1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Imaxe de familia dos participantes na ruta de sendeirismo

Hai unhas cantas semanas, fruto da colaboración interadministrativa entre o Concello de Camariñas e o de Vimianzo estaba prevista a realización dunha ruta de sendeirismo polas beiras do Río Grande. Nestas chegou o diluvio perpetuo de 40 días que inundou o mes de abril ao completo e a primeira semana de maio e desbotou os plans tan concienzudamente elaborados: unha crecida do Río Grande desbordou tódalas previsións e fixo imposible a camiñata. Por elo ambos concellos decidiron retomar a idea orixinal e así este sábado percorrendo a Senda Marina, Reira, e o Parque Eólico tiña lugar un sucedáneo da ruta de sendeirismo primixeniamente proxectada. Á mesma apuntouse todo o que quixo, veciños de un e  outro lado da fronteira municipal, e así entre a alegre muchachada trotadora destacou cun entusiasmo e ahínco encomiables a asistencia de grandes colaboradores de Camarinas.eu como Pedro, Sefa ou o artista gráfico anteriormente coñecido como Juan Salvador Gaviota (JSG). Acometida a presente incursión sendeirística, queda pendente para datas futuras, unha vez calmadas as augas,  a execución da ruta orixinal.

Comentarios   

rubiasexy
0 # RE: Ruta de sendeirismo pola Costarubiasexy 30/05/2012 19:15
si señor muy bien todo todo perfeto viva camariñas gracias diego fas majas
Responder | Denunciar ante o administrador