrancamos con gañas e intensidade para dominar un encontro de principio a fin. Na primeira metade, chegaría o gol máis bonito da tarde, Baleato engancha un cañonazo dende fora da área que se colaba pola escadra. Có 1-0 chegaríase ao descanso.
Na segunda metade seguimos có dominio do partido e chegarían outros tres goles máis obra de Capelo, Álex Castro e Nacho, que deixaban o resultado final no 4-0- Estamos embalados e temos que aproveitar este magnífico momento de forma que estamos a atravesar. Quédanos gañar dous ou tres partidos para conseguir o obxetivo que tiñamos a principios de tempada, a permanencia, unha vez acadades esas victorias, poderíamos soñar con algo máis, pero sempre cos pés no chan, pois sabemos que hai moitos conxuntos na loita por ese obxetivo, equipos que nos dobran en presuposto e a cousa vai a estar difícil, pero por traballo e gañas non vai a quedar. A vindeira xornada viaxamos a Cangas para enfrontarnos ao Alondras.

PRIMEIRA REXIONAL
RIVEIRA 0-0 CAMARIÑAS

Bó empate o acadado polo Camariñas ante un dos rivais favoritos ao ascenso como é o Riveira. Empate sufrido a pesar de que en algunha contra o Camariñas doulle máis dun susto ao conxunto local, pero que no cómputo global do mesmo, como era de presumir por outro lado, o cadro local foi quen levou o peso do partido e o dominio, pero topouse con Pombo que xunto con Juan o Vello, foron dous dos mellores xogadores do Camariñas.
Un punto máis para tentar esa salvación na que están metidos moitos conxuntos, equipos que acadaron ao igual que o Camariñas resultados positivos, e na que cada xornada se vai a loitar a morte por acadar un triunfo. Agora toca facer mellor ese punto sumando unha victoria na casa que sería fundamental a próxima xornada na que o Camariñas recibe ao Lamela, un equipo que está metido na liorta por sair do descenso, eso si, con algún punto máis que os nosos.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 3-3 CORISTANCO

Empate do Porteño de Gerpe na casa ante o Coristanco que supón un pequeno tropezo na carreira polo liderato e ascenso de categoría. O Porteño tivo que remontar por duas veces un resultado adverso, pois os da terra da pataca, puxéronse por diante duas veces, pero a gran pegada que ten este Porteño fixo que remontaran o partido con goles de Nené, Mario Toja (de penalti) e Yuyo e situar o electrónico no tres a dous. Por desgracia, no último minuto, unha falta lanzada maxistralmente por un xogador visitante, suporía o gol do empate final.
Dinnos que Gerpe debido a derrota da semana pasada e ao empate desta xornada, puxo o cargo a disposición da directiva Porteño, que como é lóxico, comunicoulle ao míster que  seguía, pois a tempada é de sobresainte, e  estou convencido de que Gerpe vai ser o adestrador do ascenso do Porteño, pois pese a estes dous últimos resultados, o Porteño é segundo clasificado empatado a punto có Camelle e tan só a tres do líder, o Independiente de Carballo que ten unha xornada máis. Ánimo por tanto a Gerpe e os seus que están a facer unha gran tempada e o obxetivo do ascenso está cerca, tam só queda un último esforzo. A vindeira xornada o Porteño xogará en Laxe.

CAMELLE 4-1 CORCOESTO
Vai moi en serio este Camelle que xa non é unha sorpresa no campeonato se non unha realidade dun equipo que é claro aspirante ao ascenso. Victoria clara e contundente do Camelle de Pupus que ao igual que os grandes conxuntos, xa non lle fai falta facer un partido brillante para ganar os seus partidos debido a gran pegada que ten.
Foi un partido máis duro do que indica o marcador final, pero no que o Camelle apreveitou a dinamita atacante que posue, para que os tres puntos quedaran no Rodeiro. Os goles do Camelle foron obra de Felipe Barreiro en duas ocasións, Adrián de Barca e Javi Rañal. Sitúase terceiro o Camelle empatado co Porteño que é segundo a tan só unha victoria do líder o Independiente de Carballo que ten un partido máis. A próxima xornada o Camelle xogará en Muxía, todo un partidazo!.

BAIÑAS 3-1 XAVIÑA

Derrota do Xaviña de Pirucho que non está a pasar polo seu mellor momento da tempada e o cadro Xaviñán xa acumula unhas cuantas xornadas sen puntuar. Chegaba plagado de baixas o Xaviña a Vimianzo e iso notouse ao longo dos 90 minutos, no que o Baiñas foi dominador do encontro e merecedor da victoria. O gol do Xaviña marcouno Martelo.
Moitos ánimos para o Xaviña que a pesar das adversidades, está loitando cada partido para sacar uns resultados positivos que de momento non están a chegar pero que estamos convencidos que non han de tardar. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao Ameixenda.

