1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Imaxe do encontro entre o FC Camariñas vs Agrupación Estudiantil de Santiago de Compostela

Xornada que no futbolístico viña marcada por esa homenaxe tan merecida que o Camariñas C.F. lle ofreceu ao gran LUIS O COTIÑO e polo derbi xogado no Rodeiro entre o Camelle e o Porteño, no que se vivíu un ambiente dos de antaño, un ambiente futbolístico típico dos anos 70-80, no que non collía un alfiler no recinto Camellán. Homenaxe na que por mor das miñas ineludibles obrigas laborais na tarde do domingo non puiden estar físicamente presente, nembargantes o meu ánimo e a miña alma estaban alí xunto ao meu querido primo Luis. Polo que respecta ao balonmán, máis do mesmo, un CB Camariñas que sigue ao seu e desfíxose do seu rival cómodamente.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 1-1 SOMOZAS

Empate agrio o que acadamos na casa diante do cuarto clasificado, O Somozas onde un erro en defensa nos custou moi caro, recibimos o gol que tivemos que remontar posteriormente nun partido no que fomos claros dominadores pero no que lamentablemente a falta de puntería impediunos sumar unha victoria.
Chegaba a Ordes un equipo situado no cuarto posta da táboa clasificatoria, un equipo correoso pero que ante nós non demostrou ser mellor e tan só a fortuna impediu que os vencéramos. O gol do Ordes foi acadado por Roberto Baleato. Este é o camiño a seguir se queremos gañar de novo outra vez, xa que levamos 4 xornadas na que tan só acadamos 2 puntos. A vindeira xornada recibimos ao As Pontes.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-1 ESTUDIANTIL

Partido que veu marcado pola homenaxe que o clube Camariñán lle fixo a Luis o Cotiño. Homenaxe na que o alcalde de Camariñas, Pichurri, entregoulle Bieito, fillo do Cotiño, unha camiseta firmada polos xogadores que formaron e forman parte do Camariñas F.C. Así mesmo, o presidente da entidade camariñana, Vicente Carril, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa a Bieto, como agradecemento do clube a Luis por todo canto éste lle dou ao clube, que foi moito. Antes do inicio do partido, gardouse un minuto de silencio en honor a Luis Campaña Carril, O Cotiño. Alá donde estés, que deus che teña na gloria!.
Referente ao partido, chegaba ao Hermanas Patiño o colíder, o Estudiantil, e o Camariñas de Pepucho demostrou estar a altura das circunstancias e foi mellor ao Estudiantil en todo, menos no resultado. Xogou un gran encontro o Camariñas e foi dominador do mesmo. Froito dese dominio, chegaba o gol Camariñán antes do descanso acadado por Martín. Na segunda metade, empatarían pronto os visitantes e os de Pepucho reaccionarían, conseguiron embotellar ao rival e reclamáronse dous penaltis de libro, pero o árbitro non quixo velos, para favorecer ao colíder.
A nota negativa do encontro foi a lesión de Saviola, un Saviola que era titular pola importante baixa do Moriño por sanción, e que nunha xogada fortuita, nun salto de cabeza, chocou cun xogador visitante coa mala sorte de romper o pómulo. Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación a este gran xogador. Esta é a senda a seguir polos de Pepucho, que para esta próxima xornada, recuperan a dous xogadores clave, ao Moriño e a Juan o Vello que voltan despois de cumplir as suas respectivas sancións para enfrontarse a domicilio ao Laro.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 0-0 PORTEÑO

Partidazo no Rodeiro entre o Camelle de Pupus e o Porteño de Gerpe nun campo repleto de afecionados que ateigaban ata a bandeira o recincto Camellán. Máis parecía un partido de outra época, desa época de finais dos 70 e principios dos oitenta nos que os campos da costa estaban repletos un domingo si e outro tamén, no que as aficións dos equipos desprazábanse a donde fixera falta para animar aos seus. Tan só un pero, o estado do terreo de xogo. Unha auténtica lameira que impedíu ver un bó espectaculo entre o terceiro clasificado o Camelle e o líder, o Porteño que segue sen coñecer a derrota.
Pese ao estado do terreo de xogo, foi un partido no que había algo máis que tres puntos en xogo, era un derbi con tódalas palabras, un derbi que ningún dos dous conxuntos quería perder e iso notouse no transcurrir do partido. Non houbo un dominador claro, xa que as defensas impoñíanse aos ataques, e no que as balóns en longo debido ao estado do terreo de xogo, foi o denominador común. Foi un encontro no que se via que o conxunto que marcara levaríase o partido, e ahí a tiveron os de Gerpe, cando o colexiado decretou penalti nunha xogada na que o Porteño reclama gol, pois se o colexiado concedera lei da ventaxa o balón acabou entrando no marco Camellán, e na que o Camelle queixouse porque consideraron que non fora penalti, o certo foi que Ismael tivo nas súas botas a victoria, pero enviou o seu disparo fora.
Na segunda metade máis do mesmo, moita intensidae, moita entrega de uns e de outros pero o resultado inicial foi inamovible. Segue líder o Porteño, sen coñecer a derrota, e demostrando unha solidez asombrosa mentras que o Camelle continúa terceiro a espera de que poidan pinchar os seus rivais. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Castrelo mentras que o Camelle xogará en Vimianzo ante o Soneira B.

