1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O noso redactor Juanillo marca un gol dende o seu campo contra un histórico como o PontevedraXa pasou unha nova xornada para os equipos do noso Concello con resultados moi diversos que vos vamos a relatar como sempre aquí, en CAMARINAS.EU,  a web número 1, a que vive o deporte. No futbolístico, ningún equipo dos nosos que xoga en ligas federadas adultas perdeu. Eso si, hai especies de buitres rondando o entorno do Camariñas a ver si poden comer algo, provocando que as augas baixen revoltas no clube Camariñán. O Porteño segue firme e sen perder pese ao empate acadado en Muxía. O Camelle sigue ao acecho dos dous primeiros clasificados e o Xaviña puntuando novamente. No balonmán destacar a victoria ante o líder do Balonmán Camariñas nun espectacular partido dos que fai afición e victoria a domicilio do equipo femenino que vai a máis.

TERCEIRA DIVISIÓN


ORDES 3-0 PONTEVEDRA
Recibíamos a un dos galiños da categoría, a un conxunto chamado a discutirlle o campeonto ao Racing de Ferrol, ao que lle gañamos con claridade. Foi un partido intenso, no que o Pontevedra tratou de intimidarnos nos primeiros cinco minutos, pero foi un espexismo, despois deses instantes iniciales, empezamos a controlar o partido e a dispoñer de ocasións para marcar, pero finalmente chegaríamos ao descanso có cero a cero no marcador. Todo cambiaría nada máis comezar o segunto tempo, Baleato marcaba o primeiro gol tras un córner botado por Padín.
O Pontevedra veuse impotente e non nos creaba ningún tipo de perigo. Así chegaría o segundo gol obra de Capelo, quen marca un auténtico golazo de falta directa por toda a escadra. Xa nos minutos finais, eu, marquei o terceiro e definitivo cun disparo dende o centro do campo. Tres puntos que saben a gloria e que nos acercan a parte de arriba da táboa clasificatoria. A vindeira xornada viaxaremos ata Vigo para enfrontarnos ao Celta B.



PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 2-2 CACHEIRAS
Empate do Camariñas de Pepucho nun partido onde os erros defensivos impederin que o Camariñas lograse os tres puntos. Tivo que remontar por duas veces o Camariñas xa que os visitantes adiantaríanse por duas veces no marcador nun encontro no que os Camariñáns mereceron máis a pesar de non facer un partido brillante. Decir que tampouco segue a ter sorte coas arbitraxes, pois o trencilla anulou un gol a Brais da Ponte tras un córner onde despois dunha xogada embarullada éste conseguira marcar, pero o árbitro decretou fora de xogo inexistente. Basti e Moriño foron os autores dos goles do Camariñas.
Baixan as augas revoltas no entorno do Camariñas, dende xa fai unhas cuantas xornadas, algún aproveitado comportándose cual buitre carroñero, está a aparecer en distintos campos de fútbol e a falar con uns e con outros, lamentables actitudes que queremos denunciar dende aquí. Deste xeito, tras falar co adestrador cCamariñán Pepucho, adiantounos que está plantexando a posibilidade de deixar o seu cargo porque considera que o equipo non ten boa actitude, quere un cambio de actitude nos seus xogadores para que os resultados cheguen novamente. Quere un cambio xa, esta vindeira xorna na que se enfrontarán ao Villestro a domicilio, de non ser así, non quere ser unha carga para o clube (deberían de aprender alguén que outro buitre) e meditará a súa dimisión.
Nós, esperamos que tanto xogadores como adestrador, den un golpe na mesa, e que a próxima xornada demostren que son un gran equipo como o que eran ao inicio da tempada, que son eles os auténticos protagonistas dunha tempada que sabíamos iba a ser compricada e na que habería que loitar moito para acadar a permanencia, unha permanencia que estamos seguros que entre todos a conseguirán acadar, eso si, remando todos na mesma dirección.

TERCEIRA REXIONAL


XAVIÑA 3-3 LAXE
Empate do Xaviña de Pirucho nun partido trepidante onde houbo media ducia de goles pero tal e como transcurriu puido haber outros seis máis. Partido de ataque total onde as defensas víronse superadas constantemente polos ataques. Os goles do Xaviña foron obra de Gatuso, David e Felipe. Continúa sumando puntiños o Xaviña que vai escalando posicións pouco a pouco. A próxima xornada o Xaviña xoga en Alcaián.

