1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Juanillo escribe emocionado unhas palabras de ánimo ao noso querido amigo CotiñoNon somos pitonisos, pero no mundo do deporte, cando todos reman para o mismo lado, os resultados chegan sexa quen sexa o rival. Nós xa nos aventuramos en decilo a semana pasada, e o Camariñas de Pepucho demostrou a nosa teoría. Polo tanto, os que quixeran un despido do adestrador, van ter que agachar a cabeza e a esperar moito, pois nada van conseguir. Por outra banda, preguntámonos, ¿cal é o teito do Porteño?. Nova victoria dos de Gerpe ante o segundo clasificado demostrando que ao Porteño quédaselle pequena a categoría. O Camelle non quere perder comba e gañou o seu partido e unha semana máis, segue nos postos de ascenso. No balonmán, o Balonmán Camariñas  segue imparable e arrasando a tódolos seus rivais. A sección femenina non encontra esa regularidade necesaria para escalar postos na clasificación.

TERCEIRA DIVISIÓN


ORDES 1-1 BARBADÁS
Empate que nos sabe a moi pouco o que obtivemos ante un Barbadás que aproveitou as xogadas a balón parado para empatarnos. Despois de marcar o primeiro gol, tivemos ocasións de sobra para matar o partido e non puidemos facelo, e cando eso pasa, sempre se cumpre a máxima do fútbol, o que perdoa acábao pagando. E por desgracia iso foi o que pasou,  o Barbadás aproveitou unha xogada a balón parado (tiveron unhas 15 na segunda metade debido ao recital dun colexiado ao que lle queda grande a terceira división), para empatarnos. Nacho foi o autor do noso gol, con este xa leva 10.
A próxima xornada temos un mini derbi, xogamos en Carballo diante do Bergantiños onde esperamos acadar a primeira victoria a domicilio da tempada.

PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 1-1 MALPICA
Unha frase do preparador Camariñán Pepucho escrita no Twitter dio todo. " Orgulloso dos meus xogadores, dende o primeiro ata o último...".
Victoria do Camariñas de Pepucho nun partido que era vital para sair da dinámica perdedora que levaba o Camariñas e na que a conexión semanal entre adestrador e xogadores foi chave para lograr o obxetivo. O exemplo máis claro foi que Pombo no quecemento, resintiuse do seu nocello danado e tivo que abandoar. José Luis púxose baixo paus pero unha lesión na man cando estaba rematando de quentar, impediu que puidera xogar. Parecía que alguén estaba facendo budú. Pombo vestiuse de corto e saltou ao terreo de xogo sen poder pegarlle ao balón nin correr. Chapeau para Pombo!. O Malpica viña como un dos galiños da categoría e pouco puido facer diante dun Camariñas que o deu todo no terreo de xogo para lograr merecidamente os tres puntos. Debutaba Alex no Camariñas e non o puido facer de mellor xeito, marcou o primeiro gol e deixou unha gran impresión. De la Sierra marcaría o gol da victoria ao transformar un claro penalti, e decímolo, CLARO, pois algunhas crónicas din que os Malpicáns protestaron esta decisión, pois consideraban que non fora, lamentable, o que diga eso é que necesita gafas.
Deberán agochar as ás os buitres e esperar nos seus niños para que se cumpran os seus desexos, pois este Camariñas está moi vivo e unido.
A vindeira xornada o Camariñas xoga na Pobra do Caramiñal ante o Puebla C.F.

