1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juan Cabrejo, o redactor de deportes de Camarinas.eu - El Correo Gallego

Xornada na que o Camariñas segue sen sorte coas decisións arbitrais e caeu inxustamente. O Porteño continúa imparable e a ritmo de record, nuha xornada de pleno para os nosos na terceira rexional. O balonmán masculino foi a cara esta pasada xornada, mentras que o balonmán femenino foi a cruz. Xornada na que queremos mandar un saudo a Nando e Aida que foron pais fai pouco dun fermoso rapaz chamado Antón. Noraboa parella!!!

TERCEIRA DIVISIÓN


ORDES 4-0 CÉLTIGA
Contundente victoria a que acadamos ante o Céltiga o pasado domingo ao que goleamos por catro goles a cero.
Era un partido importantísimo, enfrontábamos ante un rival dos de abaixo e había que gañar o partido si ou si. Por sorte esa presión non nos pesou e dende o pitido inicial fomos a polo partido sen deixar respirar ao rival. Froito de esa presión, de esa insistencia, chegaría o primeiro gol que nos dou a tranquilidade necesaria para ofrontar con garantías o resto do encontro.
Nacho cun hat-trick, xa leva 9 goles no que levamos de campeonato e Capelo, foron os autores dos goles do Ordes.
Estamos a 3 puntos dos postos de ascenso, pero tamén a 5 do descenso xa que a clasificación está moi apretada nestes comezos de tempada.
A vindeira xornada, o Ordes xogará en Narón.

PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 0-1 AMIO
Derrota do Camariñas ante un rival que se aproveitou dun erro monumental do colexiado cando sinalou un penalti inexistente nos derradeiros minutos de encontro, transformado polos Santiagueses.
Non foi un bó día para os de Pepucho, non fixeron un bó partido e ademais diso, a expulsión de Juan o Vello por motivos" extradeportivos", un encontronazo entre o xogador do Camariñas e un aficionado local, acabou có xogador expulsado, foi clave. Juan non estivo acertado na reacción que tivo, pero dende a miña persoa ten e terá todo o respeto do mundo, erros cometémolos todos, e os afeccionados do Camariñas están para axudar e non para ir en contra. Os vós xogadores cometen erros, Juan como  gran futbolista que é, tamén os comete.
Ao final derrota que fai que o Camariñas se situe nunha zoa perigosa da táboa clasificatoria.
A próxima xornada, o Camariñas viaxará a terras da comarca do Deza para enfrontarse ao Piloño

TERCEIRA REXIONAL


XAVIÑA 3-1 SONEIRA B
Victoria do Xaviña de Pirucho que tivo que remontar un gol do Soneira B que se adiantaría no electrónico.
Os de Pirucho non se viñeron abaixo e foron a pola remontada, unha remontada que se obrou con traballo e unha gran actitude de tódolos futbolistas do Xaviña que chegaban ao descanso cun marcador favorable, cun dous a un.
Na segunda metade, o Xaviña ampliou a súa ventaxa.
Os goles do Xaviña foron marcados por Borja, Martelo e Pirucho.
A vindeira xornada, o Xaviña xoga en Coristanco.

LIRA 0-1 CAMELLE
Victoria do Camelle de Pupus en Lira nun partido moi disputado no que finalmente os Camelláns trouxeron tres puntos como botín dun campo onde houbo moito público.
Foi un partido moi disputado, con accións duras, nas que ámbolos conxuntos se empregaban con forza e contundencia. Non querían perder nin un nin outro, e iso notouse durante os 90 minutos de xogo.
O partido decantaríase no último minuto, unha xogada do Camelle na que o balón chégalle ao gran dianteiro Camellán Felipe Barreiro, que consigue bater ao porteiro rival cunha gran vaselina.
Gol e tres puntos para un Camelle que é terceiro na táboa clasificatoria.
A vindeira xornada, o Camelle tócalle descansar.

CERQUEDA 0-1 PORTEÑO
Tiña unha proba de fogo o Porteño de Gerpe en Cerqueda e solventouna dun xeito sobresainte, como nos ten acostumados este conxunto dende que comezou a tempada, gañando o partido que xa é o oitavo consecutivo, algo que está ao alcance de moi poucos.
Foi un partido serio, no que o Porteño demostrou que ten táboas futbolísticas, e que o que lle queira gañar, vaino a ter moi complicado.
Un gol de Maikol, chegoulle aos da Ponte do Porto para gañar un partido ante un dos favoritos ao ascenso como é o Cerqueda.
Hai líder para rato e creemos que vai ser imposible desbancar ao Porteño dese primeiro posto.
A próxima xornada, o Porteño recibe na Grixa ao Corcoesto

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


CORME 2-8 CAMARIÑAS OS LEÓNS - LIGA XUVENIL
Victoria do Camariñas de Andrés que por fin demostrou que querer é poder.
Os rapaces do Camariñas foron un ciclón que pasou por Corme, nun partido que ten como destacado a Javi, un Javi que meteu cinco goles demostrando que vai ser un gran xogador.
Martín, David e Sergi, foron os autores dos outros goles.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Ponteceso

