1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado celebrarase na costa de Camariñas o Campeonato de Pesca Cabo Vilán

Este sábado 10 de marzo celebrarase na costa de Camariñas outra edición máis do Campeonato de Pesca "Cabo Vilán". Será esta a cuarta edición do que se pretende sexa xa un clásico nos campeonatos de pesca que se celebran por toda a costa coruñesa. Así durante toda a xornada de mañá daranse cita en Camariñas a significativa cifra de 45 participantes provintes de diferentes localidades de Galicia así como de outros puntos de España como Madrid ou País Vasco. Ademáis da competición onde se repartirán importantísimos premios aos gañadores, tódolos participantes serán invitados tamén a correspondente churrascada no Rojo e a unha cena no Restaurante O Meu Lar propiedade do noso querido amigo Ramón onde se celebrará tamén a entrega de premios. A web Camarinas.eu estará presente neste IV Campionato de Pesca Cabo Vilán non para probar fortuna na arte da pesca se non para facer o que mellor sabe: un completo reportaxe de imaxes de toda a xornada que despois cederá gratuitamente á Asociación de Empresarios de Camariñas para a promoción deste campeonato. De momento pasamos a publicar o que será o programa que nos pasa a organización para información dos participantes do IV Campeonato de Pesca Cabo Vilán de Camariñas.

IV CAMPEONTATO DE PESCA “CABO VILAN”
MODALIDADE MAR-COSTA

PROGRAMA:

8:OO Concentración dos participantes e sorteo das zonas. Lonxa de Camariñas.
9:30 Comezo da competición.
13:30 Final da primeira manga.
13:30-15:00 Descanso. Comida (churrascada). Parrillada Rojo. Xaviña
15:00 Comezo da segunda manga.
19:00 Fin da Competición.
19:30 Pesada: Na lonxa de Camariñas
21:00 Cea e entrega de premios que terá lugar no Restaurante O meu Lar.
NOTA: AS CAPTURAS SERÁN RECOLLIDAS POLA ORGANIZACIÓN NOS PUNTOS DE ENCONTRO DE 13:30-14:00 A PRIMEIRA MANGA E DE 19:00-19:30, NA SEGUNDA MANGA.

PUNTOS DE ENCONTRO:

1.- PORTELA DE “REIRA”
2.- CEMITERIO DOS INGLESES, OU NO PERCORRIDO DA RÚA QUE BORDEA A ZONA DE PESCA.

- NON SERÁN VÁLIDAS AS CAPTURAS ENTREGADAS FORA DO PRAZO FIXADO, NIN AS ENTREGADAS DIRECTAMENTE POLOS DEPORTISTAS NA PESADA.
- NA REUNIÓN DE DEPORTISTAS O XURADO PODERÁ FIXAR OUTRAS NORMAS OU MODIFICAR ESTAS.
- CADA PARTICIPANTE PESCARÁ EN CADA PROBA NUNHA ZONA DISTINDA, SEGUNDO O RESULTADO DO SORTEO.
- O FINAL DA COMPETICIÓN, ROGAMOS OS PARTICIPANTES, FAGAN ENTREGA DOS CHALECOS A UNHA PERSOA DA ORGANIZACIÓN.

Engadir un comentario