1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O gañador da ruta de 60 km ao entrar na metaDentro da catarata de iniciativas saídas nos derradeiras tempos da concellería de deportes do Concello de Camariñas este domingo tivo lugar con notorio éxito de público e organización a 1ª Ruta da BTT da Caramiña. Cun percorrido longo de 60 km e outro corto de 40 km, máis de 200 corredores inundaron os diferentes camiños rurais e de montaña do noso concello.  Colaborando na organización do evento e vixiando estrictamente o cumprimento da regulación da proba estiveron os Baikers do Vilán, que por elo víronse privados na súa maior parte de participar nunha pruba celebrada polos camiños da súa terra. En canto á proba longa, o vencedor resultou ser Jorge Pérez Fernández, de Brión cun tempo de 2 horas e 55 minutos, sendo o primeiro representante do noso concello Francisco Canosa Lires, no posto 24. Polo que respecta á porba corta e tras invertir 2 horas e 19 minutos no percorrido saeu gañador Eduardo Vidal Caamaño. Así pois un novo domingo deportivo en Camariñas resultou un éxito rotundo de público e organización da man da colaboración fecunda entre a Asociación dos Baikers do Vilán e a concellería tan brilantemente dirixida por Juanillo.

{phocagallery view=category|categoryid=864|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.