CORCOESTO 2-3 XAVIÑA
Victoria a domicilio do Xaviña de Pirucho ante o Corcoesto nun campo enlamado e no que o Xaviña tivo que remontar un resultado adverso, pois cando tan só transcurriran 15 minutos de partido, o Corcoesto gañaba por dous goles a cero. Foi un punto de inflexión ese segundo gol dos locais, pois os de Pirucho, enrabietáronse e foron a por todas, comezaron a dominar o partido e así antes do descanso, Martelo e Chiriví, conseguían dous goles para chegar ao descanso con empate a dous.
Na segunda metade o Xaviña saiu a por todas e no minuto 70, unha falta lanzada por Gatuso ao longueiro, fixo que Esteban collera o rechace e conseguira o gol da victoria. Tres puntos máis para o Xaviña que xa se sitúa nos postos medios da táboa clasificatoria. A próxima xornada, o Xaviña recibe ao Muxía no Hermanas Patiño.

LIGA XUVENIL
ZAS 2-3 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Victoria do Camariñas de Andrés nun partido onde pasaron máis apuros dos debidos por non sentenciar antes o partido, pois ocasións tiveron e moitas. Está sendo unha tempada difícil para un Camariñas que ten máis talento do que está a demostrar a táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Baio.

LIGA CADETE
PORTEÑO 2-3 FISTERRA

Derrota inmerecida do Porteño de Ordóñez ante un Fisterra que se levou moito premio ante un Porteño que estivo errático en defensa motivo polo cal perderon o encontro. Pese a todo, este é o Camiño a seguir e seguro que as victorias voltarán pronto. A próxima xornada o Porteño xoga en Carnota

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 6-2 SOFÁN

Victoria das Baleas de Vi ante o colista, o Sofán nun partido onde os de Vi voltaron a senda da victoria. Despois de pasado o difícil calendario, agora os pupilos de Vi voltarán a enfrontarse a conxuntos máis asequibles e poderán escalar postos na clasificación para mirar de cerca aos primeiros clasificados. A vindeira xornada As Baleas xoagan en Vimianzo.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CABANA 6-0 CAMARIÑAS

Derrota por un set a cero do Camariñas que está practicamente sentenciado ao descenso cando aínda non se disputou a metade da liga. Está este Camariñas nunha dinámica negativa e terán a oportunidade de cambiala o próximo fin de semana. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Vimianzo.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 0-0 CORME

Demasiada confianza non é boa e iso pasoulle factura ao Camelle do Socho que non puido pasar do empate ante o Corme. Partido no que o Camelle foi moi superior pero demasiado individualismo non foi bó para un conxunto que puido golear ao rival pero que finalmente non pasou do empate a cero. Ten que aprender a lección o Camelle para que non lle volte a pasar o mesmo. A vindeira xornada o Camelle xogará como visitante ante o Milagrosa.

PORTEÑO 0-1 MUROS
Derrota do Porteño ante o líder nun partido onde non se veu no terreo de xoga a diferencia existente na táboa clasificatoria. Saleu a por  todas o Porteño ante o líder ao que lle planteou un partido sen complexos e no que lamentablemente non puido sacar nada positivo. Seguindo este camiño as victorias chegarán. A próxima xornada o Porteño xoga en Corme.

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-23 VIÑA COSTEIRA

Victoria do Camariñas de Fran Puga que novamente arrasou a un rival que nada puido facer ante o rodillo Camariñán que chegou a dobrar no marcador ao conxunto visitante e no finalmente, o deixarse ir do conxunto Camariñan, provocou que o Viña Costeira maqueara un pouco o resultado. Fantástica a tempada do Balonmán Camariñas que xa está a pensar na fase de ascenso o tod@s os afeccionad@s temos moitas esperanzas postas neste conxunto e de seguro pase o que pase xa non nos van a fallar. A vindeira xornada, o Balonmán Camariñas xogará como visitante ante o At. Novás.

As demais seccións do Balonmán Camariñas tiveron xornada de descanso.

Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, a web libre e de ideas propias, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.

Engadir un comentario