COPA DA COSTA XUVENIL
LAXE 4-1 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Derrota do Camariñas de Andrés en Laxe nun partido no que os locais foron mellores como así o demostra o marcador final. O gol do Camariñas foi obra de Javi. Non fixeron un bo partido os camariñáns que nestas duas últimas xornadas, están a tirar os bos resultados acadados nas duas primeiras xornadas. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Baio.

LIGA CADETE
CORISTANCO 3-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño de Ordóñez en Coristanco nun partido donde os da Ponte do Porto, pagaron moi caro os erros defensivos, erros que se transformaron en goles que caeron como auténticas xarras de auga fría, pois o Porteño fixo un partido para sacar un mellor resultado. Non está obtendo bós resultados neste treito de tempada motivo polo cal está caendo postos na taba clasificatoria. Moito ánimo  e a seguir traballando para que os resultados positivos cheguen de novo. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Muxía.

LIGA INFANTIL
PONTECESO 0-7 AS BALEAS

Goleada dos rapaces de Vi que están nun gran momento de forma e de xogo como asi o demostran os resultados. Partidazo das Baleas que dende o pitido inicial foron a por un rival ao que non deixaron respirar e que dominaron cun fútbol de toque como lle gusta ao seu gran adestrador. Adri con 5 goles e Álvaro con 2, foron os goleadores das Baleas nun partido no que todos xogadores estiveron a un altísimo nivel. Xogan hoxe martes un partido que se suspendera ante o Outes, si o gañan, os de Vi colocaríanse terceiros na clasificación. O próxomo fin de semana reciben ao Coristanco.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-2 SONEIRA

Derrota do Camariñas ante o líder, o Soneira nun partido no que a pesar da diferencia entre ámbolos conxuntos, o Camariñas loitou e intentou sacar un bó resultado pero foi imposible. Con este resultado e algún que se dou en outros campos, o Camariñas está a 7 puntos da salvación, unha salvación que xa se antoxa casi imposible. Agora toca rematar o máis dignamente posible esta liga. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Carballo ante o Bergantiños.

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 1-1 CERQUEDA

Empate do Porteño nun partido no que os da Ponte do Porto mereceron máis xa que foron mellores que o rival e dispuxeron de máis ocasións pero non as conseguiron materializar. Un punto que suma o Porteño que serve para romper unha dinámica de resultados con derrota e que esperemos lles de ánimos a un conxunto como é o Porteño que merece estar nunha posición máis alta na táboa clasificatoria. A próxima xornada o Porteño xoga en Augalada.

CAMELLE 3-0 AUGALADA
Victoria clara e contundente do Camelle que barrío do campo ao Augalada nun gran partido. Bo partido do Camelle que dominou de principio a fin e tivo moitísimas ocasións para ampliar máis se cabe o marcador final. Víctor, Bruno que segue en racha como Falcao e o Rubio Huntelar, foron os autores dos goles dun Camelle que stá en racha e vai a por todas e que ten o ascenso a 9 puntos. A vindeira xornada, o Camelle xoga en Sofán.

BALONMÁN
FASE DE ASCENSO
SEIS DO NADAL 25-29 BALONMÁN CAMARIÑAS

Gran victoria a domicilio do Camariñas de Fran Puga que consigue deste xeito a primeira victoria como visitante nesta fase de ascenso, unha victoria moi traballada ante un duro rival que lle puxo as cousas moi difíciles aos Camariñáns pero no que finalmente a maior pegada e gran defensa servio para que os de Fran Puga se levasen a victoria. Catalán foi o máximo goleador do partido con 9 tantos.
Agora toca recibir ao líder, o Vitaldent Balonmán Pontevedra a próxima xornada, un partido importantísimo para as aspiracións dos de Camariñas que deberán gañar ao líder para demostrar que van a por todas. O Pavillón do Areal ten que ser unha caldeira a presión para levar aos nosos en volandas. Dende aquí, animamos a tod@s afecionados a ir o sábado ás 18:30 horas ao pavillón Camariñán para animar aos nosos nun partido que será vital.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
Non xogaron esta pasada xornada as da terra do Encaixe e terán dous partidos este vindeiro fin de semana, o sábado en Salceda de Caselas ante o conxunto Pontevedrés e o domingo en Camariñas  ante o Balonmán Tuí.

LIGA XUVENIL MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 27-32 BALONMÁN MOAÑA

Derrota dos xuvenís Camariñáns nun partido no que tiveron posibilidades dun mellor resultado se nos derradeiros minutos do mesmo non cometesen erros tanto en ataque como en defensa. Foi un partido igualado que se rompeu no treito final onde os visitantes estiveron mellor e leváronse a victoria. Teñen que seguir pelexando os nosos porque a melloría no xogo dende que comenzou a tempada é notable e seguro que chegarán as victorias pronto. A próxima xornada os Camariñáns descansarán.