TERCEIRA REXIONAL


CAMELLE 2-1 AMEIXENDA
Victoria do Camelle de Pupus ante un rival que lle puxo as cousas difíciles, nun campo que non estaba en moi boas condicións debido a choiva caída. Tres puntos de ouro para un Camelle que non quer perder comba co Porteño e supo sufrir para acadar tres puntos que parecían que iban a ser claros cando aos 20 minutos de encontro o Camelle gañaba por dous goles a cero, ambos acadados por Jose. Posteriormente , antes do descanso, o Ameixenda acurtaba distancias e ao final o marcador xa non se movería. Esta facendo o Camelle unha campaña espectacular e vai ser un candidato ao ascenso si segue esta liña.
A próxima xornada o Camelle xoga en Nantón.
INDEPENDIENTE DE CARBALLO 1-2 PORTEÑO
Chegaba o Porteño de Gerpe a Carballo para enfrontarse ao segundo clasificado,a un Independiente de Carballo que quería ser o primeiro conxunto en gañarlle ao Porteño,pero foille imposible, e iso que se lle poñía todo de cara cando acadaron o gol que os poñía cun marcador favorable. Pero o Porteño é moito Porteño, un equipazo que sabe ao que xoga e que ten moito oficio e moita calidade nos seus xogadores. Primeiro foi Brais quen tras un saque de esquina ao inicio da segunda metade, acadaba o empate. Non se conformaría o Porteño có empate e a falta de 20 minutos para o final, Yuyo demostrando a calidade que atesoura, acadaba o segundo gol para o Porteño cunha maxistral vaselina. A partir de ahí, o Porteño adicouse a gardar o resultado e non pasaría apuros. Está demostrando o Porteño que este ano é o seu e non hai equipo que lle faga sombra. O obxetivo é claro, o ascenso, e creemos que o van a conseguir antes de tempo.
A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Lira no seu campo da Grixa.
XAVIÑA
O Xaviña descansou esta semana. A próxima enfrontarase ao Cerqueda no Hermanas Patiño.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


MALPICA 8-1 CAMARIÑAS OS LEÓNS - LIGA XUVENIL
Derrota do Camariñas en Malpica onde se veu a versión mala do Camariñas. Estes rapaces teñen talento pero se non hai cabeciña non se fai nada. Tras unha mala primeira metade, na que cada un xogaba a facer a guerra pola súa conta, o Camariñas xa tiña 6 no lombo. Na segunda metade, sairon con ganas de demostrar cousas e foron mellores có rival, pero xa era tarde. Moito teñen que cambiar para gañar partidos. Esperemos que o fagan, porque se queren, poden.
A vindeira xornada o Camariñas Os Leóns reciben ao Coristanco.

PORTEÑO 4-0 PONTECESO - LIGA CADETE
Magnífica victoria do Porteño de Ordóñez que goleou ao Ponteceso nun gran partido. Sairon a por todas e a demostrar que podían vencer ao Ponteceso e así foi, dende o minuto 1, veuse que o Porteño era superior e así o demostra un marcador final que puido incluso ser máis abultado. Están facendo unha tempada moi boa e temos a convicción de que van seguir así.
A próxima xornada o Porteño xoga en Baio.

AS BALEAS 0-7 XALLAS DE SANTA COMBA - LIGA INFANTIL
Derrota das Baleas de Vi ante un rival que demostrou que era o líder por algo. Foi mellor o Xallas de Santa Comba e o marcador xa o di todo. Pese a verse por debaixo no marcador, os rapaces de Vi intentaron acortar distancias pero foilles imposible.
A vindeira xornada As Baleas xogan en Cee.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


XUVENTUDE BERGANTIÑOS 5-2 CAMARIÑAS - PRIMEIRA DIVISIÓN
Costa abaixo e sin freos vai este Camariñas de veteráns que ou moito cambia, ou vai descender de categoría. Foi un partido no que os Camariñáns intentaron por tódolos medios pelexar pero o rival foi superior como así se pode comprovar no electrónico.
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Corcubión.

PORTEÑO 2-0 PONIENTE - SEGUNDA DIVISIÓN
Victoria do Porteño que deste xeito volta a senda da victoria tras derrotar ao Poniente dunha forma clara e merecida. Fixeron un gran partido os da Ponte do Porto e son os xustos merecedores dos tres puntos. Esperemos que esta victoria sexa unha das moitas victorias que consiga o Porteño que se enfrentará ao Laxe a domicilio a vindeira xornada.

