1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo marca outro gol antolóxico que o eleva ata o olimpo dos xogadores da Costa da Morte

Fin de semana na que o Balonmán Camariñas proclamouse campión da liga regular acadando unha nova victoria a domicilio e rematando unha primeira fase sobresainte, na que nos ilusionou a tod@s de cara a esta próxima "loita" por intentar o ascenso. Salientar que comezou a liga de balonmán dos máis pequechos, benxamíns e alevíns mixtos, dirixidos por Kin, e con Jatano e Campaña como responsables da categoría, que deleitaron ao público presente no Pavillón do Areal. O Camariñas perde dous puntos no minuto 98, mentras que o Porteño no mesmo minuto consigue tres. O Camelle non falla, mentres que o Xaviña rompeu unha racha positiva que levaba coa derrota sufrida.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 2-1 AS PONTES

Victoria importantísima a que acadamos diante dun conxunto que é a sorpresa positiva do campionato ao que derrotamos con difcultade. Sabíamos que era un partido importantísimo no que tan só nos valía a victoria, e iso notouse dende o minuto 1 onde saimos a por todas ante un rival que nos puxo as cousas moi difíciles.
Volvín a marcar un gol dende uns 60 metros, incluso dende máis lonxe que o que conseguira hai unhas semanas. Pena que a tvg non estaba presente no terreo de xogo pero por sorte, o equipo de As Pontes grava tódolos seus partidos e prometeron mandarme esta semana as imaxes co gol. O outro gol noso foi obra de Capelo. Toca rematar o ano tratando de gañar a domicilio, é a nosa asgnatura pendente, por iso este vindeiro sábado, trataremos de gañar en San Lázaro, un mítico estadio que me trae moi bós recordos, ao todopoderoso Compostela.



PRIMEIRA REXIONAL
LARO 3-3 CAMARIÑAS

Empate amargo do Camariñas de Pepucho que veu como lle quitaban das mans a victoria, pois o empate do Laro chegou no minuto 98 cando o colexiado dera 4 minutos de alargue, polo que o malestar do Camariñas é dobre, por un lado o excesivo tempo de máis que incomprensiblemente dou o colexiado, e tamén por como chegou o gol, nun erro garrafal. Perdonoulle a vida o Camariñas ao rival e acabou pagando.  Os erros nos goles encaixados, foron erros de bulto, e tiveron un custo moi caro. A boa nova, foi a volta de Juan Vello aos terreos de xogo despois de cumprir a sanción que acarreaba e fixo dun xeito maxistral, marcando un gol e dando unha asistencia.  Alex en duas ocasións e Juan Vello, foron os autores dos goles do Camariñas.
Está nunha boa liña de xogo o Camariñas e ten que seguir así porque é a forma de gañar partidos. Os buitres están coas ás encollidas, pois nada teñen que facer xa que os de Pepucho están a amansar as fieras. A próxima xornada o Camariñas tratará de rematar o ano cunha victoria ante o Arzúa para escalar posicións nunha táboa clasificatoria que está apretadísima.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 1-3 MUXÍA

Derrota do Xaviña de Pirucho ante un Muxía que fixo un dos seus mellores encontros da tempada. Rompeuse o encontro en 5 fatídicos minutos, dendo o 30 ao 35 da primeira metade onde o cadro de Papi marcaría dous goles que caeron como un auténtico mazazo no conxunto Xaviñán. Xa na segunda metade, o Muxía mataría o encontro acadando o terceiro e xa se lle fixo imposible a remontada aos de Pirucho que maquillarían o resultado cun gol de Esteban. Rómpese a racha de imbatibilidade que levaba o Xaviña nunha tempada, esta, na que está facendo un gran labor. A vindeira xornada o Xaviña xoga a domicilio contra o filial fisterrán.

