1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Ramón e Juan listos para entrar en acción deportiva este domingoUnha avalancha de máis de 200 ciclistas procedentes de 30 concellos diseminados a todo o longo e ancho de Galicia desembarcaran a lomos das súas mountain bikes este domingo 13 de maio en Camariñas. Aos seus pes atoparan un conxunto de pistas forestais, camiños de montaña de difícil parangón, practicamente inigualables porque a ruta diseñado polos membros dos Baikers do Vilán man a man con Juanillo en representación do concello percorre algún dos tramos máis fermosos desta Costa da Morte dos nosos pecados. Asemesmo, debido á importancia da proba establecéronse unhas normas de obrigado cumprimento para todos os participantes entre as que destacan a prohibición de  tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento, o uso obrigatorio do casco, así como o acatamento das ordes e directrices da organización, non podendo sobrepasar os participantes en ningún momento s vehículo que abre a ruta, o cal será obxecto de descalificación inmediata. E así a partires das 9:30 o espectáculo estará servido na 1ª edición dunha proba de carácter non competitivo, de dificultade técnica e física media-alta, resultado da colaboración fructífera entre os Baikers do Vilán e  a concellería dun Juanillo que parece non ter freno. Vaia aquí en exclusiva a pancarta que dará o pistoletazo de saída para un día histórico en Camariñas.

Pancarta oficial da 1ª Ruta BTT da Caramiña

Engadir un comentario