1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os Leons de Camariñas, unha canteira futbolística para Camariñas

Boa xornada para os nosos equipos de fútbol amateurs na que houbo 3 victorias, Camariñas, Porteño e Camelle, e un empate, o do Xaviña. Primeira derrota do Balonmán Camariñas en O Grove. Xornada que ven marcada polo temporal que asolou Galicia esta fin de semana pasada onde o vento e a choiva foron os principais protagonistas nos campos costeiros. Comezou a Liga de Fútbol Infantil, onde As Baleas de Vi comeza gañando o primeiro partido, demostrando que este tempada vai ser moi distinta a anterior, pois teñen experencia e xa son un conxunto máis consolidado. Tan só quedan por comenzar as ligas en categorías inferiores de balonmán masculino e femenino onde estará o Balonmán Camariñas e a liga cadete de fútbol onde competirá o Porteño.


TERCEIRA DIVISIÓN


RÁPIDO DE BOUZAS 1-1 ORDES
Empate o que acadamos en Vigo ante o Rápido de Bouzas nun encontro no que poidemos golear (pois tivemos numerosísimas ocasións de gol) e a piques estivemos de perder, pois empatamos no último minuto de encontro. A piques estivo de suspenderse o partido, pois a choiva e o vento que caeron no transcurso do encontro deixaron un terreo de xogo en lamentables condicións.
Un punto que non sabe a moito despois de ver o que aconteceu no terreo de xogo, pero que nos ten que valer para continuar nesta liña ascendente e na que cada dia demostramos que estamos aumentando de nivel. Rubén foi o autor do gol que nos daba o empate no minuto 90 de encontro. Unha vez máis, e por terceira semana consecutiva, xogamos cun home menos, esta vez quen sufriu unha increible  expulsión foi Alex Castro. A vindeira xornada recibimos ao Alondras.


PRIMEIRA REXIONAL


CAMARIÑAS 1-0 FLAVIA
Próximo encontro do FC CamariñasVictoria merecida e moi traballada do Camariñas de Pepucho ante un rival que está chamado a loitar polo ascenso. Moitísimo vento no Hermanas Patiño que non parou de soplar durante todo o partido. O Flavia dominuo o primeiro tempo, pois tiña o vento ao seu favor, e Pombo voltou a demostrar que é un doa mellores porteiros da categoría, pois salvou ao Camariñas  neste primeiro tempo de encaixar algún gol.
Na segunda parte e co vento á favor do equipo de Pepucho, o Camariñas comezou a engraxar a máquinaria e dominaría ao rival de principio a fin. Así, no minuto 75, De la Sierra marcaba o único tanto do partido e que lle valía 3 puntos para o Camariñas. Impresionante este inicio de tempada do Camariñas que xa está nas primeiras posicións da táboa clasificatoria. A próxima xornada, o Camariñas voltará a xogar na casa diante do Riveira.


TERCEIRA REXIONAL


PORTEÑO 6-1 SONEIRA B
Un set lle endosou o Porteño ao Soneira B nun partido no que os da Ponte do Porte foron moi superiores e mostraron as suas credenciais para pelexar polo título ligueiro pese a que na primeira metade sairon algo confiados e tiveron que remontar un gol do Soneira B. Tense que quedar coa segunda metade o Porteño, pois foi un auténtico rodillo e pasou por encima dun Soneira B que non era capaz de conter os ataques locais.
Búa, Ismael, Mario Toja, Gabi, Cousillas e un tanto en propia meta, foron os goleadores do Porteño. Segue o Porteño en postos de ascenso, é segundo empatado a puntos co Camelle, e xa descansou a xornada que lle correspondía, cousa que os seus rivais ainda o teñen que facer. A vindeira xornada, o Porteño xogará en Coristanco.
CAMELLE 2-0 CERQUEDA
Próximo encontro do Xaviña FCVictoria do Camelle de Pupus ante un dos rivais favoritos ao ascenso como é o Cerqueda. Novamente as gradas do Rodeiro estaban repletas. Hai gañas de fútbol en Camelle e o conxunto Camellán está demostrando neste inicio de tempada que vai ser un conxunto a ter en conta, pois está gañando con solvencia os seus encontros.
Parece ser que o Cerqueda protestou polo terreo de xogo, pero si está mal o campo está mal para os dous conxuntos, e non hai que buscar excusas, pois o Camelle foi mellor e mereceu a victoria. Miguel e Barreiro, deixaron sentenciado o partido no primeiro tempo marcando os dous goles do partido para o Camelle. A próxima xornada o Camelle xoga en Corcoesto.
CASTRELO 3-3 XAVIÑA
Empate do Xaviña de Pirucho nun partido tolo no que os ataques superaron as defensas e con constantes alternancias no marcador. Contaría o Xaviña cunha ventaxa de cero goles a dous, goles de Felipe e de Dani, pero o Castrelo aproveitando xogadas a balón parado, conseguiría a remontada e colocaríase por diante no marcador.
Finalmente, un clarísimo penalti no derradeiro minuto de partido, serviriía para que Frutos marcase o definitivo empate a 3 goles. A próxima xornada, o Xaviña recibirá no Hermanas Patiño ao Baiñas.


