O Xaviña volve á senda do triunfo

Xornada maxistral a desta ponte do Pilar para os nosos conxuntos onde houbo numerosísimas victorias e o que foi mellor, moitas delas aplastando aos rivais, demostrando que os conxuntos do noso Concello van a dar moito de que falar ao longo desta tempada. Queremos esta semán ademáis, enviarlle un cordial saúdo a outro gran amigo, nós sempre lle chamamos "Choiño" de Arou que está en Suiza i é un gran seguidor dos conxuntos do nosos Concello.

TERCEIRA DIVISIÓN


ORDES 4-1 VILALBÉS
Contundente a victoria que acadamos ante un rival dos chamados a estar na parte alta da clasificación ao final de liga. Partido completísimo dende o minuto 1 ata o 90 no que non lle demos opción algunha ao Vilalbés.
Destacar a actuación de Capelo que conseguiu facer un hat-trick para deste xeito estrearse como goleador esta tempada. Nacho foi quen anotou o cuarto gol para continuar así coa expléndida racha goleadora, leva 6 esta tempada. Tres puntos moi importantes que nos colocan na zoa media da táboa clasificatoria. A vindeira xornada xogamos en Negreira.

PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 2-1 BERTAMIRÁNS B
Sufrida e importantísima victoria do Camariñas de Pepucho que necesitaba gañar o partido para sumar tres importantes puntos despois de atravesar unha mala racha de resultados. O partido foi moi emocionante, ámbolos conxuntos dispuxeron de ocasións para marcar goles nun partido de ida e volta. Adiantaríase o Camariñas por mediacións de De la Sierra antes de chegar ao descanso despois dunha moi boa xogada de Juan o Vello. Na segunda metade, empataría o Bertamiráns B cando máis estaba atacando o Camariñas.
Non sería ata o derradeiro minuto de encontro, cando unha gran xogado combinada do Camariñas remataba cun pase de Brais a Basti para que éste marcara o segundo gol do Camariñas, o da victoria, o dos tres puntos. Está noveno o Camariñas na clasificación con 10 puntos. A próxima xornada, o Camariñas terá derbi en Fisterra.

TERCEIRA REXIONAL


XAVIÑA 3-2 NANTÓN
Partidazo do Xaviña de Pirucho que gañou ao Nantón con todo merecemento. Fixo un gran traballo o Xaviña en tódalas liñas destacando sobre todo o traballo en ataque de Borja e Felipe que volveron tolos a defensa do Nantón unha e outra vez. Felipe en duas ocasións e Pirucho, foron os autores dos goles do Xaviña.
Tres puntos que van a darlle moita moral ao conxunto Xaviñán no que seguramente vai haber novidades en forma de fichaxes nas próximas horas, para afrontar o derbi da vindeira xornada onde xogarán ante o Porteño no campo da Grixa.

ALCAIÁN 0-4 PORTEÑO
Xa é líder en solitario o Porteño que como os grandes equipos non necesita facer un gran partido para gañar os seus partidos e como exemplo o desta fin de semana. Atesoura unha gran plantilla de moita calidade que marca as diferencias nesta categoría. Antón, Bieito en duas ocasións e David Toja, foron os autores dos goles do Porteño.
A vindeira xornada, o campo da Grixa vestirase de gala para afrontar un derbi apaixoante entre o Porteño e o Xaviña. O líder quererá confirmar o liderato para demostrar que é o conxunto a bater mentras que o Xaviña quererá dar a sorpresa.

FISTERRA B 3-2 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus en Fisterra que significaoi fin da excelente racha de resultados que levaba. Dise que no mundo do fútbol o que perdoa, acábao pagando, e así foi, o Camelle tiña o partido controlado, gañaba por un gol a dous a falta de 15 minutos, cando tivo ocasións de sobra para sentencialo pero non o fixo. Nun final tolo, o Fisterra conseguíu empatar o encontro no minuto 80 e no último minuto, daba o mazazo  final a un Camelle que non mereceu semellante castigo. Destacar o golazo de Miguel Riveiro quen anotaba dende uns 55 metros. Matias foi o outor do segundo gol. A próxima xornada partidazo no Rodeiro entre o segundo e terceiro clasificado. O Camelle recibe ao Independiente de carballo.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


BAIO 1-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS (Liga Xuvenil)
Derrota do Camariñas os leóns pola mínima en Baio nun partido no que os rapaces de andrés ppoideron traer polo menos un puntiño. Non estiveron acertados de cara a porta os Camariñáns motivo polo cal perderon o partido. A vindeira xornada, o Camariñas Os Leóns recibe ao Laxe.

CORISTANCO 1-1 AS BALEAS (Liga Infantil)
Empate das Baleas de Vi na terra da pataca, onde As Baleas no cómputo xeral do encontro, foi superior en todo ao Coristanco menos no marcador final. Está Vi sacándolle partido a experiencia da liga pasada para que cada partido, vese como estes rapaces melloran. O gol das Baleas foi obra de Edgar. Agora mesmo, As Baleas está siruado en sexta posición con 7 puntos. A próxima xornada, As Baleas tocaralle descansar.

LIGA DE VETERÁNS


CASTRIZ 2-0 CAMARIÑAS (PRIMEIRA DIVISIÓN)
Derrota do Camariñas ante un rival que non necesita as axudas arbitrais para gañar os seus partidos xa que son un dos favoritos e non lle fan falta ditas axudas. Están moi descontentos os Camariñáns que viron como unha e outra vez, o celexiado da contenda tiraba para os da casa facendo imposible calquera esforzo para acadar algo positivo. A vindeira xornada, o Camariñas xogará en Vimianzo ante o Soneira.

CAMELLE 1-3 CERQUEDA (SEGUNDA DIVISIÓN)
Derrota do Camelle do Socho ante o segundo clasificado o Cerqueda, nun partido no que o Camelle acusou as baixas e foi inferior a un rival que non lle dou opción algunha. Non está atravesando polo seu mellor momento o Camelle que necesita unha victoria rápidamente para subir os ánimos. A próxima xornada o Camelle xoga en Augalada.

PORTEÑO 0-1 CORCOESTO (SEGUNDA DIVISIÓN)
Derrota do Porteño ante o líder, o Corcoesto nun partido moi igualado no que os da Ponte do Porto puxeron en moitos apretos ao líder, un líder ao que lle abondou un solitario gol para gañar o encontro. A vindeira xornada o Porteño tocaralle visitar a casa do segundo clasificado, o Cerqueda.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


BALONMÁN CAMARIÑAS 36-19 SEIS DO NADAL (PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA)
Partidazo do Camariñas de Fran Puga que barreu a un conxunto que é moito mellor do que di o resultado, o que pasa é que o Seis do Nadal atopouse con un super-Camariñas que dende o primeiro minuto de partido foi a por todas e non dou opción algunha ao conxunto visitante. Magnífico o inicio de tempada dos Camariñáns que xa son líderes empatados a puntos có Rasoeiro. Partidazo de tódolos homes e sobre todo de Xavi, Perón e Fari. A próxima semana o Balonmán Camariñas xogará como visitante ante o Viña Costeira.

BALONMÁN CAMARIÑAS 23-22 BALONMÁN NARÓN (PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA)
Victoria das mulleres de Monchiño que fixeron un gran parido ante o Narón e acadaron a primeira victoria da tempada. Nótase que cada xornada as discípulas de Monchiño van a máis e así o demostraron ante o narón. Destacar a actuación de Aida e Alicia. A vindeira xornada as Camariñas visitarán Lalín para enfrontarse ao Clínica Deza Lalín.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


PABELLÓN OURENSE 30-16 BALONMÁN CAMARIÑAS (LIGA XUVENIL MASCULINA)
Derrota dos xuvenís do Camariñas en Ourense nun partido onde os Ourensanos foron superiores como así o demostra o marcador. Non están a ter moita sorte neste inicio ligueiro e esperemos que a primeira victoria chegue pronto.

BALONMÁN CAMARIÑAS 21-40 BALONMÁN PORRIÑO
(LIGA CADETE FEMENINA)
Derrota das cadetes Camariñanas ante un rival que foi moi superior como así o demostra o marcador final. Derrota que teñen que olvidala canto antes xa que a liga continúa e xa está un próximo encontro moi preto. A próxima xornada as Camariñanas xogarán como visitantes ante o Balonmán Moaña.

BALONMÁN CAMARIÑAS 14- 27 BALONMÁN PORRIÑO (LIGA INFANTIL FEMENINA)
Ao igual que as cadetes, as infantís Camariñanas caeron ante o Porriño no partido correspondente a seginda xornada de liga. Estamos seguros que a primeira victoria chegará moi pronto e teñen que seguir loitando ao máximo. A vindeira xornada, as Camariñanas ao igual que as cadetes xogarán en Moaña.

Esto foi todo canto dou a xornada. Como sempre, CAMARIÑAS.EU contouvos todo canto fixeron os nosos conxuntos. Queremos esta semán, enviarlle un cordial saúdo a outro gran amigo, nós sempre lle chamamos "Choiño" de Arou que está en Suiza i é un gran seguidor dos conxuntos do nosos Concello. CAMARIÑAS.EU,  a web que vive o deporte, a de ideas propias, a inimitable.

Engadir un comentario