Imaxe do FC Camariñas que este domingo desputará no seu campo un encontro moi especial

Outra xornada na que o Balonmán Camariñas foi novamente unha apisonadora e aplastou ao seu rival e xa está pensando en esa fase de ascenso que cada vez está máis preta. O FC Camariñas cae derrotado na Pobra do Caramiñal mentras que o Porteño segue a ritmo de record, non quere ser menos que o Barsa e tras 13 xornadas acumula 12 victorias e un empate. O Camelle segue ao seu ritmo e non quere perder a estela do club da ponte milenaria e voltou a gañar a domicilio. Teremos derbi en Camelle, derbi por todo o alto no que o líder Porteño xoga no campo do conxunto revelación, o Camelle. Todo nunha xornada marcada pola tráxica noticia do falecemento dun dos mellores xogadores da historia da costa, Luis o Cotiño, un gran amigo ao que botaremos en falta.

TERCEIRA DIVISIÓN
BERGANTIÑOS 1-0 ORDES

Se hai derrotas que doen, esta é unha delas, pois son partidos nos que o rival é inferior, non ten ocasións, pero finalmente aproveita unha xogada a balón parado para gañarnos o partido. O que non chora non mama!. Ese é un refrán que existe e que é verdade. Pero xa está ben de que seamos uns parvos e non protestemos, e no campo das Eiroas  xa foi a gota que colmou o vaso.
Levamos nos derradeiros 5 partidos fora da casa, 4 goles anulados, que  segundo as imaxes da televisión, foron legais e daríannos victorias e sumariamos puntos  para estar máis arriba. Para colmo, somos o único equipo ao que non lle pitaron un penalti a favor, e en Carballo hubo ocasión para pitar polo menos un, pero como non protestamos...... Por eso basta xa!!!.
Decir que tamén perdemos por erros nosos, iso é certo, pois os últimos goles en contra, recibímolos a balón parado e ahí temos que mellorar, posto que hoxe en día, no fútbol actual, as xogadas a balón parado dan e quitan moitos puntos. Temos que cambiar a racha, levamos 3 partidos sen gañar e xa é unha racha perigosa e necesitamos unha victoria urxente. A vindeira xornada recibimos ao Somozas.

PRIMEIRA REXIONAL
PUEBLA 3-0 CAMARIÑAS

Dende a baixada do autobús xa viña perdendo o Camariñas de Pepucho o partido, pois vendo o estado lamentable do terreo de xogo, era unha lameira, tan só dous xogadores do Camariñas levaron botas de tacos de aluminio moi necesarias neste tipo de terreos de xogo, un handicap que como se puido comprobar no transcurrir do encontro, os xogadores Camariñáns tiñán bastante con tratar de manterse de pe.
Pese a todo, tivo o Camarñas 2 claras ocasións nas botas de Brais Triñanes quen se plantaba só diante do espigado gardamallas local e non conseguía batilo. Así chegaríamos aos tres minutos finais da primeira metade fatídicos, onde o Puebla acadaba 2 goles. Intentaríao o Camariñas na segunda metade, intentou acurtar distancias no marcador arriesgando en ataque pero sin sorte, pois nunha contra moi ben levada polos locais, mataban o encontro acadando o terceiro e definitivo gol. Toca cargar as pilas esta semana na que o Camariñas recibe ao colíder, o Estudiantil no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 3-0 LIRA

Víctoria do Porteño de Gerpe que segue a ritmo de récord. Xa van 13 xornadas onde acumula 12 victorias e un empate. Ahí queda eso. Partido fácil que tivo o Porteño e que tan só durou 45 minutos, pois o Lira presentouse no campo da Grixa con tan só 9 xogadores e antes do descanso, tres deles lesionáronse provocando que o colexiado suspendese o encontro cando o marcador era de 3-0 favorable aos da Ponte do Porto, goles acadados por David Toja, Brais e Pejo. Agora queda a expensas do comité de competición, a decisión de saber se o partido dase por finalizado ou hai que xogar os restantes 45 minutos.
Partido ademais no que tivo un lado sentimental, pois houbo un minuto de silencio respetadísimo e vivido con moita tristeza, polo falecemento de Luis o Cotiño, pai do xogador do Porteño Bieito. Segue de líder e a unha marcha espectacular na que está batendo todo tipo de records nunha tempada espectacular do conxunto Porteño. A próxima xornada o Porteño xoga en Camelle. Derbi por todo o alto que seguro vai bater o record de público da tempada facendo que se viva este partido por todo o alto.

