1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un auténtico vía crucis pasaron os equipos camariñáns esta xornadaNefasta xornada deportiva para os equipos camariñáns na que o que máis e o que menos vío perdidos os seus partidos ben por derrotas pola mínima ben a base de tundas libres. Unha das poucas excepcións nunha semana negra ven constituida pola nova proeza protagonizada polas auténticas heroínas deportivas da Vila das Palilleiras: as rapazas da categoría cadete da Escola Municipal de Balonmán que volveron a propinar un severo correctivo ás súas rivais, neste caso provintes das terras do Deza, unhas xogadoras do Lalín asistiron impotentes a unha auténtica exhibición balonmannística das nosas. É que onde esté unha muller de Camariñas...

 

TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 0-1 ALONDRAS

Dolorosa a derrota que sufrimos este pasado dimingo ante o Alondras que fai que deste xeito caiamos á terceira posición na táboa clasificatoria. Partido no que domimanos sobre todo no primeiro tempo pero ao igual que nos pasara en xornadas anteriores, non acertamos a marcar nas ocasións que dispuxemos e pagámolo caro. Temos que voltar a senda das victorias rápidamente e así tratar de acurtar distancias có Ourense que é o líder, sácanos 5 puntos e có Alondras que é o segundo superándonos en 2 puntos. A vindeira xornada xogamos en Betanzos.

SEGUNDA REXIONAL
MUROS 3-2 CAMARIÑAS

Atraco a man armada ao Camariñas de Pepucho en Muros nun partido no que aos camariñáns lles pitaron dous penaltis en contra totalmente inexistententes e onde ademais se expulsou ao meta Pombo e se amonestou a numerosos xogadores do Camariñas dun xeito premeditado. O Camariñas marcaría dous goles por mediación de Brais e Juan o Vello colocándose 0-2. A partires de ahí comezaría o festival do colexiado, Pombo pararía 2 penaltis e sería expulsado posteriormente. Alberto tivo que poñerse baixo os paus e o Muros apreveitaría para gañar o encontro. A próxima xornada o Camariñas terá numerosas baixas e moi importantes, entre elas a de Juan o vello por acumulación de cartóns amarelos no encontro no que recibirá ao San Lorenzo o vindeiro domindo a partires das 17:00 horas no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 0-1 VOLANTES DE BAÑO

Derrota do Porteño de Gerpe ante o Valantes nun partido vital para que os da Ponte do Porto se poidesen enganchar aos postos de ascenso. Os visitantes marcarían o gol da victoria ao principio da segunda metade. A partires de entón, Gerpe intentou ir a por todas xogando con 3 defensas e tratando de empatar o encontro, pero as acometidas do Porteño non fructificaron e finalmente os visitantes levaríanse os 3 puntos. Dende CAMARINAS.EU queremos desexarlle unha pronta recuperación ao meta do Porteño Jimi que está enfermo e desexámoslle unha pronta recuperación. A próxima xornada o Porteño xoga en Coristanco.

CAMELLE 2-3 LAXE

Demasiado premio se levou o Laxe ante o Camelle de Pupus que mereceu gañar con claridade pero pagou caro o feito de fallar moitísimas ocasións. Foi mellor o Camelle que o Laxe en todo menos no primordial, no resultado que ao fin son os que mandan. Felipe Barreiro e Mario foron os autores dos goles dun Camelle que ten que ir a máis. A vindeira xornada o Camelle xoga en Lira.

FISTERRA B 6-4 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pepucho que tivo un mal comezo de partido e pagouno caro, pois na segunda metade a piques estivo de remontar o encontro pero era demasiado o lastre que había que levantar. Caamaño cun hat.trick e Ismael "Gatuso" cun gol, foron os goleadores do Xaviña. A próxima xornada o Xaviña recibe ao Soneira B. Partido que non se disputará este prómximo fin de semana porque se apraza para o sábado 7 de abril.

