1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Foto oficial do FC Camariñas 2012-13

Xornada onde os equipos do noso Concello obtiveron resultados de todo tipo nos distintos deportes. O Camariñas perdeu e así remata a gran racha que levaba; Porteño e Camelle seguen imparables e gañaron os seus partidos a domicilio; o Xaviña perdeu ante o Baiñas mentres que o Balonmán Camariñas acadaba unha aplastante victoria na categoría masculina e un empate na sección femenina. A liga de veteráns cun Camariñas sorprendente en primeira e con un derbi entre Camelle e Porteño na segunda, deparounos unha mañá de domingo moi entretida, mentras que en categorías inferiores, Camariñas Os Leóns e As Baleas , perdían os seus encontros.

TERCEIRA DIVISIÓN


ORDES 1-0 ALONDRAS
Victoria importantísima a que acadamos ante o Alondras nun encontro no que fixemos métritos para gañar máis olgadamente. Estamos indo a máis e iso nótase a hora de afrontar os encontros e xa son 4 xornadas na que estamos a sumar puntos. Pouco a pouco estamos a escalar posicións na táboa clasificatoria tras un mal inicio ligueiro e cós tres puntos de onte xa sumamos oito que nos serven para colocarnos no medio da clasificación.
Poidemos deixar sentenciado o partido na primeira metade, pero entre as paradas do cancerbeiro visitante e os erros a hora da definición das xogadas, chegamos ao descanso có cero a cero no electrónico. A segunda metade seguimos có dominio do partido e froito diso, chegou o gol de Nacho (xa leva 4) que nos daría os 3 puntiños. A vindeira xornada visitamos Cerceda, partido especial de rivalidade total no que haberá moito en xogo.

PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 0-3 RIBEIRA
Derrota do Camariñas de Pepucho ante o rival de máis presuposto da categoría como é o Ribeira. Os contragolpes e a eficacia á hora de definir visitantes foron a chave do partido, pois o Camariñas contralaba e dominaba o mesmo ata que tres contras mortais nun periodo de 15 minutos no primeiro tempo, deixaban sentenciado o partido. Eficacia do 100% para un ribeira que lle chegou con tirar tres veces a portería.
Quixeron os homes de Pepucho na segunda metade acurtar diferencias pero foi imposible, os tres goles pesaron demasiado e o resultado foi inamovible. Rómpese deste xeito a boísima racha que levaba o Camariñas, pero os Juan o Vello, Pombo, Moriño e compañía van a seguir dando moito de que falar nesta categoría. A próxima xornada o Camariñas xoga en Lamela.

TERCEIRA REXIONAL


XAVIÑA 1-3 BAIÑAS
Derrota do Xaviña de Pirucho nun partido no que a pesares de xogar cun home menos por expulsión do seu porteiro o Moro, e non tendo porteiro suplente e ser Chiriví o que se colocou debaixo dos paus, mereceu mellor sorte e sacar algo positivo.
Xogou mellor con 10 homes e tivo ocasións para poder empatar o encontro cando o marcador era de un a dous, pero non acertaron ante o marco rival, e como no fútbol o que perdoa acábao pagando, chegou o terceiro do Baiñas. O gol do Xaviña foi obra de Frutos ao tranformar un claro penalti. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Cee ante o Ameixenda.

CORCOESTO 0-4 CAMELLE
Imparable estase a demostrar o Camelle de Pupus que acadou unha victoria clara e contundente en Corcoesto que lle serve para estar situado na segunda posición empatado a puntos có Porteño e a tres do líder, o Independiente de Carballo. Dende o primeiro momento foi a polo partido o Camelle e non lle dou tregua a un rival que pouco poido facer, e iso que o Camelle fallou dous penaltis, ainda que o segundo deles, foi gol tras o rexeite do meta local.
Os goles do Camelle foron obra de Jati, Barreiro, Matias e Iván. Destacar o debut da nova fichaxe do Camelle, Javi Rañal quen tivo un bó estreo. A próxima xornada o Camelle recibe ao Muxía no Rodeiro.

