1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camelle logrou unha importantísima victoria fronte ao Cerqueda. Foto - sdcamelle.blogspot.com.es/

Fin de semana deportivo no que que a maior parte dos resultados foron positivos para os nosos equipos e no que destaca a primeira derrota da tempada do Porteño, que deixa un record impresionante. Fui tras 21 xornadas de liga cando lle tocou hincar a rodilla ao conxunto maxistralmente dirixido por Gerpe. Por outra banda, toda a base de traballo ben feito, profesionalidade e rigor deixadas atrás polo ex míster camariñán Pepucho servío para que o conxunto da Vila das Palilleiras volvera á senda da victoria e acadara un importante e solvente triunfo ante o Flavia. Pero sobre todo non pode deixar de sorprender a impresionante campaña que está a desenrolar o club que ten por amo da súa banda esquerda ao mellor futbolista que dou nunca a Costa da Morte: nova victoria do Ordes de Juanillo que o sitúa no extrarradio dos postos de promoción e con opcións de soñar con maiores xestas que as de conservar a categoría. ¿Sumará a carreira de Juan Manuel Cabrejo Pasantes unha fase de ascenso máis que engadir a unha carreira profesional envidiable e intachable?

FÚTBOL:
TERCEIRA DIVISIÓN
DEPORTIVO B 0-2 ORDES

Tardou pero chegou a primeira victoria nosa a domicilio e nun campo que é inexpugnable para maior parte ose equipos da categoría. Gran victoria, merecida e tres puntos para nós que nos achegan  un pouquiño máis a eses postos privilexiados que dan opción a xogar a liguilla de ascenso que agora temos a tres puntos. Pronto se nos puxo o encontro de cara xa que nos primeiros instantes do mesmo , Nacho marcaba o primeiro tanto do partido tras un gran centro de Capelo. A partir de ahí, controlamos o encontro e buscábamos unha contra para sentenciar, e esta chegou na segunda metade, cando Padín engancha unha espectacular bolea que acaba dentro das mallas da portería do Depor B e que sentenciaba o choque.
Estamos pasando por un gran momento e temos que aproveitalo para seguir nesta liña ascendente que estamos atravesando. A vindeira xornada recibimos ao Rápido de Bouzas.

PRIMEIRA REXIONAL
FLAVIA 1-CAMARIÑAS 3

Victoria do Camariñas ante o colista nun partido máis compricado do que di o marcador e no que tivo que aguantar o tipo xa que xogou cun home menos a última media hora. Victoria e tres puntos ante o pechacancelas, un equipo ao que o Camariñas xa derrotara na primeira volta, que serven para manterse na mesma posición que estaba xa que o Poteceso, conxunto que marca o descenso, gañou o seu encontro e está empatado a puntos cós camariñáns.
Martín, De la Sierra e Brais, foron os autores dos goles dun Camariñas no que os Pombo, Juan o Bello, entre outros, loitaron para demostrar que están a morte cos colores que defenden e que hai un traballo ben feito de meses atrás a pesar de que os resultados non acompañasen. Despois dunha semana convulsa coa destitución de Pepucho e a chegada de Berto co seu preparador físico,  demóstrase que nesto do fútbol fálase porque non se cobra por facelo, ao longo da semana, uns decían que era unha vergoña perder co Unión de Asados, un dos peores equipos que pasara por Camariñas, e vai o Unión e gáñalle ao líder, o Ribeira. Outros iluminados decían que o Soneira era candidato ao descenso, vai o conxunto vimiancés e cala bocas gañando a domicilio ao Ribadeo situándose na metade da táboa na rexional preferente.......xuzguen vostedes mesmos.
Esperamos que esta victoria sirva para darlle alas ao Camariñas para que continúe a gañar partidos para lograr o obxetivo de manterse na categoría. A próxima xornada o Camariñas xogará en Ribeira.

TERCEIRA DIVISIÓN
XAVIÑA 0-2 CASTRELO

Derrota do Xaviña de Pirucho ante o Castrelo que suma así a súa primeira victoria da tempada. Non fixo un bo partido o Xaviña e pagouno coa derrota ante un rival que estivo máis acertado da cara o marco rival. Os de Pirucho teñen que olvidar este partido canto antes e pensar xa no seguinte encontro para voltar a sumar puntos. A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Vimianzo ante o Baiñas.

CERQUEDA 0-1 CAMELLE
Gran victoria do Camelle de Pupus que venceu nun campo moi difícil como é o do Cerqueda nun partido moi disputado e moi intenso. Sabía da importancia de gañar este partido o Camelle e dende o minuto un saiu a por todas nun choque vibrante, con moita tensión, onde houbo algunha enganchada, pero no que finalmente o sangue non chegou ao río.
Matías, cun golazo de falta directa antes do descanso, marcarío o gol que lle daba a victoria ao Camelle e tres puntos que o sitúan terceiro na táboa clasificatoria a tan só 2 puntos do Porteño e a tres do líder, o Independiente de Carballo que lle axudaron a empatar un encontro que tiña perdido ante o Muxía, pero os Carballeses teñen que descansar e farano esta próxima xornada.
Está o Camelle disposto a loitar ata o final por unha praza de ascenso directo e vai ser un rival moi duro para todo aquel que o queira sacar dos postos privilexiados. A próxima xornada o Camelle recibe ao Corcoesto.

