- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 06 Decembro 2012 06 Decembro 2012
Deste xeito, as dúas entidades máis importantes do Concello no seu ramo respectivo, Camarinas.eu no caso do xornalismo e o FC Camariñas no do actual universo fútbolístico, colaboran de forma conxunta en brindar a debida homenaxe a aquel que deixou un recordo inolvidable nas nosas vidas. O FC Camariñas recoñece os servizos prestados por un dos mellores xogadores da súa historia, aquel extremo menudo e habilidoso que levou o pánico e a derrota a rivais de diferente pelaxe dende unha banda esquerda convertida en pista de despegue, cabeza de ponte do ataque camariñán en terreo enemigo, o adestrador de fútbol base que transmitío a diferentes xeracións camariñanas unha sabiduría aprendida na esixente Academia de Luita Futbolera do Barrio de Corea e transplantada con tanto éxito durante tantos anos aos campos de xogo da Costa.
No noso caso, honramos ao amigo, ao compañeiro de vivencias e recordos do Café Bar Arnela, ao experto futbolístico ao que recurrir en busca dun bo consello ou dunha predicción acertada, ao veterano co que cubrir a laguna ca que completar unha crónica sobre os tempos de gloria idos do fútbol da Costa. Unha persoa boa, entrañable, sempre educada e correcta, que tantas veces tivo que encarar os duros golpes dunha vida esixente e cruel. Por elo, alí onde tantas tardes de triunfo colleitou, no rectángulo da Praia de Lago onde experimentou algunhas das súas mellores experiencias vitais, onde nalgunha ocasión rozou ca punta dos dedos o éxito máis completo, o Estadio Hermanas Patiño, remozado, inmaculado, resembrado cunha alfombra esmeralda (que diabluras non faría Luis cun piso como o actual, el, un fino estilista obrigado a xogar en campos de terra, parcheados de torroñas, charcas inmundas, lodazais) este domingo os seus amigos organizamos unha sinxela e humilde homenaxe. Esperamos deste xeito cubrir ese pequeno oco que quedou nas nosas vidas ca súa marcha e sabemos que alá onde queira que esté Luis estará feliz de verse unha vez máis, tal vez a derradeira, quen sabe, sobre o terreo de xogo do seu amado Hermanas Patiño.
Comentarios
O balón nos teus pes era un xoguete,
fermoso e dócil con alas pa voar;
voaba coa maxia da alma dun ariete
que, elegante en dribles, soubestes domar.
Prendías o balón, coma en trinquete,
cas miradas que che estaban a animar.
Agora ti descansa con Deus en Paz;
o teu relevo ha ser xa pa outro rapaz.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.