CORISTANCO 0-4 PORTEÑO
Impresionante o Porteño de Gerpe que esta xornada goleou a domicilio a un dos galiños da categoría como é o Coristanco. A efectividade do conxunto Porteño foi a clave para lograr unha goleada. Están a facer o Porteño un inicio de tempada sobresainte e hai que ter en conta que xa descansaou, deste xeito leva 4 victorias en 4 partidos, está a tres puntos do líder pero cun partido de menos e empatado có Camelle.
Mario toja marcaría o primeiro gol nada máis comezar o choque e despois tería que ser sustituido debido a que recibiu unha forte entrada na xogada do gol. Pejo, Búa e Nené, foron os auteros dos demais goles. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Laxe na Grixa.

LIGA XUVENIL

CORISTANCO 1-O CAMARIÑAS OS LEÓNS
Nova derrota do Camariñas Os Leóns nun encontro no que fallaron demasiadas ocasións e voltaron a perder. Necesitan un resultado positivo para coller confianza, pois estase a ver en moitos partidos que estes rapaces ppoden dar moito máis. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Zas.

LIGA INFANTIL
FISTERRA 6-3 AS BALEAS
Derrotas das Baleas de Vi na súa visita a Fisterra onde os erros defensivos condenaron ao conxunto Camariñán. A nota positiva do encontro foi o hat-trick acadado por Adrián. Xogou As Baleas como sempre, tratando de combinar e tranzar accións colectivas ante un Fisterra que foi máis vertical e tivo moito acerto de cara portería contraria. A vindeira xornada As Baleas recibe ao Ponteceso.

LIGA DE VETERÁNS PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-0 ZAS
Victoria e tres puntos para o Camariñas que segue sen coñecer a derrota neste inicio ligueiro e da cada semana pasos firmes para tratar de conseguir o obxetivo final que non é outro que a salvación. Partido moi serio ante un Nantón que viña lanzado e que se veu freado por un Camariñas moi serio. O gol da victoria foi obra de Chocolate de Arou. A próxima xornada o Camariñas xoga en Coristanco.

LIGA DE VETERÁNS SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-0 PORTEÑO
Victoria do Camelle do Socho no derbi disputado o pasado domingo no Hermanas Patiño onde houbo dous golazos que xa quixeran firmar para sí algún xogador profesional. Partido moi entretenido no que o Camelle dominou máis e no que se adiantaría no marcador tras un golazo de Juan de Jamela de bolea que foi imparable.
O partido puido cambiar na segunda metade, pois o Porteño fallou un penalti houbera suposto o empate. Lito parou o lanzamento de Carlos de Merexo e poucos minutos despois, o Rubio con un disparo dende a frontal a bote pronto, entraba pola escadra da meta defendida polo Ruso. Colócase o Camelle en segunda posición mentras que o Porteño segue sen puntuar. A vindeira xornada o Camelle xoga en Corcoesto mentres que o Porteño recibe ao Leiloio.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 30-21 PABELLÓN OURENSE
Victoria contundente do Balonmán Camariñas que quixo sacarse a espiña da pasada xornada eso si, o partido e a victoria foi máis complicado do que di o marcador. Os de Fran Puga estiveron máis acertados nos lanzamentos exteriores e as perdas de balón foron poucas (a semana pasada foron factores que provocaron a derrota), así a victoria puido caer do lado Camariñán.
Destacar a actuación que tivo Catalán, quen raiou a un nivel altísimo axudado polos seus compañeiros. A próxima xornada o Balanmán Camariñas viaxará ata a Guardia para enfrontarse ao Atlático Guardés.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 21-21 BALONMÁN CASELAS
Partido emocionante no que as Camariñanas que dirixe Monchiño, conseguiron empatar no último suspiro de encontro. Melloran dia a dia e as nosas moveron moi ben o balón e sobre todo defenderon de maravilla na segunda metade demostrando que poden facerlle fronte a calquera conxunto.
Perdía o Balonmán Camariñas cando a falta de cinco segundos, Alicia  Ogando, metía o gol que significaba o empate. Destacar a actuación de Alicia Ogando e Tina sen desmerecer as demáis compañeiras. A vindeira xornada, as Camariñanas xogarán como visitantes ante o Seis do Nadal.

Isto foi todo canto dou a xornada, unha xornada adicada a outro amigo que próximamente estará de cumpreanos, a Guillermo Bermúdez Mouzo que está en Londres coa súa familia e nos sigue cada semana. Un saúdo a tod@s dende CAMARINAS.EU,  a web que vive o deporte!!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.