1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pepucho o camariñán que dende os banquillos devolvío ao equipo da súa vila á 1ª RexionalDespois dunha serie de tentativas infructuosas, tras anos de longa espera, por fin o Camariñas está na categoría que lle corresponde. Foi o partido xogado contra o Castriz e que remataba cun empate a un, o que pasará á historia do conxunto da Vila dos Encaixes como aquel no que tras unha longa travesía de periplo polo deserto se retornaba á tan ansiada 1ª Rexional. Moita parte dese éxito, ademáis da Directiva e Plantel de xogadores, correspóndelle a un home  que aguantou e triunfou alá onde outros fuxiron con armas e bagaxes: estamos  a falar do adestrador camariñán Pepucho, alguén que co seu traballo serio e calado contribuío decisivamentea que o club da súa vila, aquel onde comenzou a dar os primeiros pases a un balón, retornase á categoría que por nome como mínimo lle corresponde. ¡¡Felicidades Camariñas!!

TERCEIRA DIVISIÓN
SOMOZAS 1-1 CERCEDA

Empatamos a primeira das tres finales que nos quedaban, nun partido que era fundamental para nós no que finalmente ese puntiño acadado debido aos resultados dados na xornada, serviunos para colocarnos cuartos, posto que nos da praza para xogar a liguilla de ascenso. O gol do Cerceda marcouno Souto, unha pena que non servira para traernos os tres puntitos xa que nada máis marcar, o Somozas empataríamos o encontro. Quedan 2 finais, dependemos de nós e non podemos fallar. A primeira delas será no derbi que disputaremos en Ordes o vindeiro domingo. Alí nos espera Nacho, ex-adestrador do Cerceda.

SEGUNDA REXIONAL
CASTRIZ 0-0 CAMARIÑAS

O Camariñas xa é de Primeira Rexional!!!. Partido no que o Camariñas de Pepucho trouxo un empate de Castriz tras rematar os 90 minutos sen que ningún dos dous conxuntos conseguiran batir a meta contraria. O Camariñas vai a ser segundo, polo que ascenderá a primeira rexional e agora centrarase na competición copeira, onde os de Pepucho xa eliminaron ao Outes e agora atópande nos dezaseisavos de final ante o Baio. A próxima xornada o Camariñas recibirá ao Corcubión . Será o Domingo ás 17:30 horas no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 3-2 CABANA

Victoria do Porteño de Gerpe nun partido dos que marcan época. Remontada épica dun Porteño que quere loitar ata o último suspiro por meterse nos postos que dean dereito ao ascenso. Perdía o Porteño por cero goles a dous cando no Campo da Grixa comezou a sonar a remontada e a grada se animou có equipo para acadar no minuto 95 o delirio có gol que daba a victoria ao Porteño. Os goles de Pejo, Iago Sestayo e Jorge déronlle 3 puntos moi valiosos para un Porteño que xogará o derbi ante o Xaviña no Hermanas Patiño o próximo domingo ás 15:30 horas.

FISTERRA B 0-2 CAMELLE
Voltou a senda da victoria despois de moitas xornadas o Camelle de Pupus  nun partido onde foron superiores a un Fisterra B que bastante tivo con aguantar o vendaval camellán. Sergio, Tedín e Barreiro foron os autores dos goles do Camelle. A vindeira xornada o Camelle recibe no Hermanas Patiño ás 12:00 horas ao Soneira B.

ALCAIÁN 8-1 XAVIÑA
Derrota clara e contundente do Xaviña que non xuntou 11 homes e que está desexando que remate a tempada para cargar pilas para unha vindeira. Superioridade dos locais que se reflexou claramente no marcador final. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao Porteño, será o domingo ás 15:30 horas no Hermanas Patiño.

COPA DA COSTA. DAZASEISAVOS DE FINAL. IDA
BAIO 0-4 CAMARIÑAS

Victoria do Camariñas de Pepucho ante o Baio de Tono do Atlántico por cero goles a catro. Partido no que o Baio saleu moi entonado, sobre todo no primeiro tempo onde intentou batir a meta de Pombo pero sen efectividade. Todo cambiou tras o primeiro gol do Camariñas, a partir de ahí, o Baio acusou o duro golpe e veuse superado polos de pepucho que deixaron a eliminatoria prácticamente sentenciada. Os goles do Camariñas foron obra de Carlos, Javi, Juan o Vello e o último en propia meta. O partido de volta xogarase o Próximo sábado ás 18:00 horas no Hermanas Patiño.