LIGA XUVENIL


CAMARIÑAS 2-5 MALPICA
Derrota do Camariñas de Andrés ante un rival que foi mellor. Adiantábase o Camariñas por medio de Carlos de Camelle, pero ese gol espoleou ao conxunto visitante que lle daría a volta ao marcador e conseguiría unha cómoda victoria. Martín foi o autor do segundo gol do Camariñas. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Coristanco.


LIGA INFANTIL


AS BALEAS 3-2 CABANA
Victoria merecida das Baleas de Vi no primeiro partido da tempada disputado no Hermanas Patiño con moito vento. A tempada pasada decíamos que as derrotas eran normais, pois As Baleas eran rapaces prácticamente de primeiro ano todos e iso notábase moito, máis xogando a fútbol once. Esta tempada, con máis experiencia, os rapaces de Vi vannos a dar moitas alegrías e van a gañar moitos partidos. A próxima xornada, As Baleas xogarán en Fisterra.


LIGA DE VETERÁNS


PRIMEIRA DIVISIÓN.
PONTECESO 0-0 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas en Ponteceso nun partido onde non houbo goles e no que tras disputarse os 90 minutos, o marcador rematou có resultado inicial de cero a cero. Dous partidos e dous empates para un Camariñas que está demostrando unha boa solidez defensiva. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Nantón.
SEGUNDA DIVISIÓN.
PORTEÑO 0-2 DEPORTIVO CARBALLO
Derrota do Porteño na súa casa diante do Dep. Carballo por cero goles a dous, nun partido no que os visitantes dominaron máis. Este comezo de tempada estase a parecer o da tempada anterior onde o Porteño lle custou arrancar. A próxima xornada teremos o derbi de segunda, o Porteño xogará contra o Camelle.
LEILOIO 2-1 CAMELLE
Tiña que xogar o Camelle na casa, pero debido a problemas cós horarios e números de equipos que están a xogar no Hermanas Patiño, tiveron que trocar a orde do partido e xogaron en Leiloio. Derrota dun Camelle que estaba plagado de baixas ante un rival que aproveitou mellor as ocasións das que dispuxo. Necesita o Camelle recuperar efectivos para poder loitar polas victorias. A vindeira xornada haberá derbi, o Camelle recibe ao Porteño. Partidazo por todo o alto.


BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS


1ª AUTONÓMICA MASCULINA
RASOEIRO 29-23 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota do Balonmán Camariñas de Fran Puga que pagou moi caro os erros no lanzamento exterior, pois a porcentaxe neste apartdao foi moi baixo motivo polo cal o Camariñas non puido loitar pola victoria ante un rival que estivo máis inspirado nos lanzamentos dende lonxe. Tense que sobrepoñer o Balonmán Camariñas a esta derrota e seguro que o vai a fecer. Destacar a actuación de Cristian Antelo, quen foi o mellor dos Camariñáns a pesar de estar a vivir unha situación persoal un tanto delicada por mor do estado de saúda da súa avoa. A próxima xornada o Balonmán Camariñas recibirá ao Pabellón Ourense.
1ª AUTONÓMICA FEMENINA
CHAPELA 40-5 BALONMÁN CAMARIÑAS
Partido para olvidar das camariñanas de Monchiño nun partido no que o marcador o di todo. Pasar páxina e a pensar no seguinte rival para olvidar esta dolorosa derrota. A vindeira xornada as nosas reciben ao Balonmán Caselas.

Esto foi todo canto dou a xornada no mundo do deporte no noso Concello. CAMARINAS.EU estavos a contar todo canto acontece, somos a web que vive o deporte!!! Sabemos que  moita xente ve as crónicas para informarse dos resultados dos nosos equipos, persoas sobre todo que están fora da nosa terra. Cada xornada recordaremos a amigos que están fora por motivos laborais e que nos siguen unha e outra vez.

Hoxe toca adicarlla a un gran amigo, a Jose de Marta e a súa familia a cal lle mandamos moitos saúdos dende aquí.

PD- Estamos a preparar as enquisas para que o máis pronto posible poidades votar polo voso xogador favorito de cada clube. @s gañadores recibirán o primeiro trofeo CAMARINAS.EU

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.