1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O novo proxecto deportivo de Juanillo vai a toda marchaMentras uns seguen a destruir o pouco que hai, outros adícanse a construir. O novo proxecto deportivo posto en marcha polo Concelleiro de Cultura e Deporte, a 1ª Ruta BTT da Caramiña, marcha a todo trapo e cando faltan aínda máis de tres semanas para a asúa celebración xa hai 70 corredores inscritos, todos os cales, fiel á máxima de Juanillo de que os eventos deportivos organizados pola súa concellería non lle costen un só euro ao erario público, xa aboaron a súa correspondente cuota de inscripción. Desta maneira o domingo 13 de maio asistiremos a un evento novedoso polas latitudes atlánticas da Costa da Morte que permitirá a un número non despreciable de visitantes foráneos desfrutar dunha ruta por algunha das paraxes máis descoñecidas e fermosas desta terra creada por Deus, todo elo en colaboración ca Asociación Baikers do Vilán. Finalmente indicar que a data tope para inscribirse na Ruta da Caramiña será o domingo 6 de maio ás 00.00 horas. Porque hai xentes (que non persoas) que son peores, máis maléficas, máis dañinas, que as sete pragas que asolaron o Exipto dos faraóns e hai persoas que se adican a innovar, a crear, a facer algo fermoso onde antes non había nada.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.