1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Todo o balonmán femenino camariñán reuníose na homenaxe a MónicaDentro da porgramación deportiva da recente Mostra do Encaixe destacou o Trofeo de Balonmán Femenino desputado no Pavillón Polideportivo da Ponte do Porto. Torneo que ademáis supuxo o adeus ás distintas categorías femeninas do balonmán municipal de Mónica, a muller que ca súa labor ben de xogadora ben de adestradora durantes estes derradeiros anos marcou un antes e un despois: os continuados triunfos das categorías inferiores da Escola Municipal por toda a xeografía galega levan o seu selo persoal e intransferible. Será difícil igualar un traballo tan grande e tan bo. Por elo, non sorprendío a ninguén a sentida homenaxe que o balonmán femenino camariñán cáseque ao completo rendío no acto de clausura da XXII Mostra do Encaixe á muller que revolucionou para sempre o deporte do noso concello, permitindo que un club recén creado competira dignamente con conxuntos de maiores orzamentos e máis antigas traxectorias, levando ás máis pequenas a sembrar unha traxectoria de victorias continuadas e apabullantes por toda Galicia.  Por todo elo, gracias Mónica.

Vaise a gran adestradora do encaixe femenino camariñán

Engadir un comentario