CASTRELO 2-3 PORTEÑO
Victoria sufridísima do Porteño ante o último clasificado, o Castrelo. Tiveron que loitar moito os de Gerpe para vencer a un pechacancelas que se creceu ante o líder ao que lle puxo as coisas moi difíciles, pois no minuto 84 o resultado era de 2-1 favorable aos locais. Tivo que ser no tempo de desconto, no minuto 98, cando un gol de Asier, lle daría a victoria aos da Ponte do Porto. Antes Mario no minuto 85 faría o 2-2 e previamente, na primeira metade, Bieito anotaba o primeiro para o Porteño .Ámbolos conxuntos queixáronse da labor arbitral, o Porteño porque lle anularon un gol legal e o Castrelo porque entenden que o colexiado pasouse dando 8 minutos de máis. Segue coa sua traxectoria inmaculada  o Porteño que segue a ritmo de récord, xa que de momento ningún equipo conseguíu gañarlle aos da Ponte do Porto. A próxima xornada o Porteño volta ao mesmo terreo de xogo, a Vimianzo, para enfrontarse ao Baiñas.

SONEIRA B 1-4 CAMELLE
Victoria cómoda do Camelle de Pupus ante o filial do Soneira nun partido no que o Camelle cunha saída fulgurante, deixou sentenciado pronto. Este Camelle ten gañas de facer algo bonito esta tempada e así o está a demostrar xornada tras xornada na que en cada partido que xoga demostra que é un conxunto que vai a máis e que ten as ideas moi claras. En Vimianzo voltou a demostrar que está arriba por algo, e facendo un partido serio, derrotou con contundencia ao Soneira B. Felipe Barreiro en duas ocasións, Javi Rañal e Miguel Riveiro, foron os autores dos goles do Camelle. A proveitou o Camelle o empate do Independiente de Carballo e agora xa o ten a tiro de pedra, está a tan só un puntiño para superalo na táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Camelle recibe ao Coristanco no Rodeiro.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 2-5 BAIO

Derrota do Camariñas de Andrés que non conseguiu aguantarlle o ritmo a un Baio que chegou ao final do encontro máis enteiro e logrou a victoria con merecemento. Máis do mesmo no Camariñas que parece estar agardando a que finalice esta liga para rematar unha tempada que puido ser moito mellor. Carlos González e Javi, foron os autores dos goles do Camariñas. A próxima xornada o Camariñas xoga en Laxe.

LIGA CADETE
CARNOTA 0-4 PORTEÑO

Voltou a senda da victoria o Porteño de ordóñez e da mellor maneira posible, goleando a domicilio a un Carnota que veu como o Porteño pasaba como un rodillo por encima deles. Gran partido e gran victoria do Porteño que quere acadar unha nova victoria este próximo fin de semana na que xogará en Outes, antes do parón vacacional.

LIGA INFANTIL
VIMIANZO 0-7 AS BALEAS

Victoria con goleada das Baleas de Vi ante un Vimianzo que se veu superado por tódolos costados. Partidazo dos rapaces de Vi que están nun gran momento de xogo e no campo Vimiancés puídose ver un gran partido dos Camariñáns que incluso puideron marcar máis goles. Ascenden a cuarta posición os rapaces que dirixe Vi a tan só 2 puntos do Fisterra que é terceiro clasificado. A vindeira semana, As Baleas reciben ao Esteirana.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-0 VIMIANZO

Por fin chegou a victoria despois de moitísimas derrotas do Camariñas ante o Vimianzo no que era entre o colista (Vimianzo) e vicecolista (Camariñas). Foi un partido igualado no que se veu claramente que o que marcara levaríase o partido. E así foi, o Camariñas conseguiu bater o marco contrario e gañar o encontro cun solitario gol. A ver se esta vitoria lle dá novos aires a un Camariñas que se non quere descender, necesita gañar bastantes partidos. A próxima xornada o Camariñas xoga en Verdillo ante o San Lorenzo.

