1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Co retorno de Juanillo, o Cerceda mellorará a súa xeira de resultadosTriste forma de despedirse a do ex-adestrador do Cerceda Nando, un ser que (quen sabe se seguindo o exemplo do autodenominado director do estercoleiro cibernético habitual, un vago profesional de sete estalos) parece agochar dentro de si dúas persoas: unha no vestiario, outra diante da prensa. Lamentable espectáculo o do ex-deportivista. O caso é que este domingo caía o conxunto de Juanillo contundentemente en Betanzos e precipitábanse os acontecementos. Necesita urxentemente o Cerceda o retorno despois de cumprir a sanción do Mago de Corea: co lateral esquerdo a bo recaudo do camariñán todo irá mellor por terras cercedenses. Polo demáis no futbol municipal, todo segue igual, victoria do Camariñas e o histórico Porteño salvando o honor do noso balompe na Terceira Rexional. La vida sigue igual.

TERCEIRA DIVISIÓN
BETANZOS 3-0 CERCEDA

Debacle en Betanzos!. Este é un gran titular para falar do que alí aconteceu. Partido para olvidar e derrota merecida visto o que sucedeu no campo. Derrota que xa tivo as súas consecuencias, pois Nando deixa de ser adestrador do Cerceda, presentou a dimisión, di que con él non íamos a mellorar, levábamos un partido gañado dos oito últimos, e xa temos novo adestrador, Luis Santiago, actual adestrador da Selección Galega sub 18.
Decir que Nando abandoa o barco nun momento difícil para o equipo e faino dun xeito pouco elegante, pois no vestiario dinos que se vai para que todo sexa mellor para nós e o clube, agradece a nosa colaboración, deséxanos sorte etc, e minutos despois ante os micros arremete contra a plantilla e di sen decilo que lle fixemos a cama, que si ao vestiario non lle interesa ascender e non sei cantas chorradas máis.
Sabemos que nós somos os principales culpables desta mala racha e desta situación, can íbamos primeiros non éramos tan bós nin agora que vamos cuartos somos tan malos, pero cada un que mire para o seu ombligo e pense o que fixo ao longo da tempada. Chega un novo adestrador cargado de ilusión, e cunha forma de comprender o fútbol moi distinta a que tiña Nando, dende o plantel xa lle manifestamos todo o noso apoio, porque o mellor para él é o mellor para nós. A próxima xornada recibimos ao Vilalonga en Cerceda. Será o vindeiro Domingo no Roxo. Con este partido cumplo o segundo de sanción e polo tanto xa se remata o meu castigo.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 5-2 SAN LORENZO

Victoria do Camariñas de Pepucho ante o San Lorenzo nun partido que se presumía complicado debido a gran cantidade de baixas coas que se presentaba o camariñas pero que finalmente gañou con holgura. Tiña moitas caras novas Pepucho no seu once titular que deron a cara e o nivel para que o Camariñas sumase 3 puntos máis e así non deixe escapar ao Club do Mar. Javi con 2 goles, Yuyo con outros 2 e Brais con un tanto foron os goleadores do Camariñas. A próxima xornada o Camariñas xoga en Mazaricos. Antes disputarase un partido amigable entre o Camariñas e o Baio pola celebración da Mostra do Encaixe este próximo domingo no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA - SONEIRA B

Partido que se aprazou e xógase este sábado 7 de abril no Hermanas Patiño. O vindeiro encontro do Xaviña será en Carballo ante o Independiente de carballo.

LIRA 2-0 CAMELLE
Deerota do Camelle de Pupus nun encontro no que os Camelláns non estiveron moi finos a pesar de que tampouco o Lira foi mellor pero si aproveito as únicas duas ocasións que tiveron. Ten que olvidar este partido o Camelle e centrarse xa no próximo que será tras este parón de Semana Santa onde recibirá no Hermanas Patiño ao líder, o Carnota.

CORISTANCO 0-1 PORTEÑO
Victoria do Porteño en Coristanco nun partido no que a pesar das baixas, tampouco estivo Gerpe e Baña foi o adestrador, o Porteño conseguiu 3 puntos nun campo moi complicado xa que o Coristanco está loitando polos postos de ascenso. Óscar foi o autor do gol que lle valeu ao Porteño para sumar 3 puntos e demostrar que os da Ponte do Porto a pesar de que está difícil a meta do ascenso, van a loitar ata o último momento.
Recibirá o Porteño ao At. Pereiriña a vindeira xoprnada de liga despois de Semana Santa. Antes, o xoves 5 de abril, o Porteño enfrontarase ao Cerceda nun partido que servirá para inaugurar o flamante i espectacular terreo de xogo da Grixa. O encontro comezará ás 16:30 horas.

LIGUILLA DE ASCENSO XUVENIL
CAMARIÑAS 1-3 CEE

Derrota do Camariñas de De la Sierra nun partido onde mereceu máis, xa que o Cee anotou os goles da victoria no tempo de desconto. Antes o Camariñas có resultado de 1-1 errou ocasións clarísimas para poder deixar sentenciado o partido. Xogaron moitos cadetes no equipo xuvenil Camariñán que deron a talla en todo momento. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Malpica.

LIGA CADETE
PORTEÑO 1-5 OUTES

Derrota do Porteño de Ordoñez ante un Outes superior . Pese a derrota, o Porteño non lle perdeu a cara ao encontro e ao igual que o resto do ano, estes rapaces deron a cara en todo momento a pesares das derrotas. A vindeira xornada o Porteño xoga en Cee.

DUMBRIA 6-0 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Derrota do Camariñas de Sergio que acusou moito as baixas e que tivo que xogar con 10 debiso a lesión de Martín e non ter cambios dispoñibles. O partido dos xuvenís tamén lles pasou factura debido a que varios cadetes xogaran ese encontro. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Coristanco.

LIGA INFANTIL
CABANA 19-0 AS BALEAS

O marcador xa o di todo e o líder, o Cabana, demostrou que é primeiro por algo. A vindeira xornada As Baleas recibe ao Vimianzo.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-5 CORCUBIÓN

Derrota do Camariñas ante un Corcubión superior que lle endosou unha maiña. Vai salvar a tempada e o Camariñas seguirá na máxima categoría de veteráns con moito mérito. A próxima xornada o Camariñas xoga en Carballo ante o Bergantiños.

SEGUNDA DIVISIÓN
CERQUEDA 5-1 PORTEÑO

Derrota do Porteño en cerqueda nun partido onde os de mario polo menos desta viaxe poideron xuntar 11 futbolistas para xogar o encontro. Non está pasando polo seu mellor momento o Porteño e nestas 3 últimas xornadas seguro que vai a dar o mellor de si mesmo. A vindeira xornada o Porteño xoga ante o Club do Mar.

SOFÁN 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle do Socho no partido xogado en Sofán onde sacaron un punto que lles serve para romper a mala racha negativa que viñan arrastrando. Partido serio onde a pesar das baixas, o Camelle xogou a un bó nivel e puido gañar o encontro. O gol do Camelle foi obra de Manolo Bajeras. A próxima xornada o Camelle recibe ao Agualada.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.