LIGA XUVENIL
BAIO 8-2 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas de De la Sierra ante o Baio nun encontro no que os Camariñáns xogaron con moitos cadetes. Estáselle facendo moi longa esta liguilla de ascenso a un Camariñas que xornada tras xornada ten moitas baixas. A próxima xornada o Camariñas xoga en Castriz ante o Santa Comba.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS-OS LEÓNS 6-1 PORTEÑO

Victoria do Camariñas de Sergio no derbi ante o Porteño de Ordóñez nun partido onde o Camariñas foi mellor e mereceu a victoria. Carlos de Camelle, Javi e Jordi marcaron por partida dobre os goles do Camariñas que está nun gran momento. O Porteño tratou de non perderlle a cara ao encontro pero finalmente veuse superado. O gol do Porteño foi obra de Jorge. A vindeira xornada o Camariñas visita Dumbria e o Porteño recibe ao Outes.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 5-7 PONTECESO

Pasaoulles factura as Baleas de Vi o mal primeiro tempo e a pesar de que no segundo As Baleas dominaron, non conseguiron pechar a remontada. Non gañaron pero os rapaces das Baleas loitaron ante un rival no que tiñan varios xogadores xa en idade cadete e iso notouse moito. A próxima xornada, As Baleas xogan en Cabana.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
SAN LORENZO 6-0 CAMARIÑAS

Mal partido do Camariñas en San Lorenzo e derrota clara e contundente ante o San Lorenzo de Verdillo que lles endosou media ducia de goles. De tódolos xeitos, o Camariñas ten asegurada a permanencia e iso xa é un éxito. O próximo encontro, o Camariñas recibe ao Corcubión, será o domingo ás 11:00 horas no Hermanas Patiño.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 3-6 LEILOIO

Mal partido do Camelle do Socho que notou demasiado as baixas e tan só puido contar con 11 homes. Os erros defensivos pagárono caro e cando se cometen en cantidade é normal que os contrarios os aproveiten como asi aconteceu. Teñen que darlle un xiro radical a esta situación, xa que o Camelle ten que voltar pronto a senda dos triunfos. A vindeira xornada o Camelle xoga en Sofán.

SONEIRA 3-0 PORTEÑO
O Porteño non se presentou ao encontro e o árbitro concedeu a victoria ao Soneira por 3-0. A próxima xornada o porteño xoga en Cerqueda.

BALONMÁN
CATEGORIA XUVENIL MASCULINA

O Camariñas descansou. Esta próxima xornada recibe ao Teucro.

CATEGORÍA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 45-24 LALÍN

Partidazo e goleada do Camariñas ante un Lalín que non sabí que facer ante as acometidas locais. Laura e verónica estiveron de adestradoras ante a ausencia de Mónica por enfermidade. Tamén faltou Karen a gran xogadora Camariñana que ainda se está recuperando e xa están esperando que volte canto antes tódalas compañeiras. Actuación estelar das nosas cadetes cunha Sara que meteu nada máis e nada menos que 24 goles!!!. Eso si, dinos que gracias as súas compañeiras que lle axudan moito. Impresionante o desta rapaza que vai camiño de ser unha xogadora de primeira. A vindeira xornada as de camariñas debían de xogar en Bueu, pero o encontro vai ter que ser aprazado por mor do calendario das senior.

CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 21-35 LALÍN

Derrota das infantís Camariñanas ante un Lalín que estivo moi firme en defensa motivo que provocou que as do Deza tivesen moitas contras fáciles para meter gol. Pese a derrota as Camariñanas están facendo un gran final de tempada e seguro que nos van a dar máis victorias. A vindeira xornada as Camariñanas tamén xogaban en Bueu, pero ao igual que as cadetes o seu encontro vaise disputar en outra data. Isto foi todo canto dou a xornada.

CAMARINAS.EU seguirá informándovos de todo canto aconteza no Deporte no noso Concello. Por iso a partir da semana próxima vamos a comentar a liga de fútbol 7 en categoría benxamín e alevín que comezou fai unhas semanas.

Engadir un comentario