PORTEÑO 1-0 SOFÁN
Victoria do Porteño de gerpe pola mínima ante un rival de superior categoría que non demostrou selo olo que se veu no terreo de xogo. A Grixa é un campo inexpugnable para todo aquel que o visita. O gol da victoria marcouno Pirucho. O partido de volta xogarase en Sofán este vindeiro sábado.

CEE 4-0 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus ante o Cee nun partido no que o Camelle pagou moi caro os erros en defensa que cometeu nos primeiros instantes do partido. Pese a todo, o Camelle mereceu marcar algún goliño xa que dispuxo de algunha ocasión para facelo. O partido de volta disputarase o sábado no Hermanas Patiño.

LIGA XUVENIL
SANTA COMBA 3-1 CAMARIÑAS

Foi Sergio cos seus cadetes a xogar a Santa Comba xunto con 4 xogadores xuvenís e fixeron un magnífico partido pese a derrota. Queda unha xornada para rematar unha tempada que se lle está a facer moi longa aos xuvenís. A última xornada o Camariñas recibirá ao Soneira.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS-OS LEÓNS 3-2 FISTERRA

Victoria do Camariñas de sergio nun partido no que os Camariñáns adiantáronse no marcador por dous a cero e despois relaxáronse, motivo que aproveitaría o Fisterra para empatar. Finalmente chegaría o terceiro do Camariñas que sería o da victoria. Os goles do Camariñas Os Leóns foron obra de Martín Pose, Javi e Martín de Camelle. Chapeau a esta segunda volta dos de sergio onde demostraron unha progresión formidable. Noraboa  mister e noraboa rapaces!!! A vindeira xornada, penúltima, o Camariñas Os Leóns xogan en Ponteceso.

CABANA 14-0 PORTEÑO
Derrota clarae contundente do Porteño de Ordóñez nun partido no que non houbo historia, a superioridade local foi apabullante e así o reflexa o  marcador final. Noraboa tamén a Ordóñez e os seus rapaces por saber perder e ir cada xornada a xogar cunha ilusión enorme!!. A próxima xornada o Porteño recibe ao Soneira.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 1-6 CORISTANCO

Derrota das Baleas de Vi ante un Coristanco que estivo mellor e aproveitou as ocasións das que dispuxo. Está a ser un ano de aprendizaje para os rapaces das Baleas que seguramente lles vai a servir de moito de cara un futuro próximo. A vindeira xornada As Baleas visitan Esteiro para enfrontarse ao Esteirana.

LIGA DE VETERÁNS
Rematou a liga e agora comeza a Copa de Veteráns. O sorteo deparou os seguintes enfrontamentos: CAMELLE – VIMIANZO / PORTEÑO – ZAS / BUÑO – CAMARIÑAS. Os partidos de ida xogaranse o vindeiro 6 de maio e a volta será o 13 de maio.

BALONMÁN.COPA.
CATEGORÍA CADETE FEMENINA.
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 23-25  CARBALLAL

Derrota das cadetes Camariñanas por tan só dous goliños nun partido moi igualado. Rómpese deste xeito unha magnífica racha onde as sara, Karen, María e compañía, viñan de arrasar a cantos rivais se enfrentaban. A vindeira xornada as nosas xogan en Lalín.

CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA.
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 23-20  PABELLÓN OURENSE

Victoria das infantís de Mónica nun partidazo no que as Camariñanas tiñeron que dar todo canto levaban dentro para superar ao Pabellón Ourense e segyuir deste xeito coa maravillosa racha de victorias. A vindeira xornada as infantís xogan ao igual que as cadetes en Lalín.


Esto foi todo canto dou a xornada. CAMARINAS.EU  a web de tod@s, a que vive o deporte, estará atento a todo canto aconteza para informarvos da actualidade deportiva dos equipos do Concello.

Engadir un comentario