CAMELLE 5-1 CASTRELO
Victoria do Camelle de Pupus nun partido no que en tan só 10 minutos xa o deixara visto para sentencia. Foi moi superior o Camelle a un Castrelo que non puido aguantar a embestida Camellena que unha e outra vez creaba ocasións de gol. Está sendo a sorpresa do campeonato este Camelle que non quere perder comba nin có líder (Porteño) nin có segundo clasificado ( Independiente de Carballo), para loitar ata o derradeiro partido por un posto que lle de dereito ao ascenso. Jose, Matías en duas ocasións, Javi Rañal e Varu, foron os autores dos goles do Camelle. A próxima xornada o Camelle xoga en Vimianzo diante do Baiñas.

MUXÍA 1-1 PORTEÑO
Primeiros puntos que se deixa atrás o Porteño de Gerpe tras o empate acadado en Muxía nun partido moi brusco onde o conxundo local se empregou con moita dureza ante a pasividade do árbitro, un árbitro que se veu superado polo partido en todo momento. É o rival a bater este Porteño que non sabe o que é a derrota e iso estase a demostrar, pois en cada encontro que xoga, os rivais empréganse con dureza para parar a uin conxunto como o da Ponte do Porto que está arrasando. Moito nos tememos que lle van a esperar moitos encontros deste tipo ao conxunto de Gerpe.
O Muxía puxo en seros apretos a un Porteño que tardou en adaptarse ao partido e non sería ata os minutos finais, cando un penalti transformado por Ismael, serviría para darlle o empate ao Porteño. Segue de líder sólido o Porteño a pesar de que tanto o Independiente de Carballo como o Camelle, recurtaron distancias na táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Porteño recibirá ao Fisterra B.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


CAMARIÑAS OS LEÓNS 0-4 CABANA - LIGA XUVENIL
Derrota dos xuvenís Camariñásn ante un rival que demostrou ser superior e mereceu a victoria. Hai que cambiar moitas cousas nas actitudes de moitos xogadores xuvenís, pois coa que teñen actualmente non van a ningún sitio. Teñen potencial para facemlo mellor do que o están a facer ata o de agora, pero a cabeciña é o primeiro que ten que funcionar e se non é así, malo. A próxima xornada o Camariñas Os Leóns terán un oportunidade de "cambiar" para gañarlle ao Muxía no Hermanas Patiño.

PORTEÑO 1-4 XALLAS DE SANTA COMBA - LIGA CADETE
Chegou a primeira derrota do Porteño de Ordoñez diante dun Xallas de Santa Comba que demostrou ser superior neste partido. Dende o pitido inicial o Porteño non entrou ben no partido e foi a remolque dun conxunto visitante que veuse como un equipo máis rodado. Non ten que empañar esta derrota o bó inicio de campaña do Porteño. A vindeira xornada o Porteño xoga en Cabana.

AS BALEAS 4-1 OS MIUDOS - LIGA INFANTIL
Con pasiños curtos pero firmes, sigue escalando posicións na táboa clasificatoria As Baleas de Vi que desta xornada deron conta dos Muidos nun partido moi completa dos rapaces de Vi. Victoria cómoda e clara das Baleas ante uns Miudos que o intentaron pero non puideron facerlle moito frente aos Camariñáns. Os goles das Baleas foron obra de Álvaro que conseguíu un hat-trick e de Pablo. Xa están terceiros As Baleas a tan só 3 puntiños do segundo clasificado. A próxima xornada As Baleas xogan en Baio.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


ZAS 5-1 CAMARIÑAS - PRIMEIRA DIVISIÓN
Derrota do Camariñas que xa está en postos de descenso tras acumular unha nova derrota. Está caendo en barrena o Camariñas e moito van a ter que cambiar para evitar o descenso. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao San Román.