LIGA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 39-20 PABELLÓN OURENSE

Partidazo e victoria das cadetes Camariñanas que venceron as colistas Ourensanas dándolle unha auténtica malleira. As Sara e compañía sairon moi motivadas desde o pitido inicial e non deixaron nin respirar a un rival no que a súa porteira non daba a basto a recoller os balóns de dentro das mallas.
O marcador final xa o di todo, casi dobregan as nosas ao conxunto Ourensano. Esperemos que este partido sexa un punto de inflexión e que as nosos acaden moitas máis victorias neste treito final de liga. A vindeira xornada, as de Camariñas viaxan ata Lalín para enfrontarse ao Coreti Lalín B.

LIGA INFANTIL FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 6-22 PABELLÓN OURENSE

Derrota das nosas máis pequechas ante un rival, as Ourensanas que foron mellores como así o indica o marcador final. Está sendo un ano difícil en canto a resultados para as nosas pero que lles vai valer moito como aprendizaxe de cara a tempadas vindeiras. A próxima xornada as Camariñanas descansarán.

LIGA ALEVÍN E BENXAMÍN MIXTO
Descansaron os pupil@s de Kin que  xogarán en Santiago, en Santa Isabel ante o Ribadosar a vindeira xornada.

Queremos FELICITAR  ao conxunto de Fútbol Sala Infantil das BALEAS por ser o CAMPEÓN comarcal de liga. NORABOA A VI E OS SEUS RAPACES POR ESTE ÉXITO!!!!!!

Ata aquí todo canto dou a xornada. Como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. CAMARINAS .EU,  a web que vive o deporte!!!

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013Moncho de Dios 14/02/2013 09:25
no me parece a mi que el sr Negreira dijera de despotricar nada contra sus concejales ,es demasiado el amor por el PP que veo en ciertas personas que hasta lo dicen en ingles,gracias sr Olveira por su colaboracion con el buen fin del partido,¿era eso lo que usted daba a entender sr Amen?que no sabia cual era el ideario del diario. si alguien cree que el sr Negreira va hablar mal de sus concejales que se lo pregunten,pero les contesto yo que no y saldria en su defensa,hueles a podrido sr Olveira y en la humanidad siempre estuvo llena de carroñeros,pers onas que vivian de los restos de la humanidad y de la pudedrumbe
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # a FeijooMoncho de Dios 14/02/2013 10:46
Gracias sr Presidente por decir lo que piensa y en mandar a la mierda esa lealtad tonta y estúpida ,compartimos el mismo pensamiento en un tema crucial en estos momentos a los dos nos da ASCO EL CASO BARCENAS,y por que no decirlo si es verdad o es que tengo que vivir acojonado,SOY LEAL CONMIGO MISMO Y MI CONCIENCIA,no defiendo chorizos ni carroñeros
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013Moncho de Dios 14/02/2013 10:56
los concejales son nuestros representantes directos en el ayuntamiento y estamos de acuerdo con ellos ahora si nos hacen ver que los hay mejores, aquí esta el primero en reconocerlo,per o mientras tanto los mejores son los que hay,al final estamos defendiendo a los concejales del PP desde el CAMARIÑAS ,EU,hay que joderse y desde otros lados lo que hacen es ponerse contra los concejales,este ya es un juego nada divertido y aun tienen la osadía de poner al presidente provincial, recién elegido y no precisamente con los votos del FAMOSO COMITÉ,lo eligieron los concejales,a que jode,hace falta un diario del PP del PP
Denunciar ante o administrador
Manuel Romero
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013Manuel Romero 14/02/2013 11:25
Es triste y lamentable,(un cabreado)(un mais cabreado)(i love PP) esta es la imagen que se quiere vender,si todos son el mismo y de la misma cuna , teníamos una canción en nuestra juventud,SI YO TUVIERA UNA ESCOBA,CUANTAS COSAS BARRERÍA .Si mirásemos por el bien,el autentico bien de nuestro ayuntamiento,si n maldad ninguna ,otra cosa seria,y nos iría mejor
Denunciar ante o administrador
Rogelio Martinez
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013Rogelio Martinez 14/02/2013 12:23
Se esta perdiendo todo por lo que luchamos durante varios años hacian falta unos cuantos jueces que luchasen contra los corruptos pues por lo que se esta a demostrar esto es una verdadera plaga y no hay día que no se coja el periódico y se lea algo mas escandaloso que lo del día anterior
Denunciar ante o administrador
a peneira
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013a peneira 14/02/2013 12:26
unha peneira era o que facia falla nestes intres peneirar todo ven peneirado e que so pasase o limpo e o sucio poñelo pa outro lado
Denunciar ante o administrador
pillastres
+1 # RE: A Xornada de Juanillo 10-02-2013pillastres 14/02/2013 12:32
Este año va a ser peor que el anterior ,esto ya me suena a repetido,no nos mudan de canción,yo no se lo que ven nuestros políticos,pero en la calle la gente ya no ve nada ,se esta quedando ciega de tanto recontar el dinero para llegar a fin de mes y lo malo que tiene los billetes es que no estiran ni dan devuelta por uno de diez euros dos de veinte,estos son nuestros problemas,los que realmente tiene el pueblo,
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.