XAVIÑA 1-1 CERQUEDA
Empate do Xaviña de Pirucho que mereceu máis nun partido no que lle perdoaron a vida ao conxunto visitante nos últimos minutos do partido onde tiveron duas claras ocasións de gol para acadar a victoria. Foi un partido que o Xaviña afrontaba con moitas baixas debido a sancións e a lesións, pero os xogadores que saltaron ao terreo de xogo fixeron olvidar as baixas e ante un dos galiños da categoría, deron a cara e acadaron un empate que como decíamos antes, soubo a pouco.
Caamaño foi o autor do gol do Xaviña que supuxo o empate final tras unha falta botada por o xogador-adestrador Pirucho. Está o Xaviña nun bó momento de xogo que ten que aproveitar para acadar victorias. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Corcoesto.

NANTÓN 0-2 CAMELLE
Nova victoria do Camelle de Pupus nun campo compricado como o do Nantón, que lle serve para sumar tres valiosos puntos para seguir en postos de ascenso e demostrando que o Camelle é un equipo aspirante ao ascenso. Poñeríaselle o partido de cara o partido ao Camelle, cando nunha gran xogada dos Camelláns, o porteiro local derribaba claramente a Barreiro provocando que o árbitro pitase penalti e decretase a expulsión do meta do Nantón. Matias, o especialista do Camelle dende os 11 metros, non erraría e anotaba o 0-1.
Na segunda metade, o meta do Camelle Porrua, sería expulsado, provocndo que o xogador de campo, Carlos de Dido, se puxera baixo os paus demostranto unhas maneiras moi boas de gardarredes. Xa nos minutos finais, o Camelle aproveitaría unha magnífica contra para que o goleador Camellán, Felipe Barreiro, marcase o segundo gol que sería o da sentencia. Segue a un ritmo de ascenso o Camelle que a próxima xornada recibe ao líder, nun partido que será de alto voltaxe!.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 0-2 CORISTANCO

Derrota do Camariñas xuvenil ante un Coristanco que fixo as cousas mellor que o equipo Camariñán e foi xusto merecedor da victoria. Non está o Camariñas atravesando por un bó momento e necesita cambiar o mundo para rematar a liga con dignidade. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Zas.

LIGA CADETE
BAIO 3-2 PORTEÑO

Derrota do Porteño de Ordóñez ante o Baio nun partido xogado de poder a poder onde finalmente o maior acerto ante o marco rival, doulle a victoria ao Baio. En liñas xerais o Porteño fixo un bó partido, onde os ataques superaron as defensas. Lástima que o Porteño errara nas acasións que tivo, pois de ser así, o resultado non sería o mesmo. Están facendo un gran inicio de tempada os de Ordóñez e deben de continuar nesta liña. A próxima xornada o Porteño recibe ao Fisterra.

LIGA INFANTIL
CEE 6-1 AS BALEAS

Derrota das Baleas de Vi en Cee, ante un dos galiños da categoría. O calendario quixo que as Baleas tivese que enfrontarse aos 2 primeiros clasificados en duas xornadas seguidas e isa provocou que os rapaces de Vi perderan sendos partidos ante rivais que son superiores. Nada que obxetar ao marcador final, se ben é certo que os rapaces das Baleas deron a cara en todo momento e intentaron que o resultado fose outro, pero o traballo realizado no terreo de xogo non obtivo os froitos desexados. Agora terán un calendario máis asequible para tratar de mellorar a situación actual na que se encontran na táboa clasificatoria. A próxima xornada As Baleas reciben ao Sofán.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN

CAMARIÑAS 0-5 CORCUBIÓN

Está o Camariñas caendo en barrena e moito nos tememos que esta tempada non vai poder conseguir a permanencia na categoría. Mal partido do Camariñas ante un rival que foi moi superior e non dou opción algunha ao Camariñas. Moito teñen que cmbiar as cousas para que volten as victorias, pero a esperanza é o último que se perde. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Cabana.

SEGUNDA DIVISIÓN
LAXE 2-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño pola mínima ante o Laxe nun partido no que os da Ponte do Porto puideron traer outro resultado se non erraran tanto. Foi un partido disputado, sen un dominador claro, no que o maior acerto en ataque dos locais, levou a éstes a acadar a victoria. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Muros.

MUROS 1-0 CAMELLE
Derrota do Camelle do Socho na cancha do líder nun partido no que o Camelle dou a cara e xogoulle de tú a tú ao líder. Partido entretido o que se puido ver en Muros entre dous equipos que sairon a pola victoria dende o inicio, e no que se via que o conxunto que primeiro marcara, sería o que se levaría o triunfo. E así foi, o Muros adiantaríase no marcador cun gol que a postre sería definitivo. A próxima xornada o Camelle recibe ao Corme.