PORTEÑO 3-1 MALPICA - SEGUNDA DIVISIÓN
Voltou a senda da victoria o Porteño que venceu ao Malpica con rotundidade. Necesitaba un partido deste tipo o Porteño para demostrar que pode estar máis arriba do que a clasificación di. Seguro que este partido vai ser un punto de inflexión na mellora do Porteño. A próxima xornada o Porteño descansará

CAMELLE
Tocoulle descansar ao Camelle esta xornada pasada. A vindeira xornada, o Camelle xogará como visitante ante o C.D. Poniente

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


BALONMÁN CAMARIÑAS 31-27 RASOEIRO - PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
Qué espectaculo!!!. Partido dos que fan afición ao balonmán o que se puido ver no Pavillón do Areal entre dous dos mellores conxuntos da categoría. Impresionante a victoria dos camariñáns que dirixe Fran Puga nun partido xogado de poder a poder no que finalmente caeu de lado dos de camariñas que demostraron ser mellores e merecedores da victoria. A igualdade no marcador foi a tónica dominante do encontro no que só ao final do mesmo, o Balonmán Camariñas conseguíu abrir unha pequena brecha no marcador para chegar con algo de tranquilidade ao pitido final. Destacar a actuación de tódolos xogadores, especialmente a Perón e Catalán. Xa son líderes os nosos que visitarán Ourense a próxima xornada para enfrontarse ao Pabellón Ourense

BALONMÁN CAMARIÑAS 15-30 S.A.R. - PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
Derrota das discípulas de Monchiño que perderon ante un S.A.R. que foi superior como se pode comprovar no marcador final. Chegaba un conxunto complicado a Camariñas pero todos esperábamos que as nosas opuxeran un pouco máis de resistencia, pero as perdas en ataque e a defenso un tanto floxa, impediu que as Camariñanas obtivesen un mellor resultado. A vindeira xornada, as camariñanas ao igual que o equipo masculino, visitarán Ourense para enfrontarse ao Pabellón Indomogal Ourense.

BALONMÁN MOAÑA 29- 18 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA XUVENIL MASCULINA
Derrota dos xuvenís Camariñáns ante un Moaña que foi mellor e mereceu a victoria. Non fixeron un bó partido os nosos de ahí que a victoria dos locais foi contundente. A próxima xornada os nosos xuvenís descansarán.

PABELLÓN OURENSE 22-27 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA CADETE FEMENINA
Fantástica a victoria acadada polas cadetes Camariñanas en Ourense nun partido moi completo tanto en ataque como en defensa. Dende un principio as Camariñanas foron a pola victoria e iso notouse. Sara e compañía radiaron a un nivel altísimo para derrotar as ourensanas. A vindeira xornada as cadetes Camariñanas recibirán ao Balonmán Lalín B.

PABELLÓN OURENSE 17-14 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA INFANTIL FEMENINA
Derrota das infantís nun partido disputado de poder a poder no que finalmente o maior acerto de cara gol no tramo final do encontro das locais foi clave. Pese a derrota, as Camariñanas fixeron un gran partido, seguro que con esa entraga e gañas, van a gañar moitos partidos. A próxima xornada as nosas infantís descansarán.

Ata aquí todo canto dou a xornada, a vindeira semana teremos as crónicas de todo canto aconteza cós nosos equipos do noso Concello.

Comentarios   

Kenny Powers
+2 # Gran futbolista, mejor personaKenny Powers 13/11/2012 20:26
Golazo impresionante de Juan Cabrejo, gran futbolista, mejor persona y profesional impecable a sus 37 años. Siempre involucrado con su concello natal a tarvés de su web de referencia. La única, estercoleros al margen. Todo un ejemplo. Justo lo contrario que mi idolatrado héroe televisivo Kenny Powers.

Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+3 # RE: A Crónica de Juanillo 11-11-2012jose de marta 13/11/2012 21:30
Un golaso,que tanto aprendestes de min e mais de ucho jajajajaja,e refente o Camariñas,que mellor entrenador que ucho poden ter,eu penso que ningun.Aqui vai pasar o de siempre van traer outro entrenador pagarlle un pila e despois ainda non na mitad da temporada din que non hay cartos e os xogadores como ven que si hay cartos pero solo po entranador e non pa eles pois empesan a non querer xojar,deixade a ucho traballar e xa veredes o final da temporada os resultados,Jose manuel ti o teu nin caso.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 11-11-2012diegoalfr 14/11/2012 11:47
Noraboa Juanillo! Eres un artista! O mellor da Costa da Morte. Saludos a Jose de marta tamén.
Responder | Denunciar ante o administrador