CAMELLE 0-0 LAXE

Empate do Camelle do Socho ante o Laxe nun partido disputado de poder a poder onde tan só faltou o gol. Foi un partido entretenido, con dominio alterno no que finalmente reinou o empate debido a que non se marcou gol en ningunha das ocasións das que dispuxeron ámbolos conxuntos.
A próxima xornada o Camelle xoga en Muros.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


BALONMÁN CAMARIÑAS 29-14 AT. GUARDÉS - PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
Malleira soberana a que lle endosou o Camariñas de Fran Puga a un At. Guardés que non supo como conter a avalancha Camariñana. Partidazo novamente dos Camariñáns nun Pavillón, o do Areal onde os rivais que o visitan parecen que teñen unha menor categoría debido ao gran nivel que demostra o Balonmán Camariñas que aplasta a tódolos seus rivais. Partidazo tanto en ataque como en defensa onde dende o pitido inicial os de Fran Puga non quixeron sorpresas e demostraron que iban a por todas. Fenomenal tempada do Balonmán Camariñas que vai é líder en solitario a falta de poucas xornadas para o remate da primeira fase do campeonato.
A vindeira xornada o Balonmán Camariñas xoga como visitante ante o Seis do Nadal - Coia.

BALONMÁN CAMARIÑAS 12-32 A.D. CARBALLAL - PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
Derrota das mulleres de Moncho ante un rival que foi moi superior as Camariñanas como o demostra o marcador final. Mal partido o realizado polas Camariñanas que estiveron mal en defensa e mal en ataque, onde deron moitas facilidades a unhas rivais que aproveitaron os regalos que se lle presentaban unha e outra vez. Teñen que cambiar moito as Camariñanas para voltar a senda da victoria.
A próxima xornada, o Balonmán Camriñas xoga como visitante ante o Rasoeiro.

BALONMÁN CAMARIÑAS 33-25 VIVEIRO - LIGA XUVENIL MASCULINA
Victoria merecidísima dos xuvenís Camariñáns que venceron no Pavillón do Areal ao Viveiro con todo merecemento. Chegou a segunda victoria da tempada para o Balonmán Camariñas que demostrou ante o conxunto da Mariña Lucense que teñen mimbres para chegar a ser un gran conxunto.
A vindeira xorda os Camariñáns xogarán ante o Chapela.

TEUCRO 22-21 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA CADETE FEMENINA
Derrota das Camariñanas en Pontevedra ante o Teucro nun encontro disputadísimo onde finalmente e por desgracia, as Camariñanas perderon por tan só un gol de diferencia. Partido ben xogado polas nosas que ben mereceron outro tipo de resultado debido a que fixeron un gran partido ante un gran equipo, pero finalmente o desenlace foi desagradable para as nosas. Deben de seguir así, demostrando que poden competir con calquera equipo e as victorias chegarán.
A próxima xornada o Balonmán Camariñas recibe a Acaluba

TEUCRO 29-5 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA INFANTIL FEMENINA
Derrota clara e contundente das nosas máis pequechas ante un Teucro que non tivo piedade das nosas como así o demostra o marcador final.
Teñen as nosas rapazas moita moral e seguen con ese sorriso na boca a pesares de que de momento non acadaron ningunha victoria, pero estamos seguros de que chegará. A vindeira xornada, as Camariñanas descansarán.

Esto foi todo canto dou a xornada. Unha xornada na que como non, CAMARINAS.EU, a web libre e de ideas propias, contouvos todo canto sucedeu cós nosos equipos.
Den aquí quixera mandar toda a forza do mundo para LUIS O COTIÑO,  que está pelexando contra vento e marea por seguir entre nós. ÁNIMO E FORZA, LUIS!!!.

