1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha semana máis o mellor repaso da semana deportiva da man de JuanilloVictorias claras nesta xornada do Cerceda e do Camariñas que permiten vislumbrar unha forte aposta gañadora de ámbolos dous clubes de aquí ata o final de tempada. Cabe destacar asemesmo o impresionante triunfo dun Porteño que conta os días que median ata o estreo da súa flamante nova alfombra de céspede natural. E como xa se está a convertir nun costume destos repasos deportivos unha semana máis hai que lembrarse das victorias das rapazas das Escolas femeninas de Balonmán que alá por onde pasan arrasan. Polo que se ve  Encaixe Camariñas de Balonmán ten o seu futuro asegurado.

 

TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 3-0 NEGREIRA

Victoria clara e contundente a que obtivemos ante o Negreira nun partido moi importante para nós xa que levábamos 4 partidos sen gañar. Foi clave a saída en tromba na que dende un principio fomos a por todas e deste xeito nos primeiros 20 minutos de encontro conseguimos dous goles que deixaron sentenciado o mesmo.
Na segunda metade  seguimos có control do xogo e marcamos un terceiro gol. Joselu por duas veces e Adrián Vázquez nunha ocasión, foron os que conseguiron perforar a portería rival. Tres puntos que tras a derrota do Ourense sériennos para colocarnos na primeira posición empatados a puntos có Ourense. A vindeira xornada xogamos ante o Deportivo B na Cidade Deportiva do Depor.

SEGUNDA REXIONAL
DUMBRÍA B 1-5 CAMARIÑAS

Victoria cómoda do Camariñas de Pepucho que foi moi superior a un Dumbria B que veu como unha e outra vez os xogadores Camariñáns os superaban. Nova goleada para acadar tres puntos máis que tras o empate do Club do Mar fai que o Camariñas esté a sólo un puntiño dos de Caión.
Leo con dous goles (xa está preto dos 30), Juan o Vello con outros dous (e cunha actuación formidable, de crack), e De la Sierra con un tanto, foron os goleadores do partido. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Zas, será o Domingo a partir das 17:00 horas no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 6-1 CORCOESTO

Victoria clara e contundente do Porteño de Gerpe ante o Corcoesto ao que lle  meteron media ducia de goles. Partido cómodo no que o Corcoesto debido a que só tiña 11 homes acabou o encontro xogando con nove. Wi con un hat Trick, Brais Grela con dous goles e o xoven David, foron os autores dos goles do Porteño. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Zas, un partido que seguro os da Ponte do Porto van a gañar.

CAMELLE 1-2 CABANA
Derrota do Camelle de Pupus ante un Cabana que é un dos conxuntos aspirantes ao ascenso. Non mereceu caer derrotado o Camelle, pois durante os 90 minutos de partido estivo á altura dos visitantes e gozou de ocasións para marcar pero finalmente non acertou de cara ao marco rival. O gol do Camelle foi obra de Mario ao transformar unha pena máxima. Temos derbi, a próxima xornada o Camelle xoga ante o Xaviña, será o sábado ás 16:00 horas no Hermanas patiño.

CARNOTA 5-1 XAVIÑA
Derrota do Xaviña de Pepucho en Carnota nun partido no que o Xaviña visitaba ao líder pero no que dou a talla e non se arrugou en ningún momento. Ao final, a mayor pegada dos Carnotáns serviu para que éstes gañasen o encontro. O gol do Xaviña foi obra de Caamaño. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao Camelle. Derbi local e festa do fútbol en Camariñas, será o sábado no Hermanas Patiño a partires das 16:00 horas.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 5-5 SANTA COMBA

Partidazo por todo alto o que fixeron os de de la Sierra onde tiñeron que xogar contra o rival e contra o colexiado, un árbitro que traouxo ao Camariñas pola calle da amargura. Os Yuyo, Nené e compañía demostraron que teñen clase para ser bós futbolistas. A próxima xornada o Camariñas xoga en Vimianzo ante o Soneira.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS–OS LEÓNS 0-1 SANTA COMBA

Partidazo dos rapaces de Sergio que non se deixaron amilanar por un rival que chegaba como segundo clasificado e tan só nos derradeiros cinco minutos foi capaz de anotar o gol da victoria. A pesar da derrota séguese notando a mellaría destes cadetes que van a rematar a liga dunha forma notable. A próxima xornada o Camariñas Os Leóns xogan en Baio ante o conxunto local.

MALPICA 8-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez ante un Malpica que foi superior e foi o claro merecedor da victoria. Teñen que seguir progresando como ata o momento os cadetes do Porteño porque deste xeito chegarán os resultados. A próxima xornada o Porteño recibe ao Zas, un partido que seguro os da Ponte do Porto van a gañar.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-11 SANTA COMBA

Derrota clara e contundente das Baleas de Vi ante un Santa Comba que demostrou que por algo é o terceiro clasificado. A próxima xornada As Baleas xogan en Outes.

LIGA DE VETERÁNS
PIMEIRA DIVISIÓN
ZAS 4-4 CAMARIÑAS

Partidazo por todo o alto o que fixo o Camariñas en Zas onde os Javier, Chocolate de Arou, Manolo e compañía acadaron un valioso empate que fai que este puntiño que sumaron os alones máis dos postos de descenso. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Ponteceso no Hermanas Patiño.

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 1-1 CAMELLE

Derbi espectacular e moi igualado o que disputaron os homes de Mario e do Do Socho o pasado Domingo ante numerosísimo público, un público que disfrutou ao máximo. Jamela para o Camelle e Carlos de Merexo para o Porteño de penalti, foron os autores dos goles. Finalmente o empate deixou contento a ámbolos conxuntos. A vindeira xornada o Porteño recibe no Hermanas Patiño ao Muros e o Camelle xoga en Malpica.

BALONMÁN
CATEGORÍA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 41-24 SALNÉS MEAÑO

Partidazo das cadetes de Mónica que se impuxeron ao Balonmán Salnés Meaño con claridade. A nosa redactora balonmanístaca Sara cóntanos que tanto ela como as súas compañeiras están atravesando por un gran momento de forma que o teñen que aproveitar ao máximo. Os malos modos das visitantes foron evidentes e tras o repaso levado na cancha quixeron amedrentar as nosas provocando pelexas que non viña nao caso. Finalmente a cousa non foi a maiores. A vindeira xornada os nosas xogan como visitantes ante o Carballal.

CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 22-20 SALNÉS MEAÑO

Ao igual que as cadetes, as infantís de Mónica fixeron un partidazo que tivo emoción ata os minutos finais. Victoria merecidísima das infantís Camariñanas que están pletóricas nestes comezas da copa. A próxima xornada as infantís xogan ante o Carballal no Pavillón Municipal de O Loureiro.

Ata aquí todo canto dou a xornada.

Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU  a web do deporte, a de ideas propias!!!!!

 

Engadir un comentario