1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xoán Ramón Carballo, 1º á esquerda, patrón do iate ReiraAínda que en Camariñas poda parecer increíble, segue a haber en Galicia institucións náuticas que desenrolan as súas actividades dentro da normalidade e as embarcacións atracadas nos seus pantaláns participan nas distintas competicións deportivas e, se é o caso, arrasan nelas. Esto último foi o que lle aconteceu ao noso querido colaborador e actual Presidente do Club Líceo Marítimo de Bouzas Xoán Ramón Carballo Alvite que patroneando o seu iate Reira ven de gañar a VII Regata Aister de Solitarios e a Dous, celebrada recentemente en dous fins de semana consecutivos na Ría de Vigo. Trátase dunha proba moi técnica, puntuable para o circuito galego, organizada polo Líceo Marítimo de Bouzas e que conta ca colaboración de entidades do calibre de Aister, Novagalicia Banco, o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra ou Helvetia seguros.

Debe salientarse que segundo conta a prensa que cubrío esta importante proba náutica o Comité de regata acertou novamente na segunda xornada ca elección do percorrido ao facer que discurrise pola zona oeste da ría viguesa, nunha navegación moi técnica pola cantidade de maniobras que tiveron que facer os participantes e pola forte corrente, tendo que cubrir unha ruta de 14,7 millas de lonxitude total. Gañador na primeira xornada na que era a etapa reina, a embarcación que cubre de gloria polas Rías Baixas o nome dos areais de Reira, mantívose firme e resultou ser definitivo campeón na súa categoría. Desta maneira, un home acostumado á tensión competitiva, ex-árbitro da División de Honra de Balonmán, participante por elo na Olimpiada de Barcelona 92, voltou a saborear as mieles do triunfo patroneando unha nave que demostrou que Reira, tamén existe na Ría de Vigo. ¡¡FELICIDADES, XOÁN RAMÓN!!

Engadir un comentario