SEGUNDA DIVISIÓN
CORME 2-0 PORTEÑO

Derrota do Porteño  na casa do colista o Corme, nun partido no que o Porteño deu moitas facilidades e deste xeito veu como o Corme conseguía gañarlles. Non está nun bó momento o Porteño que necesita gañar partidos para alonxarse dos derradeiros postos da clasificación. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Milagrosa.

AT. MILAGROSA 2-0 CAMELLE
Derrota do Camelle do Socho que ao igual que o Porteño, perdeu por 2 goles a cero ante o At. Milagrosa. Mal partido do Camelle que caeu ante un rival que estivo mellor prantado no terreo de xogo e mereceu a victoria. Malos resultados os que está colleitando o Camelle nas últimas xornadas que necesita unha victoria xa!. A próxima xornada o Camelle reciba ao Buño.

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
AT. NOVÁS 26.27 BALONMÁN CAMARIÑAS

Victoria e título para o Balonmán Camariñas de Fran Puga que chega ao parón vacacional a espera do sorteo para a fese de ascenso. Rematou a tempada regular cunha nova victoria deixando claro que foron os mellores e mereceron o título. Noraboa!!!.
Agora a recargar as pilas e esperar por ese ansiado sorteo que deparará os rivais aos que se enfrontará o Bolonmán Camariñas na fase de ascenso a que os camariñáns acudirán con moitas gañas e na que teñen posta moita esperanza.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
LAVADORES 38-28 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das mulleres de Monchiño ante o Lavadores nun partido na que os erros defensivos e ofensivos impediron que as Camariñanas tivesen opción algunha ao longo do partido. Nova derrota nesta xornada final antes do parón de Nadal, no que esperamos que  os nosas collan forzas para mellorar cando se reanude a liga. Creemos que as Camariñanas teñen potencial para facer un mellor papel do que están a facer ata o de agora e seguro que a volta das vacacións así o van a demostrar.

LIGA XUVENIL MASCULINA
BALONMÁN TUÍ 29-27 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota dos xuvenís Camariñáns nun partido no que tiveron opcións ata instantes finales para poder sacar un resultado positivo pero no que finalmente debido a erros en momentos puntuais, non puido ser. Están nun bó momento a pesar da derrota os xuvenís que chegan ao parón ligueiro despois de facer bós encontros.

LIGA CADETE FEMENINA
PORRIÑO 33-25 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota das cadetes Camariñanas en Porriño nun partido no que as locais foron mellores. Notouse que o Porriño son as segundas clasificadas e non deron opción a unhas Camariñanas que necesitan recargar pilas para demostrar que son moito mellores do que están a demostrar.

LIGA INFANTIL FEMENINA
PORRIÑO 16-13 BALONMÁN CAMARIÑAS

Ao igual que as cadetes, as infantís caeron ante o Porriño pero por un resultado máis apretado. Tres goles foi a diferencia no marcador nun partido moi disputado e ben xogado polas  de Camariñas pese a derrota.

CATEGORÍA BENXAMÍN MIXTA
BALONMÁN CAMARIÑAS 13-3/12-2/13-4/2-7  CONXO

Comezou a liga dos benxamíns dirixidos por Kin que arrasaron ao Conxo neste partido inaugural. Decir que os partidos xóganse en catro cuartos nos que se contabiliza as victorias por cada un deles. Os de Kin gañaron goleando en tres deles e perderon no último, nun partido no que deleitaron aos alí presentes. A vindeira xornada os Camariñáns cogarán en Santa Comba ante o Xallas.

CATEGORÍA ALEVÍN MIXTA
BALONMÁN CAMARIÑAS 9-2/4-7/8-8/7-2 CONXO

Victoria tamén dos alevíns  de Kin que gañaron dous cuartos, empataron un e perderon outro Gran partido dos Alevíns que ao igual que os benxamíns , deleitaron aos alí presentes gañándolle ao Conxo. Ao igual que os benxamíns, os alevins tamén xogarán como visitantes ante o Xallas.


Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, a web libre e de ideas propias, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.

Engadir un comentario