BALONMÁN

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
SEIS DO NADAL 21-30 BALONMÁN CAMARIÑAS

Victoria do Camariñas de Fran Puga que sigue sendo unha apisonadora para todos os rivais aos que se enfronta. Están demostrando un nivel altísimo e da igual se xogan na casa ou fora, pois os Camariñáns cun estilo de xogo atrevido en ataque e con moito rigor defensivo, están demostrando que van a ser uns candidatos moi serios para lograr o ascenso. Desta vez a súa víctima foi o Seis do Nadal, un conxunto que pouco puido facer ante a maquinaria Camariñana que estivo sobresainte en ataque e en defensa. A vindeira xornada o Balonmán Camariñas recibe ao Viña Costeira.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BM. RASOEIRO 30-22 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota do conxunto que dirixe Moncho nun partido no que as Camariñanas melloraron actuacións pasada pero no que esta mellora non lle chegoou para acadar a victoria. Non están atravesando un bó momento de resultados o conxunto femenino Camariñán e necesitan urxentemente unha victoria para variar o rumbo. Estamos seguros que có traballo e as gañas que lle poñen estas mulleres, os resultados positivos chegarán pronto. A vindeira xornada os Camariñanas xogarán como visitantes ante o Cinco Jotas Lavadores.

LIGA XUVENIL MASCULINA
CHAPELA 34-21 BALONMÁN CAMARIÑAS

Derrota dos xuvenís Camariñáns ante un Chapela que foi moi superior neste encontro. Quixeron os camariñáns estar máis preto no marcador pero os seus intentos foron contrarrestados por un chapela que demostrou estar mellor que os de Camariñas. A próxima xornada os xuvenís xogarán en Tuí. Será dentro de duas semanas, pois terán parón ligueiro este próximo fin de semana.

LIGA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 32-19 ACALUBA

Victoria das cadetes Camariñanas nun partido no que raiaron todas elas a un nivel espectacular acadando unha victoria merecida e cómoda. Gran partido das Sara e compañía que fixeron un gran traballo ofensivo e defensivo provocando que as rivais non tivesen opción algunha. Hai canteira en Camariñas e este partido refrendou esa teoría. A vindeira xornada, as Camariñanas xogarán en Porriño. Será ao igual que os xuvenís, dentro de duas fins de semana, posto que hai parón ligueiro.

LIGA INFANTIL FEMENINA
Descansaron as infantís Camariñanas que ao igual que as cadetes, xogarán en Poriiño dentro de duas fins de semana.

Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos. Hoxe queremos mandarlle un saúdo a outro amigo que está por terras Suizas, a Diango, ex-xogador do Camariñas e gran seguidor desta casa. CAMARINAS.EU, a web de ideas propias, a que vive o deporte!.