CORISTANCO 1-4 PORTEÑO - LIGA CADETE
Debutaba o Porteño esta tempada na categoría cadete e non puido facelo dun mellor xeito, cunha victoria clara e contundente dos rapaces de Ordçoñez que gañaron a domicilio ao Coristanco.
Primeira xornada e primeira victoria dun Porteño que este ano vai dar moito que falar.
A próxima xornada, o Porteño recibe ao Esteirana

AS BALEAS 7-1 MUXÍA - LIGA INFANTIL
Victoria con goleada das Baleas de Vi no derbi disputado no Hermanas Patiño ante o Muxía.
Gran partido dos rapaces de Vi que foron superiores de principio a fin ao conxunto Muxián.
Adrián con dous goles, Álvaro con outros dous e Brais, Édgar e Pablo da Ponte con un tanto cada un, foron os autores dos goles das Baleas.
A vindeira xornada, As Baleas xogan en Corme

LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


CAMARIÑAS 3-4 BERGANTIÑOS - PRIMEIRA DIVISIÓN
Derrota das que doen do Camariñas por como se produxo e por ser ante un rival directo para evitar o descenso.
Foi un partido de toma e daca na que o Camariñas caeu finalmente derrotado. Derrota que coloca ao Camariñas a tan só un punto do descenso.
A próxima xornada, o Camariñas xoga en Baio

PORTEÑO 1-1 AUGALADA - SEGUNDA DIVISIÓN
Empate do Porteño ante o Augalada nun encontro no que os da Ponte do Porto mereceron máis.
Non aproveitaron as ocasións que crearon e finalmente o Porteño conseguíu sumar un puntiño mais no seu casilleiro.
A vindeira xornada o Porteño xoga en Sofán

CAMELLE 2-0 SOFÁN
Victoria do Camelle do Socho que necesitaba un resultado deste tipo para acadar unha victoria.
Parecía que tiñan a pólvora mollada nas últimas xornadas nas que non conseguñian marcar, finalmente esta semana estivo o conxunto Camellán máis atinado              e logrou perforar a meta contraria por duas veces.
A próxima xornada o Camelle xoga en Malpica

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS



BALONMÁN CAMARIÑAS 36-22  AT. NOVÁs - PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
Victoria con goleada do Camariñas de Fran Puga que no Pavillón do Areal non ten rival.
Partidazo do Camariñas que cando actúa como local, fai que tódolos seus rivais parezcan de menor calidade, fan aos rivais moi inferiores.
Estiveron moi ben en tódalas liñas os Camariñáns demostrando que son un conxunto dos mellores da categoría.
Destacar a actuación dos dous gardamallas Camariñáns e de Kin.
A vindeira xornada o Camariñas viaxará ata Lalín para enfrontarse ao Club Balonmán Deza

BALONMÁN TUÍ 34-28 BALONMÁN CAMARIÑAS - PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
Derrota do conxunto que dirixe Monchiño no partido disputado en Tuí no que caeron por seis goles.
Non fixeron un mal partido as Camariñanas, pero necesitan un pequeno plus máis para acadar as victorias.
Estamos seguros de que estas rapazas van a darnos moitas alegrías.
A próxima xornada, as nosas reciben no Pavillón do Areal ás líderes, ao Balonmán Porriño

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


RASOEIRO 31-32 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA XUVENIL MASCULINA
Espectacular partido dos xuvenís Camariñáns que conseguiron a súa primeira victoria da tempada no partido disputado no Grove ante o Rasoeiro.
Seguro que vai ser un punto de inflexión para os Camariñáns que van a afrontar os vindeiros encontros cargados de moral.
A vindeira xornada, os cadetes Camariñáns recibirán ao S.A.R.

BALONMÁN CAMARIÑAS 23-31 LAS CINCO JOTAS LAVADORES - LIGA CADETE FEMENINA
Tocaba lidiar cás líderes do campeonato e iso notouse.
Derrota das cadetes Camariñanas nun partido no que demostraron garra ante un rival que foi superior.
Non tódolos rivais van a ser como as lídere e as Camariñanas van a darnos moitas alegrias nos próximos encontros.
A próxima xornada as cadetes xogarán como visitantes ante o A.D.Carballal

BALONMÁN CAMARIÑAS 14-35 LAS CINCO JOTAS LAVADORES - LIGA INFANTIL FEMENINA
Ao igual que as cadetes, as infantís caeron dun xeiro claro ante un rival que foi moi superior demostrando que eran as líderes por algo.
Non se teñen que vir abaixo as nosas máis pequechas porque se traballan como o están a facer, seguro que van a conseguir moitas victorias.
A vindeira xornada as Camariñanas xogarán no Pavillón do Loureiro ante o A.D.Carballal

Isto foi todo canto dou a xornada, xornada na que queremos mandar un saudo a Nando e Aida que foron pais fai pouco dun fermoso rapaz chamado Antón. Noraboa parella!!! CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte, a de ideas propias!!!.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.