1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O plantel do Cerceda exhultante pola súa vital victoria ante o Cuarte Industrial

Tal e como sinalara Juanillo en conversación informal no Café Bar Arnela os informes preceptivos presentaban ao rival do Cerceda no playoff de ascenso á Segunda División B, o Cuarte Industrial, como un equipo leñero á antigua usanza. Un conxunto aguerrido e marrullero, especialista nas rudas técnicas do catenaccio máis itálico: dureza excesiva, tácticas ultradefensivas, perdas constantes de tempo, crueldade asiática, etc... Pero nada puido parar a avalancha futbolística galega que deixou a eliminatoria prácticamente encarrilada. Máis problemas en principio presenta o encontro de volta do Camariñas nos cuartos de final da Copa da Costa, o empate a dous colleitado ante o Corme no Hermanas Patiño obriga aos pupilos de Pepucho a unha xesta. Baixo a sabia batuta do adestrador camariñán, o Zorro de Lingunde, non cabe a menor dúbida de que así será.

FASE DE ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN B.
CUARTE INDUSTRIAL 0-2 CERCEDA

Magnífica a victoria que acadamos en terras zaragozanas diante dun Cuarte Industrial que parecía que en vez de estarse xogando un partido de fútbol, era un de rugbi.
Tremenda foi a dureza que empregaron contra nós pero por sorte non lles sirviu de nada, pois o Cerceda foi moi superior e o resultado quedouse curto polo que se veu no terreo de xogo. Mariño e Xaco, éste último cun golazo dende o centro do campo, foron os goleadores do Cerceda.
Victoria merecida e que ten unha dedicatoria moi especial, vai para unha persoa moi importante para nós, unha desas persoas que é difícil encontrar polo mundo do boa xente que é que se está a debatir entre a vida e a morte. Manolo, o noso utillero, estaba a preparar a roupa unha horas antes da saída do bus dirección Zaragoza, cando un derrame cerebral deixouno fulminado. Esperamos que se o "de arriba" é quen ten que ser, salve a Manolo para que esté pronto de volta no lugar donde máis lle gustaba estar, que era nos campos de fútbol.
Queda o partido de volta. A ventaxa que traemos é importante pero non definitiva, pois o fútbol non é unha ciencia exacta, e por iso debemos de afrontar o partido de volta como unha auténtica final. O próximo domingo, ás 12 do mediodia no Campo de O Roxo, partido de volta.

COPA DA COSTA. CUARTOS DE FINAL. IDA.
CAMARIÑAS 2-2 CORME

Empate do Camariñas de Pepucho ante un bo equipo como é o Corme no partido de ida de cuartos de final da copa da costa. Mereceu máis o Camariñas por oportunidades pero no fútbol o que conta son os goles, polo que o resultado está ahí. Os goles do Camariñas foron obra de Javi.
Mala arbitraxe a que sufriron os camariñáns, pois non se comprenden algunhas decisións que tomou que perxudicaron ao equipo de Pepucho. As espadas están en todo o alto para o partido de volta que se disputará o vindeiro domingo en Corme, onde o Camariñas sefuro que vai a pasar de ronda.

COPA DE VETERÁNS
CASTRIZ 3-0 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas ante o campeón de liga nun partido onde a pesar da diferencia que existe entre ámbolos planteis, os camariñáns loitaron cada balón e cada minuto de partido sen resultado, pois a maior calidade dos locais veuse reflexada no marcador final. Queda o partido de volta que se disputará o próximo domingo en horario matinal no Hermanas Patiño para iontentar unha machada. No fútbol todo é posible por moi difícil que sexa.

PORTEÑO 2-1 MALPICA

Victoria do Porteño de Mario ante o Malpica neste primeiro partido dos dous que teñen que disputar ámbolos conxuntos para saber quen vai pasar de rolda.
Partido serio dun Porteño que mereceu un resultado mellor e que está demostrando nesta copa que está nun moi bó momento de forma. O vindeiro domingo en Malpica onde xogará o Porteño que parte cunha ventaxa dun gol, saberase quen pasará para os cuartos de final. Seguro que vai a ser o Porteño.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte como ningunha outra, a de ideas propias.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.