Portada adicada ao equipo camariñán de fútbol Os Leóns

Fin de semana que viña marcado polos derbis que se iban a xogar, derbi comarcal entre o Fisterra e o Camariñas, e o derbi local entre o Porteño e o Xaviña. Houbo resultados de todo tipo, como na botica. Por outra banda, o Balonmán Camariñas tanto en categoría masculina como femenina, afrontaban unhas compricadas saídas, onde ademais de enfrontarse aos rivais, tiveron que enfrontarse a unhas arbritaxes calamitosas. Foi unha xornada negra para o balonmán municipal. Tamén queremos aproveitar esta crónica da xornada para saludar a outro gran seguidor destas crónicas deportivas e amigo como é Juan de Hilario fillo e familia que se encontran traballando polas terras de Liechtestein.

TERCEIRA DIVISIÓN


NEGREIRA 2-0 ORDES
Derrota dolorosa a que sufrimos en Negreira nun encontro onde chegamos sen porteiro por distintos problemas, o virus da gastroenteritis fixo estragos. Foi un partido no que a pesar de caer derrotados, dominamos e tivemos máis ocasións que o contrario pero non as materializamos, unhas veces a falta de puntería e outras a mala sorte, dous remates pegaron no longueiro,impediron que marcaramos gol algún. Pola contra o Negreira, chegou duas veces, duas faltas laterais nas que fallamos na marcaxe, supuxeron os dous goles dos nicrarienses. Toca traballar e deixar de lamentarse, pois a clasisicación esta moi apretada e temos que espabilar. A vindeira xornada recibimos ao Céltiga.

PRIMEIRA REXIONAL


FISTERRA 3-3 CAMARIÑAS
O FC Camariñas enfrontarase ao Amio SD este fin de semanaEmpate do Camariñas de Pepucho no derbi disputado en Ara Solis ante o Fisterra, nun encontro disputado de poder a poder. Os derbis entre estes dous conxuntos soen ter moitos goles e estar cargados de emoción, i este non podía ser menos. Tivo que remontar o Camariñas duas veces, a pesares de que se adiantaría no marcador, demostrando a casta que atesoura o conxunto de Pepucho, e nos partidos deste tipo é donde se ven os grandes fitbolistas, e no Camariñas destacou Juan o Vello, quen volvío tola a defensa Fisterrá que tuvo que empregar a dureza como única forma de paralo.

Os goles do Camariñas foron obra de Juan o Vello en duas ocasións e de Brais da Ponte. Punto acadado e que o Camariñas poderá facelo como moi bó, se lle gaña a próxima xornada ao Amio no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL


PORTEÑO 6-2 XAVIÑA
Próximo encontro do Xaviña este fin de semanaVictoria do Porteño de Gerpe no super derbi disputado no campo da Grixa ante moitísimo público que disfrutou do encontro e da victoria dun Porteño que xa é líder en solitario e xa deixa ao segundo clasificado a catro puntos de distancia. Plantoulle cara o Xaviña ao Porteño mentras lle durou a gasolina, pero 90 minutos na Grixa son moi longos, e na derradeira media hora, o Porteño púxolle unha marcha máis e conseguio gañar o partido con claridade, mentras o Xaviña por mor das lesións, remataba os últimos 10 minutos de xogo con dez homes.
Ismael en duas ocasións, Pejo, Yuyo, David Toja e Cousillas, foron os autores dos goles do Porteño. Caamaño e Borja, foron os goleadores do Xaviña. A vindeira xornada, o Porteño xoga en Cerqueda, mentras que o Xaviña recibirá ao Soneira B.

CAMELLE 1-1 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Empate do Camelle de Pupus ante o Independiente de Carballo, nun encontro disputado no Rodeiro ante moitísimo público, un público que veu un partido entre o segundo e o terceiro clasificado no que houbo moita tensión, un partido brusco, duro, donde se puido comprovar que ámbolos conxuntos non queren baixar dos postos altos da táboa.
Tivo que remontar o Camelle, pois o Independiente adiantaríase pronto no marcador. Os Camelláns intentaban unha e outra vez empatar pero non chegaba o gol, ata que no minuto 80 de partido, Matias transformaba unha pena máxima que foi moi clara. Reparto de puntos que sitúan ao Camelle terceiros a 5 puntos do líder, o Porteño. A próxima xornada o Camelle xoga en Lira.