Comentarios   

papasnaola
+2 # a juanillopapasnaola 05/12/2012 20:29
tendes que poñer os partidos do camariñas,polo canal plus ,que eu sa che ton moi vello para ir a pasar frio o campo do fubol
Responder | Denunciar ante o administrador
pepedaspelotas
+2 # a juanillopepedaspelotas 05/12/2012 20:31
home tivestes unha boa idea ai que felisitar,meu can matou unha mosca pra nos era o ideal ,viamos o partido desde a calorciña da casiña,bueno carallo
Responder | Denunciar ante o administrador
bandullo
+2 # a juanillobandullo 05/12/2012 20:33
e con uns cantos chourisos e unha serra de viño tinto a jloria,pois si señor ai que darlle de comer e quen ten dentes e papasnaola desta cajoua e asertou,metioa susto polo furado
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 02-12-2012jose de marta 05/12/2012 21:41
Non fales nunca de Mourinho,nunca mais,ti fas como el e si non o crees lee a cronica do ordenes,pero ti si podes falar asi e el non jajajajajaja,so des iguales jajajajajaj.
Responder | Denunciar ante o administrador
papasnaola
+2 # a juanillopapasnaola 05/12/2012 22:16
tiñamos que buscar outro pra sojar as partidas do tute,que vos parese,asi sa non saliamos vendo todos partidos e nos descansos dandolle o tute ou o truco ,podia ser sacodementiras que vos parese bouno chamar
Responder | Denunciar ante o administrador
papasnaola
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 02-12-2012papasnaola 05/12/2012 22:20
sa falei con sacodementiras e vai a vir pero eu poñovos unha condicion que einda que dija muitas mentiras nos non fajamos moito caso sinon non paramos de discutir el que dija o que queira,total non di unha verda nin que se equivoque
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+2 # en su casael abuelo 06/12/2012 12:26
que Maria elojo veñen a comer a nosa casa os nosos fillos que veñen todos,ven Calandria,dente sdeouro e o estudiante e as mulleres que van na coruña ai que ver os tempos elas na coruña e nos aqui,cando antes era o reves iamos ver o fubol e despos veña o papajallo,que tempos
Responder | Denunciar ante o administrador
calandria
+2 # en su casacalandria 06/12/2012 12:29
Que como estas abuelo,vaia susto levastes o outro dia,eu sejin todo que estaba a pasar por Camariñas eu,e non quisen ir o materno por non pinalo indio
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+2 # en su casael abuelo 06/12/2012 12:31
vamos a debatir como si fora en 59 sejundos e eu fajo de presidente,onte tiven escoitando quen era o que elexia o que pode ser alcalde de Vijo,que vos parese
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+3 # en su casael abuelo 06/12/2012 12:31
vamos a debatir como si fora en 59 sejundos e eu fajo de presidente,onte tiven escoitando quen era o que elexia o que pode ser alcalde de Vijo,que vos parese,que dis dentesdouro
Responder | Denunciar ante o administrador
dentesdeouro
+2 # en su casadentesdeouro 06/12/2012 12:40
eu non entendo nada,penso que a democrasia debia medrar acanda nos,non podemos estar a elesir un home que non coñosemos,debia de sair das bases do partido,pero bueno pra min eso non esta ben pero ainas peores
Responder | Denunciar ante o administrador
estudioso
0 # en Madridestudioso 06/12/2012 13:25
Bueno eu ton en Madrid, estou estudiando como non estudiar e aprendese moito,as listas tiñan que ser abertas sobre todo nos asuntamentos pequenos,a mais en todos lados ,pporque eu non podo votar a uns señores de un partido e outros de outro,eu quero as millores persoas e o meu pensamento e que aquel señor que vai de tres e millor que o numero dous ou un e o que vai no outro partido eu sei que o catro e o seis son vos pra min e pro meu pobo
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+2 # o estudiosoel abuelo 06/12/2012 13:28
Carallo como se nota que estudea en madri,e eso que e noviño so ten trinta anos,non che dijo cando teña cuarenta,este vainos pra dipotado
Responder | Denunciar ante o administrador
calandria
0 # o estudiosocalandria 06/12/2012 13:31
non o noso irman vai cobrar o paro antes de empezar a traballar,eu so sei que ultimamente os politicos sa a nivel do estado non estan a altura dosde antes,e o malo e que non ai consenso en nada ,pero eso eu entendo aljo cando en unha casa non nos poñemos de acordo pra nada
Responder | Denunciar ante o administrador
dentesdouro
0 # a todosdentesdouro 06/12/2012 13:34
cada dia ai mais parados e non se ve o fin ai jerras que non teñen nada que ver cos intereses do pobo,Mas sin ir mais lesos tiña que dimitir e aqui non dimiten nada mais que cando os collen cos cartos na man que non son deles e as caixas desfeitiñas o banco Pastor vendido,Endesa, eche unha caca
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+2 # a todosel abuelo 06/12/2012 13:37
enton temolo dificil,eu ton acojonadiño co tema das pajas e ca sanidad non temos perriña sejun din,ajora disque hasta o 2015 sa non se sae parece que temos un burro con un pau ajarrado que corre detras do que leva coljado e canto mais corre mais corre o que ta no pau
Responder | Denunciar ante o administrador
estudioso
0 # a todosestudioso 06/12/2012 13:40
eu son dos 15 M,ton encontra de todo,isto non vai pra diante temos que facer as cousas de outra forma ,mentres vaian a carce o ladron de unha jaliña e os jrandes presidentes das caixas fajan o que lle dean a jana eteñan un debeda enorme e a un homiño quitanlle o piso por menos de nada
Responder | Denunciar ante o administrador
el abuelo
+2 # a todosel abuelo 06/12/2012 13:41
que ven fala como se nota que esta estudiando,nadi ña os cincuenta presidente ,ti sije meu filliño
Responder | Denunciar ante o administrador
calandria
0 # a todoscalandria 06/12/2012 13:43
abuelo,mentra ti lle sijas mandando cartos el sije a estudiar,que burro fun que non quisen estudiar,pero el non di que jrasias a perjeseiros como el esta o pais como esta,PLUMCATAPL UMPLAMPUF
Responder | Denunciar ante o administrador
EL ABUELO
+2 # a todosEL ABUELO 06/12/2012 13:45
QUEDIÑOS QUEDIÑOS ,NON PELEAR ,MARIA VENTE A METERME UNHA MAN EIVAN OS 59 SEJUNDOS PRO CARALLO,EI VAI A DEMOCRASIA,ASI NON SAIMOS DA CRISI,E DESPOS ESIJIMOSLLE OS DEMAIS,MMMAAARR RIIIIAAAAA,QUE SE MATAN MARRRIIIIAAAAAA A
Responder | Denunciar ante o administrador