- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Xullo 2012 28 Xullo 2012
Os dous clubs de balonmán de Camariñas decidiron xuntarse e constituir unha única entidade que acolla a todos os deportistas de balonmán, tanto femininos como masculinos, do Concello de Camariñas. A idea é optimizar recursos, tanto humanos como económicos, e xuntar nun só club a todas as persoas interesadas por este deporte no concello camariñán. O “Club Balonmán Camariñas” sairá pois nas distintas categorías, tanto femininas como masculinas, facéndose cargo tamén de todos os nenos e nenas que ata agora formaban parte das escolas municipais deportivas de balonmán, para evitar así a súa desaparición, xa que debido a situación económica que atravesa o Concello, este non podería facerse cargo das escolas.
Tentarase manter a práctica do balonmán dende as categorías mais novas e continuar co traballo realizado ata agora ca colaboración do Concello, para que este deporte tivera presenza e fora practicado por un número importante de rapaces e rapazas. A nova directiva estará constituída por membros dos dous clubs que se xuntan, e darase a coñecer publicamente nunha asemblea de socios que terá lugar no vindeiro mes de agosto, así mesmo o club informará ao público da nova xestión e do xeito de matricularse para as actividades que se procuraran mellorar de cara ao próximo curso/tempada.
Agradecer a todos os socios e socias o apoio recibido ao longo destes anos, e tamén agradecer de antemán a axuda que esperan lle sigan prestando en estes momentos tan delicados para poder continuar así con esta labor de promoción do deporte en Camariñas.