Comentarios   

lucia018
+4 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012lucia018 27/11/2012 12:00
Espero que te ruperes pronto luis,... moitisimos animossss e sobre todo a familia que o esta a pasar mal...
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012diegoalfr 27/11/2012 12:01
Veña cotiño ánimo, a luitar que ainda che queda moito por enseñar!! Moita forza!
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
+5 # Luis - " O cotiño"estudiante 27/11/2012 12:35
Espero que a vida che dea outra oportunidade, porque ti mais que nadie merécela. A vida é moi inxusta e os golpes non poden caer sempre a mesma persoa. Veña que ti podes. Unha aperta. ---estu---
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012diegoalfr 27/11/2012 14:26
Por certo, gran traballo o que leva realizando Juanillo dende hai xa varios anos. Algún día teráselle que recoñecer por parte dos diferentes clubes deportivos camariñáns a labor desenrolada na divulgación das andanzas deportivas dos nosos equipos. Esto que está escribindo o noso compañeiro de redacción Juanillo todas as semanas non se fai COPIAND O E PEGANDO, se non que hai que ir aos partidos, falar coa xente, chamar aos adestradores e xogadores, recopilar datos, contrastalos e despois redactalo todo para crear estas fantásticas crónicas deportivas. Dous ou tres días de traballo para realizar o que podedes ler aquí cada semana. E esto non está ao alcance de calqueira. Para poder facer estas crónicas deportivas un redactor ten que gustarlle o deporte, vivir o deporte, gustarche o teu pobo, querer a teu pobo e sobre todo querer traballar para mellorar o teu pobo. Esto é o que diferencia a unhas webs de outras. O traballo e a dedicación. Este traballo de Juanillo quedará para a historia de Camariñas. Outros xa sabedes como quedaron vergonzosamente reflexados para a historia. Noraboa Juanillo, un honor terche como redactor.
Responder | Denunciar ante o administrador
fenomenal
+3 # enhoraboafenomenal 27/11/2012 15:32
JUANILLO, sempre fuches un CRAK, e moi humilde, o único defecto que tes e ser do farsa, ja.ja miña enhoraboa sigue sempre así no cambies, eu sei que nunca COPIARAS E PEGARAS, meu recoñocemento sincero. saludos moi afetuosos.
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
+2 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012MBCA 27/11/2012 21:37
Moita forza a Luis e a toda sua familia,mentras ai vida hai esperansa!!!man dovos moita forza,eu ainda creo nos milagros,espere mos que ocurra un neste caso!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Kenny Powers
+2 # CAMPEONES DEL DEPORTEKenny Powers 27/11/2012 22:04
Kenny Powers saluda a uno de los más talentosos atletas que dio la Costa da Morte, Luis el Cotiño, un talento del fútbol en estado puro. Animo y adelante Luis!!.
Por otro lado, por favor, no comparemos DON JUAN MANUEL CABREJO PASANTES, HIJO DE UNOS BENDITOS PADRES, JUAN Y GELINITA, vaya mi cariño y reconocimiento desde aquí, buenas personas, trabajadoras, humildes, que le supieron inculcar unos valores y unos principios, con unos vulgares delincuentes, saqueadores tramposos, ladrones de tumbas, que llevan años haciendo el ridículo más espantoso, igual que Kenny Powers el año que estuvo en México.

Responder | Denunciar ante o administrador
un de xaviña
+2 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012un de xaviña 27/11/2012 22:33
Canto peleades por catro faros si forades o aljaso mi madriña querida que pena de sente tan travaladora e despos dis que ai paro en jalisia a mita de vos mandalos pa suisa
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012Beldoña 28/11/2012 12:20
Mis felicitaciones, tanto para Juanillo como para Luis...y AÚPA CAMARIÑAS.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: A crónica de Juanillo 26-11-2012Beldoña 28/11/2012 14:34
Bueno, mi comentario anterior de felicitación a Juanillo y a Luis, lo emití sin haber leído el otro, que habla del estado en que se encuentra Luis. Por eso, nada sabía de que se encontrase mal. Por ello, quiero expresar mi apoyo incondicional a este jugador que defiende los colores de nuestro pueblo, y que es tan querido por todos nosotros.
ANIMO, PUES, LUIS; Y LUCHA EN ESTE DIFICIL CAMPO, COMO TÚ SABES HACERLO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador