- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Outubro 2012 09 Outubro 2012

TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 2-1 ORDES
Partido que o perdemos en duas xogadas a balón parado, unha delas no minuto 90. Doeu moito a forma na que caemos en Cerceda e non merecimos semellante castigo, pois o Cerceda non nos creou ningunha ocasión de perigo agás un córner e unha falta lateral que lles serviu para levarse os 3 puntos.
Có empate a un tanto no marcador, o colexiado anuloumos un gol a nós que segundo se puido ver na televisión de Galicia, foi legal, foi un gol como unha casa, pero a pesares do erro arbitral, se queremos gañar partidos, non podemos cometer os erros que cometemos nas marcaxes a balón parado. A vindeira xornada recibimos ao Vilalbés.
PRIMEIRA REXIONAL
LAMELA 4-2 CAMARIÑAS
Atraco o que recibiu o Camariñas en Lamela no que o colexiado lle anulou dous goles claros ao conxunto de Pepucho e expulsou a Pombo por pedir explicacións sobre unha xogada. Sábese que o Camariñas vai ter que loitar contra os rivais e contra certas arbitraxes que tiran para casa sobre todo cando se xoga preto da capital de Galicia.Partido que na primeira metade foi de toma e daca constante e que rematou con 2-2, goles de De la Sierra e Martín. Na segunda metade, comezaria o "Xou" do trencilla, anulando goles legais a Martín e a Brais, que acabou desquiciando aos homes de Pepucho que recibiron 9 cartóns amarelos. Basti tivo que colocarse de porteiro cando Pombo foi expulsado inxustamente e recibou un gol no treito final do encontro. Ten que olvidar o Camariñas este encontro e centrarse xa no seguinte. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Bertamiráns B.
TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 2-1 MUXÍA
Victoria do Camelle de Pupus no derbi ante o Muxía de Papi que o sitúa en cabeza da táboa clasificatoria empatado a puntos có Porteño e o Independiente de Carballo. Non hai quen pare a este Camelle que está sendo a sorpresa desta liga e está demostrando que o que lle queira gañar vai ter que pelexar moito. O campo do Rodeiro é talismán para un equipo que tivo que loitar moito ante un Muxía que lle puxo as cousas moi difíciles. Os goles do Camelle foron obra de Matias e de Jose.
Decir que os árbitros queren ser protagonistas e o que pitou en Camelle non iba a ser menos, nun actuación que ninguén comprende, non quixo entregar a acta do partido. Sen comentarios. A vindeira xornada, o Camelle xoga en Fisterra ante o filial fisterrán.
PORTEÑO 3-0 LAXE
Cinco de cinco!! son as victorias que leva o Porteño de Gerpe nun comezo de campaña espectacular que o colocan de líder empatado có Camelle( ten un partido de máis) e o Independiente de carballo. Partido no que o Porteño foi superior ante un rival que era peor técnicamente e quixo impoñer o seu físico pero foilles imposible, xa que os da Ponte do Porto non deron opción algunha ao Laxe e afiánzanse no alto da táboa clasificatoria demostranto que van a ser o conxunto a beter. Brais Grela, Bieito e Iago cun gol que xa quixeran para si algún xogador profesional, foron os goleadores do partido. A próxima xornada o Porteño xoga en Alacaián.
AMEIXENDA 1-0 XAVIÑADerrota do Xaviña de Pirucho en Cee ante o debutante Ameixenda nun partido disputadísimo e no que un solitario gol do Ameixenda abondou para derrotar ao Xaviña. Viaxou sen porteiro o Xaviña, pois o Moro estaba expulsado e Lalá lesionado, deste xeito, Chiriví tivo que colocarse debaixo dos paus e fixo un bó papel, pero por mala fortuna, non lle serviu de nada ao Xaviña para poder puntuar. Tiveron Borja, Felipe e Pirucho nas súas botas, ocasións para empatar pero non acertaron a marcar. A vindeira xornada, o Xaviña recibe ao Nantón no Hermanas Patiño.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS OS LEÓNS 4-0 ZAS
Victoria clara e contundente dos rapaces de andrés que acadaron a primeira victoria da tempada ante o Nantón. Esperemos que esta victoria lles de confianza e a partires de agora consigan máis victorias, pois potencial para facelo téñeno sobradamente. A próxima xornada, o Camariñas Os Leóns xogan en Baio.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 6-0 PONTECESO
Victoria aplastante das Baleas de Vi que pasaron por riba do Ponteceso como un auténtico Ciclón. Está demostrando o conxunto de Vi que este ano vai a dar moito de que falar e de seguro nos seguiran acostumando a moitas victorias máis. Pablo cun hat-trick, Álvaro en duas ocasións e Adrián cun tanto, foron os goleadores das Baleas. A vindeira xornada As Baleas xogan en Coristanco.
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CORISTANCO 3-0 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que pouco puido facer ante un rival que foi superior como o demostra o marcador final. O número de xogadores foi determinante, pois o Coristanco eran uns vinte e iso fixo que poidesen meter un ritmo físico de encontro moi alto que o Camariñas acusou. Ten o Camariñas diante de si o Tourmalet, pois nestas 3 próximas xornadas xoga ante os tres favoritos desta liga, comezando polo Castriz esta próxima semana como visitante.
SEGUNDA REXIONAL
PORTEÑO 2-1 LEILOIO
Primeira vicotia do Porteño que venceu ao Leiloio pola mínima nun encontro que foi moi disputado. Desta vez o Porteño estivo máis atinado de cara o marco rival para deste xeito marcar dous goles e acadar a victoria que lle serve para sumar os primeiros tres puntos da tempada. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Corcoesto.
CORCOESTO 2-2 CAMELLE
Empate do Camelle do Socho que mereceu máis ante o Corcoesto. Tivo máis ocasións o Camelle pero estivo falto de puntería, a pelotiña non quixo entrar e debido a iso o Camelle non trouxo os tres puntos. Segue sumando que é importante para estar nos postos cómodos da táboa un Camelle que recibe ao Cerqueda a próxima xornada.
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
ATL. GUARDÉS 22-37 BALONMÁN CAMARIÑAS
Aplastante victoria do Balonmán Camariñas de Fran Puga que derrotou a domicilio dun xeito claro e rotundo ao At. Guardés por un marcador abultado. O balonmán Camariñas foi unha auténtica apisonadora e dende o principio do encontro non lle dou opción algunha a un conxunto que é mellor do que parece. Borja e Monchiño foron os destacados do encontro. A vindeira xornada os Camariñáns reciben ao Seis do Nadal.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
SEIS DO NADAL 39-12 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota clara e contundente das mulleres de Monchiño que pouco tiveron que facer ante un rival superior. Voltan os vellos pantasmas de xornadas anteriores, pero ante iso só queda traballar máis e máis. A proxima xornada, as Camariñanas reciben ao balonmán Narón.
CATEGORÍA XUVENIL MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 19-20 BALONMÁN TUÍ.
Derrota pola mínima dos xuvenís do Camariñas nesta primeira xornada nun partido que foi disputadísimo de principio a fin no que a puntería no lanzamento exterior foi a chave do encontro. Pese a derrota, os rapaces fixeron un bó traballo e teñen que seguir nesta liña na que seguro van a gañar moitos partidos. A vindeira xornada, o Camariñas xoga en OUrense, ante o Pabellón de Ourense.
CATEGORÍA CADETE FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 19-29 TEUCRO
Derrota das cadetes Camariñanas nesta primeira xornada ante o todopoderoso Teucro. Partido no que as visitantes foron superiores. Teñen que seguir traballando as rapazas do Balonmán Camariñas porque non tódolos rivais son tan fortes como o Teucro e as victorias chegarán. A próxima xornada, o Camariñas xoga como visitante ante o Balonmán Acaluba.
CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 7-23 TEUCRO
Ao igual que as cadetes, as Infantís perdoron o seu encontro inaugural ante un Teucro que foi moi superior como reflexa o marcador final. A liga non fixo nada máis que comezar, e queda moito por diante. Seguro que as infantís nos van a dar moitas alegrias. A próxima xornada, o conxunto Infantil do Balonmán Camariñas tócalle descansar.
Isto foi todo canto dou a xornada, unha xornada na que queremos mandarlle un saúdo a outro gran amigo, a Gonzalo Lema e a súa familia que están en Londres e nos siguen cada semana.
Saúdos a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte, a de ideas propias, a orixinal!!!.