1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Doble triunfo do Camarinas nun fin de semana intensoPor partida dobre saío vencedor o Camariñas nos envites de liga e Copa da Costa deste pasado fin de semana, o que xa cáseque permite anticipar unha nova rolda copeira para o conxunto sabiamente adestrado por Pepucho. Asemesmo importante foi o triunfo dun Cerceda que apura as súas últimas posibilidades para acadar unha praza nos play offs de ascenso a Segunda División B. Dentro dos encontros da nosa Terceira Rexional cabe reseñar o empate dun Xaviña que chegou a gañar por dus goles a cero o seu encntro ante o Cerqueda, mentras que tal e como nos teñen acostumados as rapazas da Escola Municipal de Balonmán voltaron novamente de terras do Salnés despois de deixar unha paisaxe desolada de derrotas por partida dobre.


TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 2-0 AS PONTES

Victoria e tres puntos claves para seguir na loita por entrar nos postos que dan acceso a xogar a liguilla de ascenso. Partido que era clave gañar e que finalmente así o poidemos facer grazas a dous goles marcados por Joselu e Gonzalo. Rematamos así unha mala racha de resultados que víñamos atravesando que provocaron certa inseguridade no equipo. Creemos que  esta victoria, vainos dar unha dosis extra de moral para afrontar as últimas tres xornadas ligueiras que van a ser de infarto. A vindeira xornada o Cerceda xoga en Somozas.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 4-3 NANTÓN  //  OUTES 1-2 CAMARIÑAS

Partido no que o Camariñas de Pepucho foi capaz do mellor e do peor, pois tiña o encontro resolto onde gañaba claramente por 4 goles a un e finalmente debido ao exceso de confianza case leva un susto, pois rematou pedindo a hora. Os goles do Camariñas foron obra de Davis en duas ocasións, Javi e Juan o Vello. Tres puntos para afianzarse na segunda praza e para acadar un ascenso que cada vez o ten máis cerca. A próxima xornada o Camariñas xoga en Castriz.
Decir que un dia antes o Camariñas xogaba en Outes o seu primeiro partido da Copa da Costa e conseguiu gañar por un gol a dous. Os goles do Camariñas foron marcados por Alberto e David. Non se ten que confiar o Camariñas que recibe ao Outes o vindeiro sábado a partires das 18:00 horas no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 2-2 CERQUEDA

Empate do Xaviña de Pepucho ante o Cerqueda nun encontro no que o Xaviña chegou a gañar por dous goles a cero e no que finalmente viron como os visitantes lograban empatar o mesmo.
Diego Frutos e Martín foron os goleadores do Xaviña. A próxima xornada o Xaviña xoga como visitante ante o Alcaián.

MUXÍA 0-3 PORTEÑO
Victoria do Porteño de Gerpe no derbi disputado en Muxía nun encontro onde os da Ponte do Porto demostraron ser superiores. Demostrou o Porteño que se xogaba máis e dende o primeiro minuto saleu a polo partido e non deixou lugar a sorpresas. Jorge, Brais e Wi foron os autores dos goles do Porteño. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Cabana.

CAMELLE
Descansou o Camelle esta pasada xornada. A próxima xogará en Fisterra ante o filial fisterrán.

LIGA XUVENIL
CORCUBIÓN 4-3 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas no seu partido disputado en Fisterra onde o adestrador do Camariñas De la Sierra non puido estar debido a que xogaba có Camariñas e dirixiu Andrés aos xuvenís camariñáns que deron unha boa imaxe pero finalmente caeron derrotados. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Dumbria B.

LIGA CADETE
PORTEÑO 2-4 MUROS

Derrota do Porteño de Ordóñez no primeiro encontro que os cadetes disputaban no flamente campo de A Grixa. Partido no que os da Ponte do Porto xogaron un bó encontro pese a derrota. A próxima xornada o Porteño xoga en Cabana.

ESTEIRANA 2-1 CAMARIÑAS-OS LEÓNS
Derrota dos rapaces de Sergio en Esteiro nun partido marcado pola cantidade abultada de ocasións que tiveron os Camariñáns e que non aprveitaron. Este Camariñas da segunda volta está a ser un equipo moi forte e que mellorou a pasos axigantados da man do seu adestrador Sergio. A Vindeira xornada o Camariñas recibe ao Fisterra.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-5 BAIO

Derrota sin paliativos do Camariñas ante un Baio que demostrou ser superior. A permanencia é un feito e a tempada do Camariñas pode decir que foi un éxito debido a que logrou a permanencia.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE

Descansou o Camelle esta xornada pasada.

CORISTANCO 3-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño de mario en Coristanco nun mal partido do Porteño que non puido traer nada positivo de Coristanco. Está a ser unha tempada irregular a feita polo Porteño.

BALONMÁN FEMININO. COPA.
CATEGORÍA INFANTIL
SALNÉS MEAÑO 13-18 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Victoria das Infantís de Mónica nun partidazo das Camariñanas que están demostrando neste tramo final de liga que en Camariñas hai canteira feminina de balonmán. A vindeira xornada as camariñanas reciben ao Carballal.

CATEGORÍA CADETE
SALNÉS MEAÑO 33-35 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Victoria das cadetes camariñanas que seguen dando a cara en cada encontro que disputan e seguen dándonos alegrias unha e outra vez. Dinos Sara (a nosa axudante) que foi un partido moi competido e no que tiveron que traballar moito para conseguir a victoria. Finalmente moita ledicia e xa están a preparar o vindeiro encontro. A próxima xornada a cetegoría cadete femenina da Escola Municipal recibe ao Carballal.

Engadir un comentario