1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende o entorno do Vilán listos para a conquista da Costa da MorteNunha España que pretenden balcanizar os aventureiros nacionalistas de sempre imos cunha historia en sentido contrario, unha sobre superar barreiras, tender pontes, sobre a unión entre pobos. Unha historia que non trata sobre políticos profesionais que levan toda unha existencia vivindo do conto, senón de xente de aquí, duns cantos rapaces de Camariñas e Muxía, grandes aficcionados ao ciclismo, o deporte en ebullición nesta Costa da Morte dos nosos pecados, que decidiron aunar forzas e diseñar de forma conxunta un elaborado calendario de rutas que percorrer concienzudamente sobre todo os domingos, o día do Señor, desfrutando das mellores paraxes que ofrece esta inabarcable Franxa Atlántica. 

Pero non contentos co realizado, este proxecto común camariñano-muxián da un paso máis e decide trascender as fronteiras locais e acometer desafíos de maior envergadura. Así, próximamente a van a realizar un proxecto máis duro, o de percorrer o Camiño de Santiago que leva dende a capital compostelana a Muxía, a serio risco do que sobre elo poidan pensar na máis sureña Fisterra.  Consitúe ésta unha proba do compañeirismo e amizade que une a estas dúas vilas veciñas cando, sobre todo se botamos a vista atrás, todo eran competicións entre uns e outros provocadas posiblemente por patrioterismos paletos e rivalidades mal entendidas. Como non podía ser doutra maneira Camarinas.eu conta na parte muxiana do asunto cuns cantos amigos, entre  que destacamos por só nomear a un, a Javier Sambad. A maiores obviamente do promotor da idea, a de unir polo mundo da mountain bike a este animado grupo, un Daniel Cabrejo que agora posúe unha tenda de bicicletas que compatibiliza coa súa clínica de quiromasaxe. E así, a lomos dunha bicicleta, un puñado de veciños de Camariñas e Muxía escriben pedalada a pedalada polas rutas paradisíacas da Costa da Morte unha fermosa historia de unión e amizade entre os pobos.

Comentarios   

unha de tantos
+3 # ¡¡ANIMO111unha de tantos 20/10/2012 12:55
¡¡animo11 Que la union en el deporte,es de los factores mas importantes en las hermandades,el deporte une,la politica separa.Que se note que la juventud desea lo mejor entre los pueblos..
Denunciar ante o administrador
Antonio Puertas
+2 # Hei morrer alíAntonio Puertas 21/10/2012 09:28
HEI MORRER ALÍ

Hei morrer alí, onde afoga o sol por min;
alí, onde, a espuma, é a raíña do mar,
e, o vento, a frauta dos tombos, paladín.

Hei morrer alí, onde a vella luarada
ha pasar aboiada nas noites de luar,
vogando pola cima platinada.

Hei morrer alí, onde o cumio do Vilán
esbica na néboa que o está a asoballar,
i espalla súa clareeira louzán.

Hei morrer alí, onde está a vivir miña nai
coa súa alma inmortal… sobre o lugar
que deu a liñaxe ás terras do meu pai.

Antonio Puertas.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.