SONEIRA B 3-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Gerpe que chegou na xornada 21!!!. Ahí queda ese fantástico record de imbatibilidade que establece o Porteño a espera de que algún dia sexa batido. Perdeu un partido o Porteño que ben o puido gañar, xa que na primeira metade do mesmo, foi o claro dominador e dispuxo de innumerables ocasións para gañar o mesmo, pero non acertou a marcar, e no mundo do fútbol o que perdoa acábao pagando, e así foi, na segunda metade, o Soneira B perdeulle o respeto ao Porteño e foi a polo partido ante un rival que veu como lle perforaban a portería en tres ocasións.
Esta derrota non ten que empañar a sobresainte tempada que está a levar acabo o Porteño. Perde o liderato o conxunto de Gerpe, agora é o Independiente de Carballo quen vai líder tan so un punto por diante dos da Ponte do Porto, pero os de Carballo teñen un partido máis. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Coristanco.

COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 1-2 OUTES

Derrota dos Xuvenís de Andrés  que caeron ante o Outes nun partido xogado de poder a poder onde os Camariñáns estiveron desatinados a hora de rematar as ocasións creadas. A diferencia estivo no remate, mentres o Outes acertou nas ocasións que dispuxo, o Camariñas fallou. A próxima xornada o Camariñas xoga en Laxe.

LIGA CADETE
MUROS 3-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño de Ordóñez ante un Muros que estivo moi acertado nas accións ofensivas. Non está atravesando unha boa racha de resultados o Porteño pero co traballo que están a facer, as victorias chegarán novamente. A vindeira xornada o Porteño xoga en Coristanco.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 7-1 FISTERRA

Victoria das Baleas de Vi ante o Fisterra nun partido no que os Camariñáns cun fútbol de toque como lle gusta ao seu adestrador Vi, pasou por encima dun Fisterra que non sabía como conter as acometidas locais. Están nun gran momento de forma os rapaces de Vi que se ve reflexado nos resultados que están obtendo. A próxima xornada, As Baleas xoga en Ponteceso.

LIGA VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-3 CASTRIZ

Derrota do Camariñas que pouco puido facer diante do líder, o Castriz que foi xusto merecedor do partido. Está o Camariñas en postos de descenso e moito nos tememos que salvo unha miragre, o Camariñas descenderá de categoría se non comeza a gañar partidos nestas poucas xornadas que quedan. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Soneira.

SEGUNDA DIVISIÓN
CORCOESTO 5-4 PORTEÑO

Derrota do Porteño nun partido tolo, de ida e volta constante, onde os ataques superaban a unhas defensas que vían con impotencia pasar as dianteiras rivais. Nun partido tolo con constantes chegadas, calquera dos dous equipos pode gañar, e por mala sorte, o Porteño non o puido facer. A próxima xornada o Porteño recibe ao Cerqueda.

CERQUEDA 0-1 CAMELLE

Gran victoria do Camelle en Cerqueda nun partido no que se veu un auténtico golazo acadado por Bruno que o firmaría o mismísimo Falcao. Tres puntos àra o casilleiro do Camelle que ten o ascenso a 9 puntos. Por intentalo non vai quedar. A vindeira xornada o Camelle  recibe ao Augalada.

BALONMÁN:
FASE DE ASCENSO
BALONMÁN CAMARIÑAS 33-27 RASOEIRO

Gran partido e gran victoria do Camariñas de Fran Puga, que está demostrando que como locais son invencibles. O Pavillón do Areal é unha cancha inexpugnable para os conxuntos rivais que nada teñen que facer ante un Camariñas que defende moi ben e ataca mellor. Gran partido en tódalas liñas, do conxunto da Vila dos Encaixes que necesitan gañar fora da casa para demostrar o grandes que son. A próxima xornada o Balonmán Camariñas visitará ao Seis do Nadal-Coia.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN NARÓN 23-20 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota das Camariñanas en Narón nun partido no que tiveron opcións, si ben é certo que os erros en ataque pesaron demasiado para conseguir traer algo positivo das terras Ferrolanas. Non poden baixar os brazos as nosas porque sabemos que con traballo, as victorias chegarán. A vindeira xornada as Camariñanas recibirán ao Clínica Deza Lalín.

LIGA XUVENIL MASCULINA
S.A.R. 32-29 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota dos xuvenís Camariñáns, que pese a xogar un gran partido, viron como se lles escapaban as opcións de gañar. Están os rapaces Camariñáns nunha segunda parte da liga onde se lles ve unha gran melloría no xogo e seguindo esta progresión as victorias chegarán con toda seguridade. A próxima xornada os Camariñáns reciben ao Moaña.

LIGA CADETE FEMENINA E LIGA INFANTIL FEMENINA
Descansaron as Camariñanas que recibirán ao Pabellón Ourense a vindeira xornada.

LIGA ALEVÍN E BENXAMÍN MIXTA
Descansaron os discípulos de Kin que esta próxima xornada terán outra xornada de descanso debido ao parón por mor do carnaval.

Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.