5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Xoves Santo festivo no entorno de A Grixa, na Ponte do Porto. Dende as primeiras horas da sobremesa unha fila interminable de veciños emprenden a ruta do monte. As beiras dos camiños que circundan o novo Cemiterio Municipal non dan abasto a acoller coches estacionados de todas as formas e escorzos posibles. Dende lonxe, baixo a sombra de poderosos eucaliptos, os sons das gaitas galegas dan a benvida a un visitante abraiado pola envergadura da obra acometida. Un arrecendo de pura historia futbolística que se apodera da alma. Uns graderíos completamente ateigados, un lateral do campo que non permite asomar unha soa nova face cara o terreo de xogo, dotan a  escea dun inconfundible aire festivo. Rapaces novos e non tan novos pese ao temperán da hora circulan frenéticamente dun lado a outro acompañados de refrixerios cubateriles. Unha cantina que non da abasto e que recaudará ao final do día máis de 600 euros destinados a financiar as arcas dun dos dez clubs fundadores da Liga da Costa. E un rival digno da efeméride histórica, o Cerceda dun Juanillo incansable en axudar na medida das súas multiplicadas posibilidades e que finalmente venceu por 0 a 7.

Este xoves 5 de abril de 2012, a partires das 16:00 horas prácticamente toda a Ponte do Porto así como un número non despreciable de compatriotas procedentes do resto do concello déronse cita na reinauguración oficial dun dos máis antigos estadios da Costa da Morte: o mítico pero xa nunca máis destartalado Campo da Grixa. Moi numerosa foi a representación camariñana que quixo estar presente para desta maneira deixar constancia do seu apoio ao histórico conxunto da Ponte do Porto, por elo resultou especialmente lamentable a forma gratuita e innecesaria na que foron despreciados e insultados polo presidente do Porteño que falou no seu discurso de que por fin "estaban de volta do exilio", tras verse obrigados a xogar "en terras extrañas". Frases incalificables que provocaron caras de sorpresa e consternación entre os aficcionados porteños e de incomprensión e protesta entre os camariñáns, todos os cales estaban a festexar dende os ateigados graderíos en perfecta irmandade e compañeirismo o día grande do glorioso e histórico conxunto da Ponte do Porto. Para máis vergonza, as anteriores declaracións chegan ao colmo da estupidez, lindando peligrosamente ca deficiencia mental máis absoluta, se temos en conta que o club por el dirixido terá que seguir adestrando no Hermanas Patiño. Neste punto faise absolutamente necesaria e imprescindible unha rectificación en forma de nota de prensa da Directiva do Porteño pedindo desculpas pola metedura de pata do seu máximo dirixente.

En definitiva, día de festa no Estadio Municipal de A Grixa, no que ducias de veciños chegados dende tódalas partes do concello quixeron apoiar ao Porteño no seu día grande, aquel no que un club histórico despois de moitos anos de existencia por fin tiña a súa disposición un estadio á altura da súa lenda e no que aquí en Camarinas.eu dábamos por finalizada a cobertura máis exhaustiva e completa ao longo proceso de construcción dun campo de fútbol de luxo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.