LIGA XUVENIL


CAMARIÑAS OS LEÓNS 1-2 LAXE
Derrota do Camariñas Os Leóns ante o Laxe nun partido no que os Camariñas se chegan a estar acertados de cara a porta contraría, o resultado seguro que cambiaría e sería favorable aos Camariñáns. Fallaron moito os de Andrés e no fútbol xa se sabe o que pasa, que o que perdoa acábao pagando, e así foi. Martín foi o autor do gol do Camariñas. A vindeira xornada o Camariñas Os Leóns xogan en Corme.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


SONEIRA 4-0 CAMARIÑAS - PRIMEIRA DIVISIÓN
Derrota do Camariñas ante o Soneira nun partido que foi dominado de principio a fin polos  de Vimianzo. Remata o  Tourmalet do Camariñas que as últimas tres xornadas enfrentouse aos tres mellores conxuntos da categoría e pouco puido facer. Agora comeza a verdadeira liga dos nosos que se medirá a rivais da súa liga. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Bergantiños.

CERQUEDA 3-3 PORTEÑO - SEGUNDA DIVISIÓN
Empate do Porteño a tres tantos ante o Cerqueda que é o actual segundo clasificado, demostrando que o Porteño ten máis equipo do que a clasificación demostra. O partido foi xogado de poder a poder e o Porteño a piques estivo de levarse os tres puntos. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Agualada.
AGUALADA 0-0 CAMELLE - SEGUNDA DIVISIÓN
Empate do Camelle do Socho que trae un punto da súa visita a Augalada onde non tiveron ocasións claras como para gañar o partido. Non está a atravesar o seu mellor momento o Porteño en canto a xogo, pero vai puntuando e iso é importante. A próxima semana o Camelle recibe ao Sofán, conxunto que está 2 puntos por encima do Camelle.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


VIÑA COSTEIRA 27-26 BALONMÁN CAMARIÑAS - PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
Atraco a man armada o que sufriu o Camariñas ante o Viña Costeira onde o dua arbitral sacou de quicio aos homes de Fran Puga. É certo que o Camariñas non fixo un bó partido ante un rival que é inferior ao Camariñas, pero o tema arbitral é de escandalo, machacou unha e outra vez aos nosos que non queren que lle dean nada, pero tampouco que lles quiten. Deben de olvidar esta derrota e centrarse xa no seguinte partido que será ante o Atlético Novás no Pavillón do Areal.

CLÍNICA DEZA LALÍN 24-23 BALONMÁN CAMARIÑAS - PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
Ao igual que os seus colegas masculiños, o Balonmán Camariñas femenino que dirixe Moncho, perderon por tan só un gol ante o Clínica Deza de Lalín. Foi un partido no que as Camariñanas demostraron que o xogo que ofreceron a semana pasada foi un accidente e que teñen moito balonmán e do bó dentro dos seus corpos. Partido no que o acerto no lanzamento exterior foi clave e ahí as locais estiveron un pouquiño máis atinadas. Esta é a liña a seguir para gañar moitos partidos, i estamos seguros de que así será. A vindeira xornada, as Camariñanas xogan en Tuí, ante o Balonmán Tuí.

BALONMÁN MOAÑA 30-24 BALONMÁN CAMARIÑAS
- LIGA CADETE FEMENINA
Derrota das cadetes Camariñanas ante as Moañesas que foron mellores e iso reflexouse no marcador. Loitaron as camariñanas en todo momento e por momentos parecía que se podían acercar no marcador pero finalmente non foi así. Teñen que seguir loitando e seguro que as victorias chegarán. A próxima xornada, as Camariñanas reciben ao  Cinco Jotas Lavadores.

BALONMÁN MOAÑA 28-11 BALONMÁN CAMARIÑAS - LIGA INFANTIL FEMENINA
Derrota clara e contundente das rapazas máis pequechas que perderon ante o Moaña dunha forma clara. Non están a gañar partidos pero as rapazas afrontan cada partido con ilusión e iso é importante. A vindeira xornada, as Infantís Camariñanas reciben ao Cinco Jotas Lavadores.

Decir que As Baleas e os xuvenís do balonmán Camariñas descansaron e non tiveron partido. Ata aquí todo canto dou a xornada, unha xornada na que queremos saludar a outro gran seguidor e amigo como é Juan de Hilario fillo e familia que se encontran traballando polas terras de Liechtestein.
CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte, a de ideas propias!!!!!

Comentarios   

Un da ponte
+1 # RE: A Crónica de Juanillo 23-10-2012Un da ponte 23/10/2012 16:15
Q partidaso do porteño o outro dia contra oxaviña.Este equipo nos fai soñar a todos o da ponte.Forza equipo forza porteño
Responder | Denunciar ante o administrador